Coa mente en branco, fuxindo de negruras, excitándonos en verde, provocativamente fucsias, exaltando vermellos, de delicado rosiña, agochados no gris, proclives a nos deixar engatusar por tonalidades amarelas, amando coralinas deidades, namorados de violácea lucería, ávidos de zumes laranxas, camuflados no marrón...; para rematar sempre entregados á sensualísima inmensidade azul...
Foto: A Arousa. Azulmente fermosa.
5 comentarios:
Canta morriña!!
Cuidado co azul dos ellos...lembra, eran mentireiros?
E sigo a disfrutar da cor das túas palabras, de cómo nos contas.
Un bico azul
A inmensidade do azul non ten competencia. Se acaso, o verde.
Bicos!
Agora tamén es poeta do arco da vella.
Saíoche un post ben cromático, oh!
Tan presente nas nosas vidas. Sempre. Non sabería vivir sen él.
biquiños.
Publicar un comentario