sábado, 3 de xuño de 2017

Flor

 
Delicadísima pel -apenas cutícula-
fermosura intrínseca que os ollos captura
á vez que convida a entrar na fondura
do sagrario porticado, en verdade, edícula.

Sangue que arde provocando febrícula
latexo que se precipita na floral abertura,
alta costura, movementos en abreviatura;
pestaneos incontrolados abocando canícula.

Visión fermosísima, que segrega dulzor;
convite descarado, que destila fervor;
 atracción infinita
cousa  bonita!
 Todo iso (e máis) es ti, flor.
 
Foto: Rosa rosa

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Tanto por lo esmerado de la foto como por la delicadeza de tus palabras, se nota cuanto te gustan las flores. Precioso

Pedras dixo...

Bonita, bonita!
:-)))

Uol Free dixo...

Un poder percibir o aveludado dos seus pétalos. Mesmo lembrar o seu arrecendo.

Anónimo dixo...

Sr. Chousa, fermoso en grao superlativo! A rosa ten que se sentir a raíña do xardín.Bicos delicadísimos.

Ginebra dixo...

Un artista cultivando rosas eres tú, porque esa flor me dijo que la cultivaste y la cuidaste con esmero, así ella decidió ofrecerse por completo:))). Bonitas palabras, que esa belleza merece, por otra parte.
Besos