sábado, 4 de xuño de 2016

Recanto

Hai lugares que facilitan pousar as inquedanzas que nos abrochan a gorxa do ar, permitindo así respirar ata o fondo do último dos alvéolos.
Lugares nos que os sons untan con xenerosa suavidade a maquinaria de audición, mesturando a semántica dos verbos escoitar e gozar.
Hai lugares nos que se deitan as miradas con recalcitrante intención de permanencia, atándonos con fibeliñas de marabilla e vincallos de pracer.
Lugares nos que a enerxía que deles emana unicamente contamina de emocións, irradia dozuras e fagocita pesares.
Grazas a eses recantos de encantos, podemos deleitar o ánimo, congratular o espíritu e acougar as intencións. 
Todo en sistema de barra libre.

Foto: Recanto de encantos.

13 comentarios:

Pedras dixo...

Grazas por traernos eses fermosos recantos.

Anónimo dixo...

Un lugar buen bonito al que dedicas bonitas palabras

Anónimo dixo...

Gracias por compartir ese fermosísimo lugar Chousa.
Vou seguir mirandoo

Raposo dixo...

Por sorte aquí, nesta terra dos mil ríos, aínda quedan moitos lugares como este nos que descansar o espírito e disfrutar do entorno paradisíaco. E que dure!!

Anónimo dixo...

Hai lugares de lugares, Sr.Chousa, e sensibilidades que permiten percibir e sentir con máis dos cinco sentidos.Grazas por traérnoslo e por ensinarnos a velo e sentilo.Vou tomar outro papadiño!! Bicos acougados.

Marisa dixo...

Estes nosos recantos
danos a vida.

Unha aperta moi grande

Zeltia dixo...

Menos mal... que nos qudan os recantos.
(A palabra "acougar" vaime gustando máis de día en día)

Xostra dixo...

Pois si que debe ser un bo lugar pro acougo o regato de marras porque xa levas unha boa vraiada de relax telúrico..., haberá que poñerse en ristra ou!

A Ulloa en fotos dixo...

Eses espellos do Ulla
Tan fermosos...

paideleo dixo...

Chousiña: xa acougaches tempo abondo. Non nos contas nada ?.

paideleo dixo...

Semella incrible pero nin teño twitter nin Facebook.
Quedei ancorado no mundo dos blogos que me dá traballo abondo... ata que me apeteza.

Anónimo dixo...

Non lle faga caso a Xostra que acoñezo mui ben... éche así. Temos que facer coma os vacas e bois do noso país: andar maino máis seguro, inda que seña 'a paso de boi casado', que non é doado fiar con este xeito de vida que se nos impón. Suscribindo o que di Paideleo... somos muit@s os chousodependentes/as que precisamos unha dose regular de tanto arte e beleza que abordela de xeito importante a nosa vida e non menos a cultura da nosa Terra. Arrio!

Anónimo dixo...

'Chousodependentes',sen máis. Os efectos de tanta abstención, digo abstinencia.