sábado, 5 de novembro de 2016

Presente

Botamos media vida sen mirar ao pasado, obcecados unicamente na construción do futuro. E, claro, desta maneira non hai quen saiba conxugar o actual. 
Se a ese cóctel engadímoslle as présas coas que andamos; resulta doado comprender que o problema non vai ser a ausencia de futuro (xa se verá), senón que o drama radica en non ter presente (xa se ve).

Foto: Onte e hoxe. Mañá será outra foto

9 comentarios:

A do outro lado da xanela dixo...

Bonita corredoira asfaltada pola que navegar, meu querido.
Pero deixate de pasados e presentes, e mirame para adiante... E amodiño e pitando nas curvas :)

paideleo dixo...

Soa a despedida...
Ou a maloserá...
Ou quizais...
Presente galego: futuro por conxugar...
Muito barreno coas túas verbas.

Kaplan dixo...

Se non hai presente está claro que tampouco pinta ben o futuro. Ben que vde non sexa pasado, polo menos de momento

Anónimo dixo...

Ciertamente es así. Que las prisas y la preocupación constante por "el día de mañana" nos fulminan el aquí y ahora.
Espero que sepa usted gestionarlo y, por favor, nos escriba más. Que nos tiene en total abandono sr chousa

AC

Ginebra dixo...

Completamente de acuerdo, y es que creo que somos la única especie que dejamos de vivir como es debido pensando en lo que nos acontecerá sin darnos cuenta de que el presente es lo que cuenta en realidad.
Besos/bicos

Raposo dixo...

Carpe diem e "que sexa o que Deus queira", que din pola miña aldea.
Apertas actuais.

Marisa dixo...

Polos camiños da vida,
unhas veces pisando forte
e outras con moito coidadiño.

Recalando de cando en vez
pola tua chousa.

Unha aperta con tódolo
meu agarimo.

Anónimo dixo...

Que sorpresa máis agradable,Sr.Chousa!!E si, debe ser propio da condición humana estar desacougados polo mañá.Os aniños tamén nos van indicando que existe presente(s)que hai que aproveitar, gozar,valorar...vivir.Que así sexa.
Bicos presentes.

Zeltia dixo...

gusta verte de novo aí, conxugando.