martes, 4 de xullo de 2017

Aves

Había unha vez un gorrión namorado e non correspondido, que voaba con abafo, amolado e perdido. Sen rumbo no seu compás e con desacompasada traxectoria, chiaba tristeiro con mirada aleatoria.
Tanto adoecía acobillado baixo as tellas do hórreo estremeiro, como choraba agochado entre a follaxe do castiñeiro. Penaba nas laxes da aira e sufría na palleira; ata aos corvos lles daba mágoa velo daquela maneira.
Unha mañá que polo lugar pasou unha ave fría e, fixándose na dor tan grande que o paxaro refería, achegouse ao pobre animal e explicoulle con voz caladiña que un pardal non se debe namorar nunca dunha anduriña!

Foto: Paisaxe harmónica e gorrión namorado
(Se non o vedes imaxinádeo. Ó gorrión)

5 comentarios:

Uol Free dixo...

Xa se sabe que as anduriñas teñen o aquel de migrar.
Mais o pardal ha encontrar o seu epiceno.🐦

(Fermoso canastro)

Pedras dixo...

Hai sempre un pouco de locura no amor...
Pobre pardal!

Anónimo dixo...

De donde sacarás esa capacidade argalleira ti?
E das fotos que acompañan as argalladas xa non digamos. Da gusto vir.

Ginebra dixo...

Me ha parecido un cuento precioso ( con casi moraleja incluída) pero el amor, ave fría, es ciego y no conoce de anduriñas ni de nada, así pues el gorrión fue libre, se enamoró y sufrió, lógicamente. Es ley de vida. Un diez, señor Chousa:)))

Marisa dixo...

Verdadeiramente
o pardal puxo as
miras moi altas.


Feliz verán

Unha aperta