domingo, 26 de xuño de 2011

Damas

Grandes, pequenos; útiles, de mero adorno; sinxelos, sofisticados; de deseño, de desdeño; de top copete, de top manta; de coiro, de lona; de luxo, de diario...Todos despertan un inusitado interés masculino polo que levará dentro a súa dona. Diplomáticas posturas e mala educación incontrolada campeou en miradas desbocadas cara interiores prohibidos.
Ata que chegou o vangardista deseño e quixo deixarnos os ollos coma platos revirando o de dentro para fora. E roubounos a imaxinación, pero convidou o interés por xogar unha partida ás damas...

Foto: De-seño(ras). Loxicamente, algúns non son retornables...

24 comentarios:

Magdalena Malungo dixo...

E canto nos di das persoas o que levan dentro dos bolsos!
Eu tardei moito en utilizalos, para descontento da miña nai. Levaba sempre os petos cheos! E que desquíciome buscando cousas nos bolsos, que si as chaves, o móbil...
Bicossss

mfc dixo...

O que se esconde sempre suscitou interesse!

Trasno dixo...

hahaha! o caso e que sempre xurda algun interes.
Seguro que foi o bolso do tableiro o que tirou pola tua atención hahaha

Son Unha Xoaniña dixo...

A min resultame bastante coñazo levar bolso e asegúrovos que so o fago cando é realmente necesario, viaxes ou algo así, e levo xusto a carteira as chaves e o teléfono, canto menos pese mellor, pero teño unha amiga que leva a súa vida enteira no bolso, meu deus é incribel o que pode levar unha enriba...
Bicos.

susana moo dixo...

Non sei se saberás, Chousa, que un dos "castigos" que un " amo" infrinxe á súa escrava é revisarlle o bolso, mira ti a humillación que será ...

Carlosm dixo...

Eu pásmome mirando as fotos que obtens. Ás vezes preguntome se non chas ponherán diante para que ti as fotografies. Fan bem ponherchas a ti, que eu igual as estragaba.Saudos.Carlosm

Dilaida dixo...

Pois eu non vou contar o que levo no meu.
Bicos

Aniña dixo...

siempre hay uno, especial.

Blogboreta dixo...

Xornadas de bolsos abertos!!!!


Bicos de dama. :*

mariajesusparadela dixo...

Para que vostede non se coma o tarro, voume facer un bolso de plesiglás (non sei se se escribe así, nin tan sequera sei se ainda existe).

mariola dixo...

Eu levo un pouquiño de polvo de estrelas e un cachiño de sol, ás veces un trebol de catro follas e un bico roubado o mar...

unha aperta xenerosa.

Bolboreteira dixo...

O meu sempre termina a tope de cousas, é un misterio eu mesma non entendo como o consigo :)..
biquiños!!!!!!!!

Kaplan dixo...

Efectivamente, o misterio habita no interior deles (logo, unha vez cacheado o interior, probablemente non haxa máis do que cousas banais e sen interese; por iso mellor non mirar. Que siga o misterio!)

volboretinha dixo...

a verdade, que os bolsos, gústanme, pero pequenos e cómodos,e canto máis vellos millor...prefiro, máis ben tipo mochila, ou cruzados, non me gusta estar pendente de ir agarrando o bolso, e que se caiga constamente...e as veces agradezco ir sen bolso, cos petos cheos, síntome máis libre de movemento e gústame...

biquiños

Concha López Fernández dixo...

A cantidade de misterios agochados é proporcional ao tamaño do recipiente no que se gardan, aínda que sigo sorprendéndome do moito que se pode gardar en tan pouco espazo, a veces!

zeltia dixo...

:-)
aí estiveches inxenioso
(gustoume o de top copete e top manta)

eses bolsos son horteras con ganas, tanto que algúns deles ata poderían ser de top deseño do feos que son

i esa curiosidade tan grande polo interior dos bolsos femininos, seguro que está estendida ao resto dos homes?
ou che pasa a tí so?
xa che contei que eu levei durante meses un martelo dentro dun bolso? jrande, eh, jrande -case me costou unha lesión no ombreiro-


un bico jrande tamén, hoxe, especialmente.

A.C. dixo...

Pero que bolsos mais feos. Non podo imaxinar como hai alguna muller que os queira levar nin como pode haber algun home que queira saber o que esa muller leva dentro já

ANTON dixo...

O bolso te nmoito de prolongación da intimidade. As propias mulleres non recoñecen esa importancia pero que nos conten canto tempo adican a elegilos.

Carlosm dixo...

As mulheres din que son todos feos e rejeitan os que ti amosas pero eu vejoas a todas com bolso, bolsa e sempre moito pesadisimos. Mesmo como se levasem un jogo de pesas neles. Que levaran, que non o queren dizer?

JorgeCimadeVila dixo...

Tes razón. Non saberemos o que hai dentro pero a ilusión de botar unha partida as damas non nola quita nin dios!! :D

Kim Basinguer dixo...

Eu non entendo como levo tantas cousas dentro.

Aldabra dixo...

ten moita razón Concha, o grado de misterio é proporcional ó tamaño do bolso... aínda que con habilidade pódese meter de todo aínda que sexa pequeno.


biquiños,

Pitima dixo...

Buf.. A min dáme medo mirar dentro... Algúns compartimentos segredos agochan cousas das que ni me lembro...
Eu non podo elixir... Case sempre levo algún que me regalaron. Seguro que ten moito significado psicolóxico (eu non son normal... jaja)
Tamén son moi descuidada, tendo a acumular... Paso moitos meses, ás veces anos co mesmo bolso... así que o seu contido pode ser de interés arqueolóxico incluso... jajaja

Eses bolsos son feos... neso estou dacordo con Zeltia.

E sí, a min dáme moito apuro que me miren o bolso... Se cadra máis que que me miren espida...
Tamén me dá máis apuro que me miren lavándome os dentes que facendo pis.. por exemplo.
E que son rariña eu...

Bicos que levaba no bolso... para algún apuro.... jaja

rula dixo...

Maravilloso complemento,e non só feminino.
Hoxe vemos como os homes empezan a carrexar os seus bártulos en bolsos bandoleira.
Acabouse o da mariconera e o manoconeirismo¡¡¡, incluso o meu pai (xa entradiño en anos) luce orghulloso o seu bolsiño cos seus misterios.

O meu home dí que o bolso é o meridiano de Greenwich feminino, pode que teña razón.
Eu xamais revelarei que cousas levo no meu bolso.

Bicos.