domingo, 10 de novembro de 2013

Cursiva

Cando os elementos subliñan tempestades en capas altas da atmosfera e precipitan  treboadas a rente do chan, non resulta fácil manter o equilibrio sobre o papel.
Coa climatoloxía complicando a escrita non hai bolígrafo que sexa capaz de debuxar fonemas cun mínimo de sentido.
A única valente diante de tanta isóbara cabreada volve ser a natureza; que -sen mestra nin mostra- é capaz de rotular virguerías maiúsculas. E incluso adornarse coa cursiva.

Foto: Fonemas da outonía

8 comentarios:

Anónimo dixo...

As isóbaras xa teñen nome de cabreadas jeje
Mui bonita foto con flores en cursiva.

Uol Free dixo...

Ai, Chousa! Como me emociona a túa forma de mirar!
Un bico.

Pedras dixo...

Que fermosura!!!

Carlosm dixo...

Coidas todo moito e bem. Gostei tamben do pe de foto: uma fermosa titulaçom para un poemario. Para quando, senhor Chousa?. Saudos

Alís dixo...

Parece que o outono deixa máis choiva por dentro que por fora de nos. Menos mal que lle senta tan ben á paisaxe e regálanos máis dun sorriso.

Bicoss (ía dicir mollados, pero non sei si atreverme)

Paz Zeltia dixo...

Isto se vai con segundas non o pillo.
E se non, pois non concorco contigo: unha boa treboada á beira do lume é moi inspiradora.

Baltasar Gracián (O Criticón) dixo...

E cando Chousa non foi con segundas (ás veces con novenas).

Chousa da Alcandra dixo...

Non te preocupes, Zeltia, que eu tampouco "me pillo" ás veces.

Baltasar: a ti xa non che vou pedir agasallo para Reis, que sabecristo que me traes.

Graciñas por "cursivear" pola Chousa, damas e cabaleiros.