Cando os elementos subliñan tempestades
en capas altas da atmosfera e precipitan treboadas a rente do chan, non
resulta fácil manter o equilibrio sobre o papel.
Coa climatoloxía complicando a escrita non hai bolígrafo que sexa capaz de debuxar fonemas cun mínimo de sentido.
A
única valente diante de tanta isóbara cabreada volve ser a natureza;
que -sen mestra nin mostra- é capaz de rotular virguerías maiúsculas. E
incluso adornarse coa cursiva.
Foto: Fonemas da outonía
8 comentarios:
As isóbaras xa teñen nome de cabreadas jeje
Mui bonita foto con flores en cursiva.
Ai, Chousa! Como me emociona a túa forma de mirar!
Un bico.
Que fermosura!!!
Coidas todo moito e bem. Gostei tamben do pe de foto: uma fermosa titulaçom para un poemario. Para quando, senhor Chousa?. Saudos
Parece que o outono deixa máis choiva por dentro que por fora de nos. Menos mal que lle senta tan ben á paisaxe e regálanos máis dun sorriso.
Bicoss (ía dicir mollados, pero non sei si atreverme)
Isto se vai con segundas non o pillo.
E se non, pois non concorco contigo: unha boa treboada á beira do lume é moi inspiradora.
E cando Chousa non foi con segundas (ás veces con novenas).
Non te preocupes, Zeltia, que eu tampouco "me pillo" ás veces.
Baltasar: a ti xa non che vou pedir agasallo para Reis, que sabecristo que me traes.
Graciñas por "cursivear" pola Chousa, damas e cabaleiros.
Publicar un comentario