Paseniñamente, sin facer ruido, buscando sitio entre as folliñas mortas que lles dan acubillo, van agromando caladiños dende o chan pardo e vivo.
Mestúranse descaradamente co verde en alardes de poderío, mentras salpican a corredoira con puntos de picardía.
Bodoquiños brancos, figuras arbóreas en miniatura; son, en realidade, ideas da natureza con casca mamiña.
Foto: Zarrotiños en Alvidrón de Outeiro (Antas de Ulla)
13 comentarios:
A min máis que "zarrotiños" parécenme "peidos de lobo", moi fermosos vistos así, pero se os abres só te atopas cun pó negro e fedorento. As apariencias, ás veces, lávannos ao engaño.
Bicos
Bonitiños...
As cousiñas que chegan así, tan caladiñas e sorprenden, son as mellores.
BS.
Que fermosura de imaxe! A maxia das cousas pequenas... Ai, a natureza, sempre sorprende!! Pode ata percibirse o arrecendo do outono que agora si que está aquí!
Apertas de outono :-)
Ah!, e comenzo o mes aprendendo unha palabra nova (zarrotes).
¡Es un artista,Chousa!
Folha de almanaque fermosa para inaugurar o novembro.Saudos.Carlosm
É que bos están!!! Bonita foto. Aquí cara o sur comemos máis a lepiota, para min está de vicio.. Non sei por Antas cal arrasa máis.
Ideas da natureza, forza do outono que se resiste a caer... :D
Por fora son bonitiños, por dentro xa non tanto. ¿serán comestibles?
Para min zarrotas son outras e eses son peidos de lobo que as tripas e botan po negro. Creo que cando son noviños de todo valen para comer pero eu non estou seguro e déixoos para fotografar ou adicarlles unhas letras; pero non tan boas como as túas.
ser son bonitiños, non sei si son comestibles... onte ceei ¿cogumelos? (champiñones) con gambas... encántanme.
biquiños,
Zarrotes, zerrotes???
será zarrotes como dis ti, e ben seguro que a miña orella anda algo dura...
tamen choupís, e o que mais me gusta son os cogordos, será polo costume... ainda que non sei se zarrotes e unha denominacion xeneralizada ou... puuffff que me lio, e non son horas!!!
O caso, e que unhos zarrotes, cerrotes, choupis ou cogordos cunha areiña de sal un chisquiño de aceite de oliva e postos boca arriba na planchiña da cociña de ferro saben que rabean :)))
Sempre e cando sexan dos de comer varias veces, e non dos de comer unha vez soa... :)))
Pois mira que me lio, bicos como zarrotiños!!!
Qué bonito ritmo ten o texto.
Sabes engrandecer as cousas máis pequenas con palabras ben fermosas.
bicos chousa.
bueno, agora xa estou liada:
zarrotes é un xenérico, ou unha caste de cogumelos?
Publicar un comentario