domingo, 7 de xullo de 2013

Mudar


 Coellos tirándose ás escopetas, ladróns que persiguen policías, reos que condean xuices, políticos que contan a verdade e putas virxinais retratadas en periódicos que publican mentiras pequeniñas.

Mentras se vai configurando a ensalada de inxustizas; nos caldeiros parlamentarios non cesan de remexer un pestilente guiso de indecencias, que ferve á calor dos fogóns avernais de fondos monetarios, e zuga o salitre das augas chocas de eurogrupos podres regado con mexos apestados de bancos tan centrais como inútiles.

Con esta panorámica non fai falla ser chef para saber que é hora de mudar de menú.

Foto: Panorámica vertical.

7 comentarios:

Zeltia dixo...

Mudar de menú.

(creo que nos vai facendo falla un esconxuro)

Aldabra dixo...

o guiso que se está a cocinar da noxo!

biquiños,

Pitima Alvarez dixo...

Este menú faise indixesto de máis xa...
Pero eu xa estou curada de espantos... que mira que tragamos e tragamos con todo. Un buche elástico infinito.... de merda cheo ata arriba.

A do outro lado da xanela dixo...

Época de xaxún. Operación bikini inesperada

mariola dixo...

Certo.
O menú sería doado se tiramos todos os ingredientes balorecidos ó caldeiro. Pero non hai ninguén que empece!

biquiños chousa.

Anónimo dixo...

Uma mui interesante proposta.
A panoramica verticale pode ser um bo começo para ise troco.Saudos.Carlosm

Anónimo dixo...

En el fondo es usted un auténtico transgresor, aunque se esconda tras una muy interesante cortina de inteligencia adornada de metáforas. Vengo asiduamente a disfrutar de sus ocurrencias y a conocer un poco más Galicia a través de sus imágenes. Es un regalo. Gracias

Mrs Jota