venres, 21 de novembro de 2014

Granel (a)

Hai quen atura o ritmo frenético deste correr para ir ata ningures, quen sabe modular con eficacia os efectos nocivos de tanta sucesión de trapalladas que van na procura da estupidez.
Incluso hai quen é capaz de non ulir a podremia que se instala nos seus bigotes.
Pero á maioría, de cando en vez, non nos queda máis remedio que volver á consulta de psiquiatría, e pedir que nos prescriban alprazolam visual a granel.

Foto: Botica sensitiva.

7 comentarios:

Ginebra dixo...

La mejor terapia: la música y la naturaleza.Ésta última, además, lleva incorporada sus propios sonidos, sus propias músicas.
El otoño y su gama cromática es le mejor psiquiatra, ¿no crees?
Besos otoñales

Pitima Alvarez dixo...

Andas prolífico últimamente... :)
Que acertado andas... Ti sí que sabes calmar o espíritu. Pero eu tamén eh... De feito, a min cústame pechar a porta a tanto analxésico, e así ando... todo o día colgada de tanta beleza... Pero claro, e que nós mudámonos a consulta do psiquiatra... e así non hai quen poida afastarse dos ansiolíticos... jajajaja
Biquiños altamente sensibles... :P

mariajesusparadela dixo...

Eu teño a sorte de vivir na batica.

Uol Free dixo...

Por vea me meto eu alprazolam deste a cotío. Efectos inmediatos. Sen contraindicacións. Efectividade garantizada.

Pedras dixo...

Sen efectos secundarios e custe cero!

Raposo dixo...

O colorido do outono tamén é unha boa terapia. E sen contraindicacións!

Zeltia dixo...

Pois ese trankimazin arbóreo polas fragas, parece que os xaponeses xa hai tempo que o están aplicando.
Ir dar un paseo longo polo bosque fai que respires non sei que (ademáis do osíxeno) que che sube o ánimo.