Nas aulas de trigonometría -cando o alumnado marcha- os triángulos cobran vida, e senos e hipotenusas brindan con tanxentes en bacanais de sensualísima harmonía.
Seica houbo quen escoitou a un polígono trilateral mentras esta confesión a outra figura xeométrica lle facía:
Enchárcaseme o pensamento coa mera alusión imaxinativa; e nesa poza circunstancial as follas que se desprenden do meu maxín, non son máis que recurrentes envites cara o teu vértice das ledicias...
Foto: Follas na poza.
7 comentarios:
Vaia, ho, non imaxinaba eu (ou se cadra sí) que fronte a esta fermosa foto da árbore na poza, a túa imaxinación voara cara as clases de xeometría...jajaja
Nunca se me deron ben as matemáticas e moito menos a trigonometría. Pero se sei que lles gusta tanto o cachondeo faria un esforzo jajajaja.
Sigo dicindo que dáseche moi ben isto da poesía.
O teu maxín é un pozo sen fondo...
Ben podería haber nesta foto eses triángulos dos que falas.
A túa mirada veu algo máis que as follas caendo das árbores...
biquiños chousa.
Ai, matemáticas... Terán alma? Eu nunca o descubrín.
¡qué bonito post a través de un reflejo!. Desborda usted imaginación, señor Chousa.
Besos
Non sei a qué figura llo dixo, pero sei que tiña vértice e non un vértice calquera.
... todo iso viches nun charco????
(cando falan de alguén con imaxinación, debense referir a ti)
Publicar un comentario