Intérprete de todas as sinfonías,
de todos os bicos pentagrama;
afinando dozuras de moita fama,
dona leda de sorrisos e ironías.
Es ti, nena de ollos doces,
que temperas o vento axitando a calma.
Escouchas sons creando voces;
fiando notas de nobelos de la,
que rozan o corpo e aloumiñan a alma.
Dixitando para o sol en clave de fa.
Foto: Concerto para mi(n) na cima do Fa(relo).
8 comentarios:
Sensibilidade extrema, tenrura a feixes, amor a mares.As palabras nas súas mans son como ar que acariña.Arte, pura arte!
A meniña dos seus ollos, Sr.Chousa!!
Grazas; pero penso que me mira/le vostede con moi bós ollos, Sr/Sra Anómino.
Concordo co anónimo.
Estas letras e foto son puro queixo que se derrete na boca.
Quito o sombreiro, Chousa.
Me gusta especialmente esta foto. Es raro que edites en blanco y negro, el resultado quedó genial. Buena composición y un texto a la altura de la imagen.
Besos
:D <3
que linda foto! gústame moito.
E o texto, sendo irmán dos outros teus posts, ten un recendo distinto, os encaixiños non son feitos coa máquina de coser, se non bordados a man.
Con esas verbas que lle adicas estou seguro que che fixo polo menos un par de bises.
Vas ser un romántico... :P
A min tamén me mola a foto, é preciosa, pero boeno, a túa faceta de artista fotógrafo xa non me sorprende, para min levas tempo consagrado... :)
Publicar un comentario