domingo, 14 de xullo de 2013

Aire

Limpade con algo de xeito a cociña, recollede as bolsas do lixo, mirade que quede o gas pechado, tede tino coa neveira e o que queda nela; non esquezades ollar as fiestras. Case convén deixar as contras algo entornadas ou as persinanas medio baixadas...
Pechade todo e saíde!

Foto: Porta

10 comentarios:

paideleo dixo...

Desfruta das vacacións ti que podes.
A min tócame desfrutar delas a trompicóns.

mariola dixo...

A disfrutar, a ver ese mar cheo dun azul espléndido, a recargar pilas que falta nos fai, a enchernos do aire puro das nosas praias, a enzoufarnos na area, a descansar mirando só o horizonte.
AY!!!
Unha foto ben fermosa.
Que disfrutes!
bicos chousa.

susana moo dixo...

Si. Saiamos do niño rompendo a rutina para voltar cheos, con enerxía renovada!

Mar e Lúa dixo...

Seica atopaches a porta do Paraíso...
Boas vacacións!

Zeltia dixo...

Non lembro se che desexei felices vacacións... pero seguro que non precisaches para gozar

(quizá xa che rematan)

Anónimo dixo...

Excelente fotografía. Invita a salir y a entrar.

Carlosm dixo...

Que te emcontres com esa ventilaçom necesaria.Boa foto,Saudos.Carlosm

Pedras de Santiago dixo...

"Donde entra el aire y el sol, no entra el doctor." (Refrán popular)

"Existo. Es algo tan dulce, tan dulce, tan lento. Y leve; como si se mantuviera solo en el aire. Se mueve. Por todas partes, roces que caen y se desvanecen. Muy suave, muy suave." (J.P. Sartre)

Fermosa foto, sen dúbida!
Bo regreso!
Bicos

A.C. dixo...

Quen puidera atravesar asi as portas todas.

carmen amahoro dixo...

este pórtico sí que da gloria!