martes, 12 de xuño de 2012

Respecto

Non vén nada mal atopar mensaxes que nos couten o irrespectuoso mal rollo, e que poñan freo a tanta xenreira perenne que poboa mentes e ánimos.
Acotar a dimensión das realidades para non fender máis leña da que precise o noso allar, semella un vieiro a reconsiderar. Que ultimamente cúspese en demasía nas mesmas caras; e case todas as caras merecen algún respecto.

Foto: Mensaxe da árbore. Lisboa

15 comentarios:

A.C. dixo...

Mui interesante a mensaxe da árbore que recolles.Nunca me parei a pensar en tantas cousas como pode ser.Anque o de ser o meu propio CAIXAO brrrrr faime estromecer.
E o de cuspir e de maleducados.A min sempre mo dixeron,asi que tes razón:todos merecemos respecto

pitima dixo...

aisss.. éche ben certo... o respecto brila pola súa aunsencia...

Cúspoche un bico!

E mira o que fixemos co teu texto da língua:

http://www.youtube.com/watch?v=LbyYXKUoqdk&feature=player_embedded

Aínda que a frase introductoria pareza sacada da peli do exorcista... jajaja... fixémolo non só con respecto.. ¡con amor! o fixemos.

Máis bicos e grazas por agasallarnos cos teus textos e imaxes, acertadas e cheos de semánticas... Grazas Chousa.

Paz Zeltia dixo...

Unha chamada ao respecto... e que era? pode que tamén teñas que poñer un link á wikipedia.

No tocante ao "allar" (na miña aldea "anllar") gracias por traerme á memoria unha palabra esquecida.

susana moo dixo...

Estes portugueses qué románticos che son.
Encántanme eses regalos que a algunha xente lle gusta facer sen ter mais recompensa que facelos. E encántanme os grafitis (poesía del pueblo) decía non sei quen. Este se lo curró.

Apertas con buen rollo (ainda que esteamos que botamos fume)

paideleo dixo...

Non sei; estamos metidos en tal desbandada que se perde todo e o respecto é do primeiriño.

matrioska_verde dixo...

nunca ven mal recordar o evidente... que de tan evidente que é, esquecémonos.

hai que ter, nestes tempos de crisis, a ollada limpa e o corazón despexado de resquemor.

biquiños,

Ginebra dixo...

Maravilloso mensaje del árbol y es que estos seres sólo pueden emitir, además de oxígeno, buenos deseos...
Me ha gustado mucho este post, Chousa. Gracias.
Besos

mfc dixo...

A tua ironia é sempre brilhante!!

Mar e Lúa dixo...

Unha reflexión interesante para compartir no camiño :)

mariajesusparadela dixo...

Leña, leña. Están a darnos mais leña da que precisamos...

Carlosm dixo...

Mensagens moito congruentes para un mundo de incongruenças.A do pao e a do Chousa.Saudos.Carlosm

Trasno dixo...

Escoitei rezar nas igrexas cousas con moitisimo menos sentido que hai nas frases desa táboa.Bien Chousa, bien.

mariola dixo...

Gústame a mensaxe da árbore. Eu engadería unha frase máis:
"Abrázame para sentir toda a inmensidade da terra e do universo. Verás e sentirás cousas que os teus ollos esqueceron".
Sei que os abrazos aos árbores son milagrosos.
bicos chousa.

Marisa dixo...

Gustoume a mensaxe da árbore
pero máis que para viandantes
debería ir adicado a outras
mentes incendiarias.

Bicos de verán

Kim Basinguer dixo...

A lo mejor los políticos pueden aprender algo del árbol
"No hacernos daño"
Claro que no se si los políticos tienen alma...