Poucas cousas hai que estimulen a intelixencia e deixen voar a imaxinación sin límites como a lectura. Inserir nos nenos o vicio lector é a chave que lles permitirá abrir as portas do saber, das ledicias e da propia formación como persoas. Por iso compre aguzar moito o fío da pedagoxía para sabelos levar polo río da formación a fin de que aprendan xogando (e xoguen aprendendo) os miles de mundos por descubrir que se agochan nos libros; e que lles permitirán acadar mares de sabiduría.
Aplaudo ata coas orellas á comunidade educativa do Colexio de Antas de Ulla (da que sempre me sinto parte) por esta lección maxistral de como se fai unha virguería.
21 comentarios:
"...ai se eu te leo ai ai se eu te leo..."
Moi bo, Chousa! :-)
Paso a miña vida nun colexio, se moi be do que falan ;-)
Apertas.
Antón.
Encantoume o vídeo! Grazas por amosalo. Xa me encarguei de divulgalo polo mundo docente:-)
Tes moita razón cando falas da relación entre xogo e aprendizaxe. Como afirma o título do libro: "Einstein nunca memorizó, aprendió jugando".
Gústame esta entrada Chousa. Miles de mundos por descubrir que nos ensinan tan ben estes nenos de Antas.
E tamén aplaudo esta complicidade por parte dos alumnos e dos profesores.
Seguro seguriño que esta biblioteca estará sempre chea de nenos con moitas ganas por descubrir novos mundos.
E que me dis deses pitufiños tan tenros?
un bico Chousa.
Um livro é sempre um amigo atento e fiel!
rinme moito co conato de rebeldía dun dos cativos rápidamente sofocado por unha das mestras-coidadoras.
merecen un aplauso ben forte as persoas que teñen o entusiasmo suficiente para contaxiar ao resto ata animalos a facer estes traballos lúdicos onde seguro que -case- todos o pasan ben e lles sirve para achegarse ao aprendizaxe dun xeito lúdico e festivo.
Noraboa para o cole de Antas!
Como dis que "sempre" te sintes parte? e logo já superaches a Primaria? Por mais que algun mestre e unha que outra mestra tivese manga longa contigo, isas cousas celébranse coas amizades.
Aplaudo tamben con a minhas orelhas polo trabalho que se ve e polo que hai detras tamben.Saudos.Carlosm
También estoy embarcada en un plan de lectura en el cole de mi hijo de siete años. La lectura es fundamental, son los cimientos del edificio y la herramienta necesaria para hacer de un niño un ser imaginativo y creativo.
Un cole la mar de divertido:)
Besos
p.d. en lugar de ser profe de secundaria, debería haber hecho educación infantil, la verdad.
Pois sí que é boísimo e ben ó día, coa música do momento... estos profes non perden os corcho...
Gosto da lectura, gosto do ensino público (ese que é de todos e todas) e gostei aínda máis desta marabillosa fantasía inzada das personaxes que me acompañan dende nena.
A miña noraboa emocionada para esta colectividade educativa e educadora.
Mira que versionan esa canción !.
Gustoume muito e aproveitaron ben o entruido. Tamén canta mui ben o que canta que non sei se é un profesor ou un artista.
Noraboa por ese traballo a todos !.
caéuseche un pouco a babilla... pero é normal nestes casos.
biquiños,
CHAPEAU!
Eu tamén aplaudo a iniciativa e xa o vimos nas aulas de galego en Londres. Moitas grazas por visitarnos. Apertas dun de Agolada dende Londres.
ANTÓN: Sei que o sabes, como tamén sei que moito lles había gustar o teu saúdo dende Bs As!!!
HARMONÍA: Xa vexo que Einstein relativizaba todo dende pequerrecho. Graciñas tamén por divulgalo no mundo dEcente!!
MARIOLA: Os pitufiños dan gana de comelos cando repiten o de "ledicia-ledicia"; á que si? (claro que seguro que haberá quen quere comer ás pitufas jajajaja)
MFC: Efectivamente; un libro sempre é unha excelente compañía en moitos intres. Amosárllelo aos cativos é unha obriga que estes profes de Antas fan tan ben.
ZELTIA: Deches no cravo; é isa capacidade de entusiasmar e sentirse entusiasmado á vez a que fai prender o lume do Ensino (con maiúscula). A profe estivo atenta ó conato, si
CARLOSM: As mestras eran moi ríxidas comigo (e con todos), aínda teño unha orella que mo recorda de cando en vez.
GINEBRA: Sempre podes plantexarte montar este "lipdup" cos teus alumnos de secundaria. De pedir os dereitos de copyright desta versión encárgome eu, que teño trato co César do cole de Antas :-)
MARIAJESUS: Moi atinada a idea de que para adicarse ó ensino hai que sentir esa vocación e facer amallós cun cordón das "alpacas" se é necesario.
XENEVRA: Para que logo digan que os profes non traballan, á que si? (cando volva meterme co colectivo xa tedes argumento ó que remitirvos para cortarme o argumento! jajaja)
PAIDELEO: Pois o que canta é un profesor artista. Entre outras materias ensina educación musical e...nótase que coñece ben a materia, á que si?
ALDABRA: Babado perdido; de feito ando na procura de alguén que me teza un babeiro coa suficiente capacidade de succión para absorver tantas babas!
RULA: Boeno, tamén hai que dicir que o alumnado de Antas ten unhas cualidades e aptitudes innatas para a interpretación eh; que non todo van ser méritos do profesorado, raio!!!
GALEGO EN LONDRES: Pois arderán de fachenda cando o saiban. Esto da tecnoloxía é o que ten; que un de Agolada acaba vendo o cole de Antas cerquiña de Tower Bridge!
(Un pracer tamén para min servir de pontella nesa conexión).
A NENA DO PARAUGAS: Que se me quedou agochado o teu chapeu, Nena!! Xa ves que en Antas estamos á última ola.
Vaia, vaia, vaia!!! que gran traballo, dende logo que e para sentirse ben orgulloso. Xa quixera eu que estas cousas se fixeran en mais colexios, non somentes e carrexar libros e poñer deberes.
plas plas plas plas plas plas!!!
e toda a miña admiración por suposto :)))
Supoño que se como profes poidesemos faceles aprender dun xeito máis creativo, o mundo se cadra sería un lugar moito mellor.
Estas propostas que aínda nos fan sorrir resultan marabillosas.
Parabéns para todas as persoas que o fixeran posible!!!
Un saúdo
Parabéns aos nenos e ás nenas, ao profesorado e tamén a Chousa polo artigo! Orgullosa de vós seguimos espallando o galego polo mundo. Graciñas.
MERCE: Orgullosos estamos do elenco de actorazos que temos por estes lares, e tamén polo bo xeito de estimular que ten o equipo docente (e decente tamén) do cole de Antas.
SABELA ARIAS: Son marabillosas, si; e moito máis a valorar polo importante traballo que hai detrás. Claro que -ben se ve- pasar tamén o pasaron todos pipa eh!!
CARME: Obrigadísimo polas túas palabras. Eu xa lles digo a todos que a cousa que máis envexa me da deste video é que non puiden ter a ocasión de participar nel!!!
Menos mal que hoxe en día non se aplica "A Letra con Sangue Entra..."como se fose un castigo...
A verdade é que xogando é como lles resulta atractiva a lectura,e canto máis pequerrechos son os nenos, máis abraiados quedan cos contos...sendo desta forma unha maneira de adentralos no mundo da lectura.
Un saúdo.
Mui bonito.
Biquiños para alumnos, profes e para ti tamen Chousa.
Publicar un comentario