mércores, 1 de outubro de 2014

Ventar

Asomados á solaina do maxín, no peitoril dos pensamentos; resulta moi doado comprender que  (de cando en vez) vén moi ben mandar calar todos os ruidos para volver sentir as propias sensibilidades. 
E ventar polas ventás do ser a harmonía coa que se sostén a  natureza nun mundo que, a través dos telexornais, unicamente semella que se escagalla.

Foto: Desembalsando olladas. Sobrecedo (Taboada)

3 comentarios:

Zeltia dixo...

Vir e darche a razón.
E preciosa tamén a vista dende esa balconada dos viñedos.


Pitima Alvarez dixo...

sóbrache ración do pienso..
Tamén penso eu...
:)
Bicos desembolsados :)

A.C. dixo...

Que bonita vista. Mirando eso quen pode pensar nas noticias dos telexornais?