sábado, 17 de novembro de 2012

Pateira

Da sementeira á meda, despois á tulla, transformación no muiño para vir levedar na artesa.  O zea mays, secale cereale ou o triticum aestivum chegaban á mesa pasando polas mesmas mans; demostrando que nosos avós, carentes de altas tecnoloxías, manexaban unha autosuficiencia que hoxe poría os pelos de punta ás grandes cadeas de alimentación.
En todo aquel alarde das capacidades, acadaban a excelencia coa xestión dos resíduos. Nada era lixo, todo resultaba útil. Para o aproveitamento da palla facían palleiros; e para manter o forno coma unha patena, dotábanos de pateira.
Moito ruido debe facer a tecnoloxía para permitirnos esquecer tanta sabiduría en tan pouco espazo de tempo.

Foto: Factoría panificadora. Alvidrón de Outeiro (Antas de Ulla)

12 comentarios:

ohma dixo...

Polo norte dise mada en vez de meda (sempre me chama á atención as variantes do noso idioma, que para min din moito).
Tiven que recurrir ao diccionario para saber o que era unha pateira.
Gústame moito a foto e o forno e todo o que dixeches.
Unha aperta.

Anónimo dixo...

Cuantas lembranzas me evoca este texto. Y la fotografía. Seria muy bueno que lográsemos aplicar aquella sabidurîa hoy. Nos vendría de perlas.
Un abrazo con mucha morriña de esa tierra de excelencias desde Murcia

Raposo dixo...

Non sabía que o receptáculo da cinsa se chamaba pateira, tiven que miralo no dicionario. Por aquí chamámoslle cinseiro e algúns creo que tamén lle din bufarela.
Apertas

Carlosm dixo...

As tecnologias de hoje son muito mais merdentas e fan tamto ruido que non nos permiten escuitar marabilhas como as que relatas.E ademais som certas.Saudos.Carlosm

mariola dixo...

Eu tamén tiven que recurrir ó diccionario, pero mira está ben iso engadir una nova palabra o meu vocabulario.
Pois si, non sei como nos esquecemos de tanta boa sabiduría.
Non cabe duda de que eran máis intelixentes. Habería que buscar un punto medio entre a tecnoloxía e esa sabiduría de antaño.
Pero hay moitas ondas ceibes que nos impiden ver e pensar con claridade.
biquiños chousa.

Noa dixo...

Engañáronnos e fixéronnos pensar que unha cultura estaba reñida coa outra, pero sempre estamos a tempo de volver aprender.

Encantoume este post, de verdade.

Aldabra dixo...

e digo eu, ¿o forno da túa foto viríame men a mín para a facer a miña receta de outono?

biquiños,

zeltia dixo...

xa levo aprendidas unhas cuantas cousas no teu blog!
Esta entrada, particularmente interesante.
Fas un bo labor de conservación e difusión do noso.

Anónimo dixo...

E,simplemente,xenial.
(eso si, o forno desfuma fatal)

paideleo dixo...

Outro máis que aprendeu a palabra pateira.
Dende logo que os nosos avós sabían máis ca nós. Era un saber de xeracións que se foi perdendo nestes tempos de comprar e gastar.

A.C. dixo...

Moito sabes ti,que pareces unha enciclopedia. Deberias poñer unha pasantía destas cousas que se van perdendo. Bicos

Pedras de S. dixo...

Oído por estas terras: "e que vas esperar, o pobre non entende máis, como nunca saiu de pateira..."

Pero veñen tempos de volver á PATEIRA. Grazas pola imaxe, cantos recordos nos fai recuperar! Ollo de novo a imaxe... ole a petada de pan e a bola que amasaba a madriña, recén sacadas do forno.

Como di Paideleo, un saber que se perdeu en só unha xeración.