venres, 6 de xaneiro de 2012

Sella

Fáiseme grande a mensaxe e resúltame inmenso o contido que agroma nos meus miolos.
A grandeza dos discursos tamén se mide polo atinado dos silencios.
E, mentras tanto, sin deixar de carrexar as augas do saber en sellas  labradas co coitelo da honestidade. Sin cortes, sin fisuras.
Saber calar ou calar sabendo, templando gaitas e afinando oidos...
Debíamos fixarnos máis nos grandes e ilustres que, incluso cando marchan, pechan a porta amodiño.

Foto: Foto da foto - Sellas

21 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

un texto na liña en que nos tes acostumbrados facendo un homenaxe merecido a este home que xa quería "pastillas para morrer, e non para sanar"

chámame moito a foto, gustaríame saber onde é a foto da muller que leva a sella na cabeza.
A outra, a de verdade, loce ben lustrosa. Xa hai moito que non vexo ningunha , nin de adorno.

Dilaida dixo...

Esa é a grande diferenza entre os grandes e ilustres e as "lampreas con pernas". As sellas destes últimos van cheas de auga con lama e pensan que aparecer na foto, a carón dos ILUSTRES, xa os fai a eles tamén ilustres.
Bicos

Carlosm dixo...

Complejo o arte de saber ficar calado nesta actualidade de berróns. Poi iso os mestres coma D. Isaac tenhen mais mérito.Fermosa homenagem.Saudos.Carlosm

mariajesusparadela dixo...

Nas vacacións métome no tobo e non me entero de nada, se non é polos blogs.
Pero Blue e o señor Kaplan fixéronse eco do pasamento.
Ó remate, mellor, nestes tempos, silencio...

Anónimo dixo...

Calar sabendo e unha cencia de ilustres

mfc dixo...

Fiquei a saber que era um homem bom!

matrioska_verde dixo...

encántame o final do teu texto,e moi poético, ó Señor Díaz Pardo habería de gustarlle.

biquiños,

Carmen D. dixo...

Como di Aldabra, seguro que lle gustaría. Precioso post.

Por certo, xa non recordo a última vez que vin unha, aínda que as miñas tías chamabannle "senlla".

Biquiños.

Carmen

Trasno dixo...

Foise un home sabio que sabía falar calando, si señor. Moi bo o siloxismo do saber coa sella (xa nin me acordaba que existian). A foto é do Museo do Pobo Galego?

Chousa da Alcandra dixo...

Calquera fotografía con temática de Galicia podía identificar plenamente a Díaz Pardo. Seguramente o azul e branco da nosa bandeira,o azul máis intenso de Sargadelos, o mapa do país...; pero tamén no M.PG. está gardada moita esencia deste home insigne de Galicia e dos galegos. E gustoume especialmente a sella como imaxe para quen sempre foi portador do esencial coa humildade que sempre o carazterizou.

(Como siga usando imaxes do Museo, van acabar por cobrarme!!!)

A.C. dixo...

Fixeches que recordase a imaxen de miña abuela coa sella de auga na cabeza sobre unha rolla feita de telas.
Bicos

susana moo dixo...

Calo lo (esperando que o meu silencio sexa suficientemene expresivo como para mostrar sentidas condolencias e os mellores desexos para con vostede, compañeiro, neste ano venideiro.

Elvira Carvalho dixo...

Passei para lhe desejar um ano 2012 tão feliz quanto o deseje.
Um abraço

Concha L. F. dixo...

A grandeza das persoas é inversamente proporcional ao barullo que fan cando pasan polo mundo.

Un saúdo.

Anónimo dixo...

[Moi] sabias palabras.
Unha aperta pouco ilustre, pero grande.

Chousa da Alcandra dixo...

Caladiños, pero sin deixar de falar, imos seguir rebechando por esta autoestrada (de peaxe caro) recén estreada.
Ocupémonos sempre de ter auga onde beber agora que o mestre levou a súa sella cara outras dimensións.

mariola dixo...

Gústame o texto en xeral, pero as tres últimas liñas en especial( xa sabes, moi lírico).
Deberíamos fixarnos sempre nas boas obras, tomar como exemplo a este home ilustre. Pero nos tempos que corren parece que cada un baila ó son que máis lle peta.
Silencio é unha boa palabra ilustre tamén.
Gústame a foto. Teño unha sella na miña casa, é máis pequeniña, claro, pero loce esplendorosa.
Biquiños cun do de silencio.

Anónimo dixo...

Son los ilustres quienes nos surten del agua fresca que constituye el alimento básico del SABER. Escuchemos sus silencios para APRENDER.
Me ha gustado su homenaje a D. Isaac.
Un saludo.
Adamantino

harmonía dixo...

Tamén eu reparei un bo anaco na imaxe, e dábame o corpo que podía ser do MPG; acertei!

GRANDEZA e HUMILDADE, palabras que escollo para “calificar” o teu texto-homenaxe e tamén para lembrar ao escritor que nos deixou.

Alís dixo...

Merecida homenaxe. E fermosa tamén

Calo. Mellor así

Bicos

xenevra dixo...

Ogallá os meus silencios tamén dixesen tanto, ou algo, ou un pouco. O bo do regreso é recoller todo canto foi espallado mentres a voz calaba. Un pracer volver