martes, 16 de setembro de 2014

Recato

Esta teimuda tendencia por andar trotando a cotío sobre unha inmensa baldosa, exhibindo pudores e gardando recatos, acabará por diagnosticarse perniciosa para a ilegalidade vixente.
Mentras non se aborda tal disposición conviña que fósemos algo máis naturais, aínda que tal comportamento supoña a quebra encadeada de todas as firmas de lencería.
A perda sería terrible, pero así teríamos algo importante que volver refundar.

Foto: Pólas impúdicas. Futuras modelos de Pleasurements?

4 comentarios:

paideleo dixo...

Eu penso na naturalidade cando ollo esas mozas adolescentes con andares de modelo e a vista levantada como princesas que están por riba de todo e todos.
E muitas veces non teñen nin onde caír mortas !.

mariajesusparadela dixo...

Chousa, vas ter que miralo...estiven media hora para acabar deducindo a impudicia.

Pitima Alvarez dixo...

Onte deixei un coment... onde irá?
Dicía que xa non sabemos qué é natural e que non... A civilización e a humanidade encargouse de confundirnos a todos...
Éche o que hai...
Bicos

Zeltia dixo...

ao final non me enterei moi ben por que deixarías que todas as tendas de lenceería qubrasen... eu pensei que aos homes gústabavos a lencería feminina. E vai ser que só nos gusta a nós!