martes, 4 de xullo de 2017

Aves

Había unha vez un gorrión namorado e non correspondido, que voaba con abafo, amolado e perdido. Sen rumbo no seu compás e con desacompasada traxectoria, chiaba tristeiro con mirada aleatoria.
Tanto adoecía acobillado baixo as tellas do hórreo estremeiro, como choraba agochado entre a follaxe do castiñeiro. Penaba nas laxes da aira e sufría na palleira; ata aos corvos lles daba mágoa velo daquela maneira.
Unha mañá que polo lugar pasou unha ave fría e, fixándose na dor tan grande que o paxaro refería, achegouse ao pobre animal e explicoulle con voz caladiña que un pardal non se debe namorar nunca dunha anduriña!

Foto: Paisaxe harmónica e gorrión namorado
(Se non o vedes imaxinádeo. Ó gorrión)

7 comentarios:

Uol Free dixo...

Xa se sabe que as anduriñas teñen o aquel de migrar.
Mais o pardal ha encontrar o seu epiceno.🐦

(Fermoso canastro)

Pedras dixo...

Hai sempre un pouco de locura no amor...
Pobre pardal!

Anónimo dixo...

De donde sacarás esa capacidade argalleira ti?
E das fotos que acompañan as argalladas xa non digamos. Da gusto vir.

Ginebra dixo...

Me ha parecido un cuento precioso ( con casi moraleja incluída) pero el amor, ave fría, es ciego y no conoce de anduriñas ni de nada, así pues el gorrión fue libre, se enamoró y sufrió, lógicamente. Es ley de vida. Un diez, señor Chousa:)))

Marisa dixo...

Verdadeiramente
o pardal puxo as
miras moi altas.


Feliz verán

Unha aperta

Anónimo dixo...

Un gorrión con pretensións. Que historia mais interesante Chousa

Anónimo dixo...

"O amor non ten cancelas e, cando lle pega, salta por elas", quen se para Sr.Chousa? Nin pardal,nin...anduriña!!Bicos voadores.