mércores, 17 de maio de 2017

Chorima


Outra primavera iniciada
reiterando a mesma noticia:
cando se decatarán en Galicia
que sen ti non somos nada!

Encetado de amor,
tinxido da túa pronuncia
verbalizo esta denuncia
amosando o teu esplendor.

Lingua galega; nai de pura estima;
es da miña fala adorno e aleivosía;
ti es o ser, a música, a letra e a poesía;
eu son o toxo, e ti es a chorima.

Luz do meu ollar, motivo real e aparente;
beizóns amarelas; recendos de cor
que me teñen nidia e vivamente
...encetado de amor.
 
Foto: Chorima . Toxal de amor.
-Letras galegas 2017-

Vídeo publicado por Manuel Cambón F.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Antes de nada vin ver na Chousa para saber que xa é o día das Letras Galegas. E si, xa e o día.
Gracias Chousa

Pedras dixo...

Fermoso poema na nosa fermosa lingua.
Aplauso!

Concordo totalmente co comentario anterior.

Bicos

paideleo dixo...

Non fallas, amigo Chousa, neste día da nosa lingua.

Que os toxos se liberen das espiñas e agromen chorimas.

mariola dixo...

Encetado de amor! Qué fermoso para unha lingua!
Bicos chousa.

Raposo dixo...

Fermosa homenaxe a nosa lingua. Hai que cuidala e protexela que a súa saúde é fráxil. Mágoa que os políticos (algúns) non estean pola labor.

Lili dixo...

Encántame. O poema e a lingua.
E encántame voltar ó blog 5 anos e que a túa porta siga aberta.
Bicos chousa!

Anónimo dixo...

Sr. Chousa, quero dicirlle que entrei silente por aquí no Día e que coma sempre saín vibrando. Fermosísimo si!Máis bicos.