(Chamábanlle Chousa porque tiña dous ou tres castiñeiros e outros tantos carballos. A min de neno parecíame moi grande, pero dudo moito que pase de dous ferrados.A esa extensión non se lle outorga o título de Chousa; pero e que esta, pola sua ubicación e polo que significaba de fronteira, e por mais cousas...meréceo). [Ano XIV]
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Fixéronme chorar... Emocionada perdida.
Falaremos.
Bicos saloucados.
Magnífica idea e ben realizada neste lipdub dos alumnos e profes de Chapela. Grazas a ti por ofrecérnola. E fago votos por que non se quede só niso, como ti apuntas. Eu creo, como dicía Cuevillas, todo é sementeira. Algunhas sementes darán froito, ata que o bosque estea suficientemente repoboado. Quizais sexa optimista, pero o optimismo tamén cómpre. Non só de denuncias e lamentos podemos erguer o edificio da lingua.
Moitas apertas e a ver se o verán nos permite outravolta vernos apurando un café.
Dis ben, oxalá que ese sentimento dos rapaces e rapazas por a fala galega non quede só aí, para facer ese traballiño, e o apliquen en tódolos ámbitos da vida. Si é asi poida que a nosa lingua aínda teña futuro.
Pois si que foi unha virguería que me fixo arrepiar mentres outros están a mirar o fútbol.
Que non quede en virguería.
Con ou sen recortes, os funcionarios do ensino traballan arreo...
A min sempre me emocionan estas cousas.
Como din por aí: sementa, que algo sempre xermolará.
Emociónase un só con mirar...
E é tan fácil provocar ledicia- cando se fan as cousas co corazón- chegar á xente, coa nosa lingua, con estes rapaces que o fan tan ben, con esta música marabillosamente escollida...que non sei cómo non vamos todos por este mesmo camiño, como non reparamos máis no noso, no optimismo, porque estas cousas enganchan e prenden nun.
bicos chousa.
Pois, como dixo alguén máis enriba, sigamos sementando. E, xa de paso, falémoslle ben clariño a quen nos veña dar leccións sobre outras maneiras de sementar, que por estes lares sempre botamos o gran desta maneira.
Falaremos, si; pero tan só se FALAMOS; que o futuro constrúese no presente!
Dis bem cando ben dis que futuros precisam presentes;mais notote encabuxado mentras nos ofreces coisas fermosas.Acouga e disfruta (ou disfruta e acouga).Bem sei que non corren boas augas por esas calexas,pero ti es canteiro de modo que mimetiza-te com a pedra que labras.Saudos.Carlosm
có humor pódese conseguir moitas cousiñas.
biquiños,
Púxoseme un nó no estómago. Encántame, e efetivamente os galegos deberiamos conservar a nosa lingua, se podemos.. Aínda que os que vivimos fóra o temos algo difícil, e se nos esquecen moitas cousas.
Publicar un comentario