domingo, 21 de setembro de 2014

Unanimidade


A auga segue correndo coma fai dez anos, preñando de verdor cinguido a capa do país, enchendo o ar de sons e recendos que nos son propios.
Mais; que sería daquel consenso de setembro do 2004 cando no Parlamento galego se aprobou por unanimidade un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que ía garantir, conseguir, introducir, promover e dotar?. Levaríao a corrente?
Aquela promesa feita ao pobo galego non soamente deixou de correr. Puxéronlle diques, construiron tostas, trabaron caneiros e trouxeron outras augas para regar o que ela xa regaba; ata facer dela unha nimiedade impresa en papel mollado.
Por iso non é tanto pedir se esiximos que se cumpra a palabra dada. Non é tanto se esiximos que se defenda a esencia de ser o que somos: galegas e galegos. E quen sinta vergoña de tal condición, pode embarcarse cara outras augas e deixarse levar pola corrente.

Foto: Fragas do Eume.
Imaxe do pé: ProLingua.gal

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Éche ben triste ter que dicir que defendía mais a nosa lingua Fraga que os de agora...

Uol Free dixo...

A Humanidade chegou a tal punto de desencanto que xa ninguén cre nas promesas. Os galegos,ademais, intentamos gañar o primeiro premio nesa competición, de modo que xa nin cremos nin esiximos que se cumpran. De feito, nin escoitamos que se pronuncian.
:(

Raposo dixo...

Pois está claro: o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega "quedó en agua de borrajas".

Zeltia dixo...

é tristeza. Pero mira,s empre hai un lado bo: hai 10 anos eu falaba galegoe en contadas ocasións, e agora fáloo todos os días!

:)

A.C. dixo...

Se non o defendemos nos quen o vai facer? Por esto tamen debemos agradecer a quen coma ti vos comprometedes na defensa da nosa lingua a traves de asociacións como Prolingua.