venres, 10 de xuño de 2011

Difícil

Cando hai intención, algunhas doses de maña negociadora e unhas pingas de elasticidade mental; case sempre se atopa a maneira de achegar posturas, para penetrar nas ledicias dos acordos. Acádase así un bambeo sutil e fluído que deriva en compromisos asinados.
Parece que a patronal e mailos sindicatos non foron capaces de atopar ese vieiro da intelixencia, aducindo lonxanías e dificultades insalvables.
Mal. Moi mal. Cousas máis complicadas fixéronse nun Simca1000. E tamén (seica) era difícil. Qué carallo!

Foto: Habitáculo negociador móbil. E se probaran nel?

25 comentarios:

paideleo dixo...

Se probaran a negociar nese coche xa sei a quen lle tocaría poñer o cu.

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno...no negociaron nel e...mira como nos vai quedar (o cu)...

Chousa da Alcandra dixo...

[Unha pregunta para usuari@s de Blogger: Non estades notando un funcionamento "raro" no soporte dos vosos blogues?. Na Chousa percibo desconexións reiteradas de blogspot, un aumento desmesurado de visitas (sobre todo direccionadas dende varios blogues amigos) e reiterados problemas para comentar]

Trasno dixo...

Mui ben traido o tema e mui axeitada narracion dos feitos. Que peniña que non se deran conta do ben que se pode pasar ACHEGANDO POSTURAS PARA PENETRAR NAS LEDICIAS. E como non lograron ATOPAR O VIEIRO DA INTELIXENCIA, agora todos jodidos.
Pena de que non lles propuxeras antes o HABITÁCULO NEGOCIADOR.

galmar dixo...

Parece unha boa proposta!
Eu si tiven problemas para comentar, de cando en vez, aparecía un erro, pero ao actualizar un par de veces, solucionado:)
Boa fin de semana!! E grazas polo teu comentario:)

mfc dixo...

Bem... ficaram-me os olhos no Simca 1000.!!

GINEBRA dixo...

Jajajajajaja, estoy completamente de acuerdo contigo. Primero muy mal en la negociación que, al no llegar a acuerdos, derivará en decretazo... luego, pues lo del Simca ya lo dijo la canción... no hay dificultades que no puedan vencerse con tesón y ganas:)
Bicos

Marisa dixo...

Dame que ese Simca 1000
tenche a sua historia.

Tes razón que no Blogger
ultimamente está a pasar
algo raro.
Esperemos que todo isto
non traia rabo.

Bicos de fin de semana.

Bolboreteira dixo...

O non querer é o que ten así non hai achegamentos de posturas..Vendidos de novo!!!!!!
Eu tiven algún sprobelmas con blogger pero ultimamente todo vai ben..
bicos Chousa!

susana moo dixo...

O caso é que haxa ganas. Habendo ganas mesmo unha moto vale.
Bueno, casi.

mariola dixo...

Como ti moi ben dis, necesítanse varias cousas para chegar a algún acordo, pero cando non hai "intención, doses de maña negociadora e un pouco de elasticidade mental" non se consigue; e menos sen un pouco de sentidiño común.
É se os metemos a todos nese Simca 1000 e lles damos un bo meneiño o mellor volven a súa etapa xuvenil e ven as cousas doutro xeito, non si?
un biquiño elástico.

PD- A min tamén me pasa o mesmo co meu blog, teño problemas para comentar, e outros que me escriben non poden deixar comentarios.

Kaplan dixo...

Podo dicirllo eu, que até me acoplei nun dous cabalos, iso si de rapaz.
E ao final, o de sempre á vista da constitución dos concellos: manobras de todo tipo con tal de ocuparen o poder ou o máis del.

volboretinha dixo...

coma na canción habería que dicirlles a algúns; "eses no es el pito que debes tocar", a ver se así se enteran dunha vez...

e por outra banda, o millor se os pecháramos nun sinca1000,con iso de acortar espacios, tamén se poderían acortar distancias mentais...non?

zeltia dixo...

Cantísimos anos sin ver un...!

Pitima dixo...

O caso é foder... Xa verás ti como arreglan para iso, xuntos ou por separado... hannos foder..

Bico apretado sen compromiso.

mariajesusparadela dixo...

A acordos para nos favorecer non chegan, pero comen na mesma mesa e botan unhas gagalladas vergoñentas. Dalgunha maneira eles fan o amor na punta dun alfinete, se fai falla, pero, o que non entendo é ¿se eles fan o amor, por qué sempre nos foden a nós?

Harmonía dixo...

Pode que a falta de entendemento non sexa por mor do espazo ou habitáculo, senón por falta de intención e/ou capacidade para negociar. (...???)

[Tamén tiven problemas con Blogger hai unhas semanas, ao fin solucionouse]

A nena do paraugas dixo...

Pois seica se poden facer cousas moito máis difíciles ca negociar nun Simca1000!
Pero hai quen nin no espazo máis cómodo que poidamos imaxinar é quen de achegar... posturas, pois inflexibilidade non lle permite mover o pescozo e colocarse no lugar da outra persoa. E así nos vai!

Bicos, señor Chousa.

Dilaida dixo...

Xa é a terceira vez que intento comentar, espero que esta vez por fin me deixe.
Mire eu penso que o que fai falla é que os preliminares se fagan ben o espazo é o de menos cando hai ganas.
Bicos

Kim Basinguer dixo...

jajaja..pero o Simca 1000 estaba disposto a comprometerse e é posible que tivese mais intelixencia que a patronal e os sindicatos.

paideleo dixo...

Eu para comentar non topo problemas.
Si noto que carrega a páxina máis lenta e que hai visitas de páxinas extrañas: estannos vixiando os chineses !.

Carlosm dixo...

Un mui deficiente para eles, si señor. Non merecen nin o caldo polo que suspiran.
E o simca1000 quen no lo dera fai anos. Por dificil que fose atopar posturas para arejuntamento, de seguro que se atoparian. Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Afortunados e afortunadas quenes dispuxeron en aqueles tempos dun simca1000 ou dun seat850 (que tamén era difícil!).
Desafortunados nós que imos de disgusto en disgusto con estes que nos representan, gobernan e opostitan.
Tentaremos mitigar tanto desaguisado poñéndolle algo de picante á cousa; que senón...

Aldabra dixo...

foi o primeiriño no que pensei, xúrocho, naquela canción que dí:

¡que difícil es hacer el amor en un simca mil!

eu pensei que o teu post ía de eso pero non, ti sempre levando as augas para o teu rego.

¡vaia que és listiño!

biquiños,

setesoles dixo...

Os patróns sonche así, xa sabes. De momento viron que a maldición de Rajoy non tiña carácter permanente e pensárono millor.
Normal. É como ofrecerlle un chicle a un rapaz moi lambón á porta do McDonalds. Non ten xeito.