mércores, 1 de xuño de 2011

Calcetar

Se che din que si; non te fíes de todo. Se che din que non, poda que haxa unha posibilidade. Cando din xa veremos, a cousa tende a ser unha negativa aplazada; e se apelan a ter que pensalo, xa te podes dar por jodido.
No xenuino fiar da semántica hai un serio risco de ficar enrocado na ceremonia  da confusión dun fuso xiratorio que non permite discernir se traballamos liño ou lá.
Por iso non é recomendable deixarse guiar por un único sentido; xa que -chegados a este punto da calceta- resulta moi útil considerar que case nada é o que parece.

Foto: Croando en bronce.

23 comentarios:

Filoxera dixo...

Teremos de rever os próprios conceitos (ser e parecer)?
:-)
Beijos.

Alís dixo...

Si a fonética xa contribúe a desestabilizarnos, qué non fará a semántica...
Aínda que non estou moi segura do que digo. Teño que pensalo.

Bicos

Carlosm dixo...

Calcetar e algo mais que tecer fios do mesmo jeito que falar e algo mais que proferir sons. Ben metida esa billa na pedra. Cal seria o canteiro que fizo o buraco?. Saudos.Carlosm

Pedra(s) de Santiago dixo...

Encántame a imaxe!!!
Tan retorcidos somos, ti cresss??

Pitima dixo...

Uissss.. A importancia de ser buen(a) entendedor(a)...
Ben cho sei eu...

E se non o aprendes polas boas... (do dereito).. xa o aprenderás polas malas (do revés)...

Que nos quede ben o punto... que como se solte acabaremos espidos!
Claro que agora tampouco pasa nada que non vai friaxe ningunha... jaja

Bonita billa.

Bico de principesa... a ver se bota auga ese cano...

Concha López Fernández dixo...

Calcetar e tecer semellan ser o mesmo, pero non é o mesmo tecer ca calcetar, como tampouco dá o mesmo resultado ao tacto traballar o liño, o algodón ou a lá. Tampouco se emprega o mesmo instrumental, nin son os mesmos os movementos. Tampouco o tecido ou calcetado serve para os mesmos fins, aínda que compartan obxectivos: cubrir o corpo e/ou a mente e preservalos da intemperie.

Coas palabras e as imaxes sucede algo semellante. Todas teñen un significado de ida e de volta e o efecto resultante depende de se están tecidas ou calcetadas, de se son algo ásperas, pero frescas, coma o liño; de se son suaves e refrescantes, coma o algodón; ou de se son quentes e agarimosas, coma a lá.

Cadaquén que lle poña o procedemento, o instrumental e os materiais que estime oportunos. Logo, se é posible, que analice o resultado.

Todo, ao cabo, ten unha interpretación obxectiva, se se lle busca. O caso é dar con ela.

Bicos tecidos. Ou calcetados. De lá, algodón ou liño. Como mellor che gusten.

mariola dixo...

Coido que os galegos case nunca nos deixamos levar por un único sentido, ou si? non sei.
Parece que o texto lianos a pensar que si, que non, que xa veremos, que todo pode ser, ou que non,
que case nada é o que parece...
aínda somos retorcidos.
A semántica é unha boa ferramenta, pero como todo, ben utilizada.

Gústame como se vai calcetando o texto.
un bico ben feitiño.

Folhetim Cultural dixo...

Olá passando em seu blog e aproveito para divulgar o meu que se chama Folhetim Cultural. Todos os dias da semana noticiário cultural e nos sábados.
7 da manhã: No café da manhã com poesia
9 da manhã: Palpiteca
11 da manhã: Devaneios do Ranzinza por Roberto Prado
15 horas: Charge de alexandre Costa
17 horas: Chá das 5
19 horas: Charge de Fernando Ferrari
21 horas: A crônica nossa de cada dia por Fernando Ferrari

endereço: informativofolhetimcultural.blogspot.com

Conto com sua visita! Até lá

mariajesusparadela dixo...

Pois levan calcetando xa ben tempo...

zeltia dixo...

Bueno, pois eu négome a interpretar. para que hostias temos un diccionario onde veñen recollidos os significados. Se é si, é si. Se é non, e non. Se é xa veremos... pois xa veremos!

[Viches? estreno internet en Dornelas unha conexión algo lenta, iso si. Un pincho deses!]

susana moo dixo...

Non te preocupes Chousa que desfacer o calcetado é doado de todo, se agora dis " xa miraremos", mañán pódese rectificar e dicir un "si quero" rotundo.
ë o bo de sermos imperfectos que imos un pa diante un pa trás, desfacemos e voltamos a facer.
Encántame a billa, ( Onde a mercache?)

xenevra dixo...

Hai veces en que si quere dicir, si. E xa veremos e o desexo de poder velo no futuro, pero que non pode ser certidume. Se o ten que pensar sabremos que aínda queda xente reflexiva; quizais o contrapunto que necesitamos en certos momentos.
chegados a este punto... déixate ennovelar a ritmo de calceta.
beixiños

Marisa dixo...

Pois mira tí que ben
o fiache, o peor e
cando se escapan os
puntos do calcetado.

Es un lince botándolle
o ollo as imaxes.

Bicos e apertas.

Belén dixo...

ahhhh ¡ya entiendo a los gallegos entonces! jajajajajajja

Besicos

Bolboreteira dixo...

As palabras levaas o vento se o final o que conta son os feitos, son os que demostran as verdadeiras intencionalidades.
Xenial coma sempre señor Chousa.
Unha billa ben fermosa.
Biquiños!

Trasno dixo...

Con billas asi de bonitas da gusto ir por auga. Pra que cante a rá jajaja. Moi bo xogo entre fusos, rocas e fiadas. Vexo que sabes moito Chousa. Vas ser mais vello do que pensaba hahahaha

Kaplan dixo...

E aínda se calcetan non hai queixa, o malo é que normalmente fan encaixes de bolillos, e iso xa ten máis complicación
(Con billas así un até querería ter unha hortiña)

Anónimo dixo...

Es usted un sibarita de las imágenes. Y tambien un cuidado soumiller de las palabras. Le felicito por ello y me congratulo de poder visitarle de forma tan gratuita.

Aldabra dixo...

como boa "calcetadora" que son [ben, boa quédaseme grande, digamos que fago o que podo] é verdade que nada é como parece pero tamén é verdade que hai que ser positivo e pensar en que "todo pode pasar", ¿por qué non?.

tí dís que cando alguén dí: "xa veremos", a cousa tender a ser unha negativa, e eu dígoche que o mellor o que quere e darche unha sorpresa e por eso non quere afirmar algo que ó mellor non pode cumprir.

sí, xa sei que vas pensar: "pero que inocente é esta muller", outros pensan que vivo "no mundo de Yupi" pero sabes o qué digo eu: "que me chamen gorrión pero que me voten trigo".

gústame a foto porque me gusta a coor azul... azul herrumbroso.

a calceta é difícil, non penses, hai que facelo con atención, agarimo, paciencia... ¡pero que orgullo se sinte cando te pos encima algo que fixeches coas túas mans!

biquiños,

paideleo dixo...

Nunca me gustaron as medias palabras e prefiro mirar aos ollos onde se aclaran as dúbidas.

A.C. dixo...

Quero supoñer que algunas veces o SI e un si e o NON e un non. E asi como quen non quere a cousa deches un discuros de rocas fusos e fiadeiros.
Bicos

lula dixo...

O noso linguaxe é amplio e rico, se o xuntamos con esa sorna galega, pois dá unha de cal e outra de area, ou unha de pode ser e non é, e de querer dicir o que non se di......a bon entendedor. Agora creo que a vida temos que vivila cos 5 sentidiños, e o que teña o sexto mais..co bonito que é cheirar as cousas, agarimalas, probalas.....
Moito gusto de lerte

Blogboreta dixo...

Nin que sí, nin que non, senon todo ó contrario...

Bicos!!!!