luns, 1 de decembro de 2014

Carrelo

Vestida para namorar, a natureza maquíllase de cor con tinguidura de choiva.
E vese bonita e mírase provocativa;
abaneando a súa sensualidade de quietude imperativa,
sábendose protagonista no altar do valo cos seus bodoques de noiva.
Silandeira e pícara fai proposicións de amor,
lembrando poemas lorquianos que a queren desa cor.
E acaba consumando amoríos de caramelo,
convidando ao transeúnte para que se suba ao seu carrelo...

Foto: Carriza. A icona húmida.

8 comentarios:

cuspedepita@gmail.com dixo...

Creo que este é o texto máis poético que che teño lido, Chousa ;) Anque sempre con ese pouso de picante que non podia faltarche.
Apertas.

Xorxe Cimadevila dixo...

As mellores datas do ano sempre foron de inverno cando se trata de saír ao monte e buscar "cancións da mariposa" ;)

Ginebra dixo...

Muy sensual la naturaleza. Sabia, como es, sabe enamorar. Deberíamos aprender de ella.
Besos y bicos.

peke dixo...

:)

mariola dixo...

Só fai falta mirala para ver todo iso que ti tan ben lle dis ou cantas ...
Con esa rima que lle cae como gotas de resío...
A fotografía preciosa , e ese carrelo do que falas tan ben conseguido.
biquiños chousa.

Carlosm dixo...

Moi poético te percibo, Chousa. Gosto do que dis, e namorame o que vejo.Saudos

Zeltia dixo...

agora pasácheste á rima? :-)

pasar polo blog teu é ir dar paseos polos bosques con palabriñas xeitosas acariñando os ouvidos.

feliz outono que xa se nos vai indo...

A Ulloa en fotos dixo...

Encántame a foto!!!