Dar mimos vainos reportar a moi grata confusión de non saber con claridade se os damos ou os recibimos.
Cando o mero feito contemplativo se troca en pura ledicia, resulta sumamente complexo discernir se quen acaricia non é realmente o acariciado.
Foto: Acariñando mimos
25 comentarios:
Mimosa, soave, sentida, queixosa;
encanta si ríe, conmove si chora.
[unha delicia leerte...]
Querido Chousa: No soy gallego, y por tanto no lo hablo ni escribo, pero gracias a tí y otros amigos conocidos "Chez Mme. Susana" estoy haciendo bastantes progresos para entender lo que leo.
Y sí es cierto que es un idiioma muy sensual, tanto como las gallegas que he tenido el gusto de conocer.
Tu entrada de hoy es la primera que leo completa sin traducir.
Y me ha parecido deliciosa.
Aprovecho que hoy me he decidido a dejar algo aquí,para decirte que admiro tus post cortitos, por tu capacidad de síntesis, y por tanto decir mucho con poco.
Si lees algo mío, comprenderás por qué digo esto.
Un abrazo. Es un placer leerte
Vlixes
Pois é verdade...moitas das veces quen goza máis case case é o que dá os mimos, e non quen os recibe, ou senón que iso vólvese recíproco...
Unha fermosa entrada coa suavidade desa rosa na man que xa a estou ulindo dende aquí.
Unha aperta.
Tan certo eso que dis...
Bicos arrecendosos
Bonito capullo...
Vexo que non hai distorsión na mensaxe, Manolo Blog. Alédame non ser rara avis...
O pracer tamén é meu, Vlixes. Síntome gratamente aloumiñado polas palabras que me adicas. Obrigado por elo.
Facer chegar o recendo das flores por medio das palabras é unha misión complexa, pero cando os ollos tamén saben ulir todo é máis doado; á que si El Canto de la Luna ?
Tan certo como que ti tamén o compartes, non si Pitima. Eses primeiro puntos de suspensión entendinos; pero os do "bonito capullo"...non sei jajajaja
Neste caso coido que o que dá mimos
é o acariciado.
Unha ternura unha beleza
que enche a man.
Moitos bicos
Éche unha rosa de pitiminí.
Da gloria vela.
Mimémonos.
Cuando te pos poetico,e as flores semelha que te ponhen,a chousa trocase jardim.Saudos.Carlosm
Qué máis dá quen dea e quen reciba? O pracer é o mesmo, se os mimos están ben feitos...
Hoxe precisaba uns mimos, cóllochos prestados se me deixas ;)
Bicos!
A grandeza está, e ti o dis, en que o pracer é tan grande para o que os dá coma para o que os recibe.
Bicos
Há mimos muito perigosos!!!
Mientras uno se sienta correspondido da igual si es él quien acaricia o el acariciado.
Preciosa rosa
p.d. Aún espero que me digas qué pone en la pintada de tu post anterior...
Bicos
A floriña vese moi agradecida e a man non parece que chore. Fermoso o que se pode decir con poucas palabriñas.
Non chora ningún, e ambos semellan mimosos mimadiños Trasno.
Difícil de determinar e á vez pouco necesario ter que determinalo, á que si Ginebra.
En el propio post anterior intento aclarar aquella misteriosa inscripción
Perigosos e con moitísimo perigo, mfc; pero a ver quen é o que -podendo telos/dalos- prescinde deles.
Que que marabilla máis marabillosa esa dualidade Dilaida.
Unha contabilidade magnífica Mar e Lua. Colle, pero deixa algún.
Cando me piropeas, a miña palidez tórnase colorada Carlosm
E deixémonos de landainas Mariajesusparadela!
Unha maneira ben bonita de imaxinar "mimos a mans cheas" Marisa
Tan exacto é o que dis que me vin a min mesma acariciando as cadelas que teño. Elas déixanse facer e con iso tan só xa te acariñan.
Din que aloumiñar unha mascota reduce a tensión e relaxa e debe de ser certo.
Beleza, delicadeza e tenrura.
Si que hai reciprocidade, si!!!
:-)
Gusta dar mimos. Acariciar para regalalos. E dando dando es ti o agasallado.
Unha foto ben fermosa, que brinda delicadeza e protección.
Coller esa tenrura nas mans, ulila e logo deixala suavemente para que siga perfumando o aire.
biquiños mimosos Chousa.
Ahhhh! cuando lo desveles, me lo cuentas:)
como non me gusta moito poñer etiquetas "o acariciador", "o acariciado", quédome simplemente na pura ledicia.
quédome có que me chega ó corazón.
biquiños,
venme á mente a canción aquela de Victor Manuel:
Quién puso mas, los dos se echan en cara
quién puso más, que incline la balanza
quien puso mas calor, ternura, comprensión.
quién puso mas, quién puso mas amor
¡Ojalá siempre que acariciamos, nos sintiésemos acariciados! A veces, resulta hasta difícil acariciar. Vlixes me ha hablado de tu sitio. Muy lírico. Vendré de visita, si me das permiso :)
A foto conmove.
Levo un anaquiño pensando por que...
non é só polo linda...
quizá ese agarimo da man forte collendo a rosa delicada, como protexéndoa...
non sei.
Conmove, si.
umm, como me gusta: "O mero feito contemplativo se troca en pura ledicia", esa é filosofía dun voyeaur, meu queridísimo Chousa.
Non esperaba menos de vostede.
Unha visión moi atinada do acariñar, Peke.
Puxécheslle sinónimos que eu suscribiría Harmonía
Que ben falas/escribes Mariola!
Moi listiña ti Aldabra, quedándote co esencial!
A entrada á Chousa é totalmente free Uol Free. Un placer.
Vai ti saber se a propia man no nse sentía protexida Zeltia...
Un voyeur en proceso de aprendizaxe, queridísima Susana Moo
E, mentras as roseiras renovan cada día os feixiños de pétalos, continuamos transitando por este atallo das ledicias. Ulindo recendos e recreando miradas; nunha primavera que se vai para un verán que se achega.
Marabillosa imaxe. E eu que son moi moi moi mecosa sinto envexa das nosas flores que sempre son acariñadas polo orvallo, polo sol, pola lúa, por nós...
Publicar un comentario