domingo, 13 de maio de 2012

Reciclaxe

Os dereitos laborais conquistados pola clase traballadora despois de moitos anos de loita negociada; estanse indo ao carallo semana a semana, en menos do que canta un ministro.
Escudándose en argumentos de escasa validez pero de crúa efectividade, fusilan servizos, segan salarios e tronzan postos de traballo. Paralelamente, e a golpe de decreto, argallan novas cargas impositivas coa mesma  dilixencia coa que incrementan as existentes.
E, por riba, teñen a dureza de face suficiente como para pretender facernos ver que cada vez que nos amolan (hoxe veño eu amorosiño coa sintaxe), unicamente nos están brindando a magnífica oportunidade dunha reciclaxe.

Foto: Oficinista reciclado por Decreto real.

16 comentarios:

Harmonía dixo...

Real coma a vida mesma. Un texto redondo!
Impresionante a imaxe, como anel ao dedo! Quen di anel, bolígrafo... por qaquelo de reciclar.
Proliferan os pinochos, e o malo é que aínda seguirán medrando os seus narices!!

A nena do paraugas dixo...

Dunha reciclaxe, si. E de contribuír á mellora da patria, con entrega e fevor, apretando aínda máis os cintos, por se hai algún accidente, non vaia ser que nos fagamos dano...

Pero claro, o que nos quitan a nós non é inútil, xa que servirá para seguir enchendo outros bandullos... Menos mal que alguén sigue engordando!

Eastriver dixo...

jeje, el sentido del humor nos resulta fundamental, pero no es suficiente. Quiero pensar que vamos a conseguir modificar algo las cosas, aunque no lo tengo claro, al menos a corto plazo.

Carlosm dixo...

Vinhas amorosinho coa sintaxe pero co ingenio bem filamentado.Sin ser necesario enfialo no oficinista reciclado.Saudos.Carlosm

matrioska_verde dixo...

pois non hai mais que engadir, dixéchelo ben clariño, e a imaxe fala por sí sola.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

Pobres de nós.

Paz Zeltia dixo...

buah neno! que diría un adolescente coruñés.

Paz Zeltia dixo...

oes, chousa, xa sei por que non che sae de avatar o crustáceo azul no meu blog

:-P

porque antes comentabas con esta identidade:

http://es.gravatar.com/chousadaalcandra

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: E logo seica mudei de identidade sin pasar pola comisaría?

MariaJesús: E pobres lápices..., onde se teñen que meter!

Aldabra: Pois eu penso que está case todo sin dicir aínda. #revolucionario

Carlosm: No fondo sonche amorosiño coma un bodoquiño de aljodón.Díjocho eu.

Estriver: Parece que nada é suficiente cando a corriente turra dun; pero mira aos salmóns...

A nena do paraugas: Déixaos que engorden. Despois cubriranse de colesterol #malomalísimo

Harmonía: Non quixen poñer a foto que lle tomei dende outra perspectiva, que senon...#moderandoamensaxe

Antón de Muros dixo...

Veñen tempos duros.
A imaxe ilustra moi ben o tema.

Apertas.

Antón.

paideleo dixo...

Pintan bastos mire onde se mire.

El Canto de la Luna dixo...

Douche a razón no que dis...e a imaxe por desgraza é moi acertada.
Un saúdo.

mariola dixo...

Mellor non non o poideches dicir. E máis que nos van a dar polo...

bicos deses que aínda están sen reciclar.

Chousa da Alcandra dixo...

Antón: Hai durezas ás que tamén se lles pode sacar partido...; ou non?

Paideleo: Imos ter que mirar de cantar vinte en copas, si.

El canto de la Luna: A imaxe seica vai ser o novo logotipo da axencia tributaria!!

Mariola: Pois imaxino que haberá que relaxar algo os esfínteres para non sufrir máis da conta...

Trasno dixo...

Fan todo iso sin anestesia nin nada.Para matalos

pitima dixo...

Ten narices a cousa...

aisss

Bico esporádico.