Estou en condicións de afirmar que os Neandertais xa utilizaban os buratiños e reganduxas das cavernas para fisgar. E seino simplemente por pura observación comportamental dos seus parentes actuais, que seguimos mantendo viva aquela vella teima de fisgar e axexar.
Houbo un tempo no que consideraba que tal querencia espreitadora viña dada por unha especial atracción cromosómica polos buratos; pero esa hipótese escarallóuseme cando observei o trunfo do facebook.
Foto: Furado de medio punto. Muiño do Corgo (Antas de Ulla)
8 comentarios:
A tentación de axexar,quen non cae nela?
Saúdos.
Concordo totalmente, o problema é ese morbo e curiosidade intrínseca o ser humano :D
jajajaja pois nunca se me ocorrera que o FB fose coma un buratiño :)
mira ti...
somos curiosos por natureza, só que alguns o emplean ben e outros non tan ben.
biquiños,.
É que agora cambiamos os buracos pola fiestra.
Bicos
Ai, si eu che contara o que teño visto polo buraco das pechaduras!!!
Penso que se parece máis ós antigos paseos pola rúa real ou principal:
ver e ser vistos.
No fb sempre podes prescindir de amigos virtuais, cinguirte ás persoas que coñeces e "filtrar" cada publicación para que chegue unicamente ás persoas que che interesa.
En resumen: só é axexado quen quere selo.
Eu para exhibirme xa teño o blog :)
Foto bonita por certo
Publicar un comentario