xoves, 7 de xuño de 2012

Tolemia

Na cascada de desvaríos, que entre todos fomos construindo, baleiramos de contido o esencial para encharcarnos no supérfluo. Fixemos do inciso teorema, do relativo absolutismo e as calmas trocámolas por premuras.
E asi, no medio de tanta infección de tolemias, ficamos alumando nos montes,  mentres agora temos as aulas a escuras...

Foto: Iluminaria da tolemia. 

24 comentarios:

Isabel - Frabisa dixo...

Ayyyyyyyyy, Chousa, hasta este blog noto revuelto, hasta aquí también ha llegado la crisis y la incertidumbre, y no me extraña, la preocupación está más presente que nunca...

Y encima mañana es viernes, para mí antes, era SAN viernes,pero desde que Rajoy y sus ministros nos dan la puñalada semanal en tal día, yo ya no duermo tranquila..

Mientras me voy a ver la sensualidade vexetal da rosiña ...

boa semana!

biquiños

Marisa dixo...

Querido Chousa a tí non se che escapa
nin unha soa tolemia para deleitarnos, a verdade que esta
ten a súa inxundia,a escuras
imos a quedar todos se non se lle acende a bombilla a esas cabezas
pensantes.

Un bico

Raposo dixo...

Supoño que a bombilla será de baixo consumo!

Harmonía dixo...

Resumindo: a tolemia do superfluo.

Aldabra dixo...

é unha forma fermosa de contalo, coas contradicións que se producen na vida cotiá.

biquiños,

p.d.: e non son listiña (dixéchelo ó respecto do comentario que deixei no teu post anterior), simplemente son práctica... o precisamente por eso, porque non son listiña trata de facer que todo sea mais sinxelo, non podería coa complicación.

Anónimo dixo...

Neste intre, solucionaríase poñendo nese mesmo lugar, 4 rumanos desbrazando e despois dunha superficie máis limpa, xa lle daría máis vida o farol...

Anónimo dixo...

E a ti quen che enseñou a escribir asi? E onde encontras esas imaxes?

Anónimo dixo...

será a foto da Chousa do Chousa?

Ginebra dixo...

¡Qué estupenda reflexión, amigo Chousa!, ciertamente se alumbran los bosques (a la vista está) mientras las aulas están a oscuras y pronto sin calefacción en invierno... Es el colmo de la estupidez humana, supongo, que haberla haila, como las meigas.

Nunca hubiese imaginado que podría ponerse una farola en medio de un bosque... si no lo veo, no lo creo...

rula dixo...

desvaríos, baleiros, supérfluos,absolutismo, infeccións, tolemias, oscuridade...

penso que xa o diseches todo Chousa!

Mar e Lúa dixo...

Seguro que alí non topas coa Santa Compaña... non é inútil de todo a farola esa! Jajajaj

mfc dixo...

Que a verdade não nos impeça de ver a realidade!

zeltia dixo...

Se vou camiñando polo monte e atopo con esa farola... inda me quedaria un anaco coa boca aberta.
Como dicía o meu admirado Asterix: están locos estos romanos
(Asterix, ainda que galo, falaba castelán)

mariola dixo...

A infección, que se vai incrustando pouco a pouco nas nosas vidas, deixándonos a escuras...(menos nese bosque, que seguro que é privado, ou non?)
Un resumo perfecto esta Tolemia dito con tan poucas palabras.

bicos iluminados, pero de corazón, que algún gra hai que poñer de boa enerxía a ver se prende.

Chousa da Alcandra dixo...

Esta vez enganácheste no do Venres das Dores, Frabisa; don Mariano acabou por elexir o sábado para inflixirnos castigo...Dura vita est

E que vou sempre provisto de cámara Marisa. En realidade teño algo de cabeza, tronco, extremidades e unha cámara lista para capturar tolemias e ledicias.

O máis "doloroso" do asunto é que a bombilla estaba fendida por unha pedrada. Supoño que alguén que non levaba cámara decidiu alumar dese xeito, Raposo

A tolemia dun supérfluo que profundizou naquela sociedade do suposto benestar que andabamos construindo. E mira ti ata onde nos trouxeron aqueles ventos Harmonía

Cando dixen listiña, Aldabra, fíxeno no sentido cariñoso e ledo da palabra. Por outra banda, ser práctica é unha maneira moi intelixente de abordar a vida.

Chousa da Alcandra dixo...

Tan só a estupidez humana é capaz de acadar cumios máis altos dos que calquera escalador lograría. Eu tamén me sorprendín cando a atopei; de feito pensei que era unha especie vexetal ainda non catalogada Ginebra

Espérate, Rula, que me da a min o corpo que aínda nos queda percorrido neste pasillo de barbaridades. Imos ver se somos capaces de reconducir o vieiro despois de observar ata onde se pode chegar no coche da estupidez...

Gústame atoparlle sentido a todas as cousas Mar e Lúa; así que agradezo o teu apunte. En todo caso, como a bombilla estaba fendida, seguro que a Santa Compaña campa ás súas anchas polo lugar. E rirase de moito carallo!!

Mfc: Ogallá o teu desexo se volva certo. De feito penso que ultimamente imos vendo con máis nidia claridade certas realidades que antes, a pesares de ter diante, non as queriamos ver.

Eu, Zeltia tamén quedei coa boca aberta un anaquiño. Despois pecheina pq había moitas moscas polo lugar. Pero tiven que volver abrila, pq aos poucos pasos...había outra farola xemelga! Asterix, a pesar de ser galo, tiña razón.

Pois verás, Mariola; o asunto é que o lugar é público!!!. Hai que dicir que seguramente a intención "urbanizadora" pretendía o que despois non foi posible. Moi seguramente por falta de orzamento.


Non vos esquezades: tolemia éravos antes; agora estamos empezando a atisbar as paredes do manicomio...

Chousa da Alcandra dixo...

Esquecíame dos Anónimos (parezo Rajoy, carallo!!!). Pois non é unha foto da Chousa do Chousa, non. O lugar está alonxado varios graos cara o Oeste. O de desbrozar o lugar non é mala idea; pero moito me temo que xa non quedan rumanos que saiban coller o fouciño da roza...

Uol Free dixo...

Chousa, te ha caíddo el premio Liebster. Si entras en mi blog, lo podrás ver y seguir las indicaciones.
www.programademanolibre.blogspot.com

Carlosm dixo...

A loucura estaba nese monte e atopala tem merito.Perplejo contemplo tal barbaridad.Saudos.Carlosm

zeltia dixo...

Xa supoñía que sería un intento de urbanización abortado.
Pero inda así.
Agora inda haberá moitas máis cousas que se deixarán de facer...

A nena do paraugas dixo...

É que igual pensan que as aulas se iluminan con xices, folios lapis de cores! (para o que cada vez hai menos fondos!)

Sabia reflexión! E dedución! Para que alumar as escolas?

Bicos.

mariajesusparadela dixo...

Agora, señor Chousiña, úsanse desbrozadoras. Os fouciños teñen outro sentido...
E tampouco eu sei que alumea a faroliña.

Chousa da Alcandra dixo...

Fico obrigadísimo por ter en conta este recantiño Uol Free; pero ando ocupadísimo recollendo herbas e follas na Chousa que me impiden continuar o meme proposto.

Algunha loucura cometeríase nese monte e noutros tamén Carlosm; espero que todas con mellor "tendencia" que esta que amosa a imaxe.

Confiemos na recuperación do sentidiño, Nena do paraugas. O lado positivo dí que xa non se pode profundizar máis no absurdo, así que todo o que está por vir ten que ser mellor.

A desbrozadora bule máis Maria Jesús; pero onde roce un fouciño ben afiado, axudado por un forquito termado con man firme...; que se quite o cheiro a gasolina!

noa dixo...

Dende logo que está mal posta esa farola, pero non deixa de ser extrañamente bonito. En serio.