domingo, 2 de xaneiro de 2011

Brinco

Tivemos que atravesar fanfarrias, facer balances mal pechados e esmagar semente de uva na boca. E agora tocan os propósitos enmendadores feitos con semblante serio e rictus convencido, que han corrixir pautas comportamentais pouco axeitadas, hábitos alimentarios deliciosos pero médicamente proscritos, retomar coleccións imposibles...
Pero os que estirpamos a semente ás uvas, non facemos balances, nin temos propósitos enmendadores, e pensamos seguir frecuentando os mesmos templos gastronómicos, e non coleccionamos máis que débedas...so nos queda lembrar que o cambio de ano non é mais que un brinco ben dado. Iso sí con aire de muiñeira!

Foto: Nena de Antas brincando en Arousa

34 comentarios:

Trasno dixo...

O de esmagar as pepitas das uvas e unha tarefa ben pouco agradecida. Tomo nota da idea de "estirparllas" para o ano que ven.
A nena brinca moi ben e salvará con facilidadeos envites do temporal. De onde lle virá o espíritu saltarín??? :-)

Feliz ano para todos os habitantes da Chousa, pola que me movo como troita no rio. Grazas por permitirmo

Folhetim Cultural dixo...

Olá feliz 2011! Parabéns pelo vosso blog!
Quero hoje que você possa conhecer o trabalho feito no Folhetim Cultural que é o blog pelo qual sou responsável este abaixo é o endereço:
informativofolhetimcultural.blogspot.com
ontem sábado 1º dia do ano, voltamos com as publicações.
Ás 9 horas da manhã minha coluna poética
Às 13 horas O Poeta entrevista quadro de entrevista
e ás 17 horas Chá das 5 onde um poeta colaborador escreve uma coluna poética. Ao longo da semana atualizações são feitas com noticiário cultural, espero que possa contar com seu apoio nessa empreitada e que possa opinar sobre o nosso trabalho agradeço a atenção lhe desejo um ano super!

Magno Oliveira
Folhetim Cultural

mariajesusparadela dixo...

Pois eu non esmaguei uvas, pero xúrolle que son de comer hasta fartar, cousiñas gorentosas e sen raio de propósitos de enmenda.
Amo tanto á natureza que o meu propósito e que os meus vermes se farten de comer no seu día...son unha boa anfitriona ¿ou que pensaba?

Bolboreteira dixo...

Eii carballeira!!!!!!!
bicos Chousiña!

fonsilleda dixo...

Eu, brincar brinquei do que non estou segura é de si caín como tocaba caere, é dicir ca cachola no seu lugar, os pes ben postos na terra e os miolos (mira que non son importantes os miolos) ben engrasadiños e tal.
¿Balance?, non fago, ¿viño? sea benvido... as débedas haberá que facerlles frente pouco a pouco.
Pero un brinco coma ese, eu xa non podo.
Bicos.

Dilaida dixo...

Estoulle nunha idade que brincar, o que se di brincar, brincaba se puidese.
Eu cambio as uvas por olivas sen óso, son un pouco enrevesada e abúrrenme moito os costumes, aínda que sexan bos.
Bicos

A.C. dixo...

Eu non fago coleccións nin tampouco era de propostas de ano novo, pero este ano sí que me fixen a promesa de deixar de fumar. De momento vou cumplindo. A ver se son capaz de dar brincos coma os desa nena.
Bicos

Ana dixo...

As uvas foran pasas, as débadas son as mesmas e de propositos xa non os fago que non os cumplo, jeje

Bicos

Carlosm dixo...

Teis moita razom, que do 31 de dezembro ao 1 de janeiro non hai apenas um brimco de nena ágil.
(Mesmo semelha que vai danzando uma munheira, sim senhor). Boa captura no ar. Saúdos e bo ano 2011. Carlosm

mariola dixo...

Fágoche unha pregunta , é primeiro a foto e logo a idea? ou é o revés?
É unha curiosidade de poeta.
O paso dun ano a outro é pequeno, como ti ben dis como un brinco, pero hai que dalo ben, porque deste brinco depende o día a día e o que nós fagamos coa nosa vida.
Agora tamén che digo que os novos propósitos nos sirvan- ás veces facelos realidade é mais fácil do que pensamos- , eso sí a golpe de ledicia e baile e de algún que outro brinco.
un bico saltarín.

Magdalena Malungo dixo...

A min as veces dame vértigo brincar, pro unha ves que o consighes, uf, salvei! Agora a correr e disfrutar! Bi-cos brin-ca-dei-ros!

zeltiavertida dixo...

Os propósitos, ás veces, consíguense...
[Eu propúxenme deixar de fumar un 1 de xaneiro de hai 10 anos, e conseguino -e eso que non tiña que ir fumar á rúa, como terán que facer agora os fumadoressss-]

O brinco da nena é espectacular, mira que músculos, mira como voa. ay(suspiro)
máis pouco brinco é pasar dun ano a outro ¿va que non?

Alís dixo...

Só hai un segundo dun ano ó outro. Nin sequera fai falla un brinco moi grande, apenas un paso, pero cambian cousas (non todas e menos mal), aínda que só sexa o almanaque.

Feliz aninovo

Bicos frescos, deste ano

busto.agolada dixo...

Despois das túas reflexións espero e desexo que a vida siga o seu curso rutineiro e sen sobresaltos pero co impulso deses brincos que tan ben recolles na imaxe. Que teñades o mellor ano posible no medio desta crise que non cesa. E moitas apertas.

Harmonía dixo...

"Venimos corriendo y corriendo
por una larga pista de siglos y de obstáculos.
[...]
y nadie sabe cuántas
veces hemos saltado
para llegar aquí,
ni cuántas saltaremos todavía..."-León Felipe

Esperemos que nos queden aínda moitos bos saltos que dar ao longo deste ano! O primeiro brinco, o da imaxe, foi para premio!

Raíz Verde dixo...

Tes toda a raçom, morra a Marta morra farta!

Umha aperta!

GINEBRA dixo...

Jajaajaja, me imagino saltando con aires de muñeira:))) en mi caso de jota extremeña, supongo:)

Pues mira, Chousa,ya somos dos los que no nos hemos propuesto nada en realidad este año. "Virgencita, virgencita, que me quede como estoy"...
Las proposiciones por tradición e imposición propia me parecen poco prácticas y también bastante aburridas.
Mejorar como personas día a día es, quizás, el único y valioso empeño que todos debiéramos tener...
Besos

Ricardo Miñana dixo...

Muchas felicidades para este año, dale vida a tus sueños y que la crisis económica pase de largo.

¡¡Feliz año 2011!!

Un abrazo.

Chus dixo...

Eu as uvas cominas, pero esquenceuseme unha na cunca, asi que logo, disculpeime, dicindo que bueno, con isto dos recortes, e xa que chega o 2011, tanto ten 11 ca 12, .
Feliz aninovo, seguirei vindo pola tua chousa.

Chus

A do outro lado da xanela dixo...

Os meus propósitos máis sinceiros este ano:

- deixar de facer listas interminables de propósitos que non vou cumplir.

-tentar ser feliz, e facer felices os demáis.

Bico!

Raposo dixo...

Pois con brincos e aires de muiñeira é como che quero dicir que teñas un bo 2011 (débedas e propósitos de enmenda aparte).

Merce dixo...

Brinquemos logo, e moito mellor seguir brincando como se poida, pero o caso e brincar :)

Biquiños brincadeiros :)

elvira carvalho dixo...

Feliz Ano Novo amiga. Muita paz, muita luz, muita saúde, e tudo o que mais desejar.
E dia 31 de Dezembro voltamos a fazer os mesmo com os mesmos propósitos.
Um abraço

Marisa dixo...

Querido Chousa que
o teu pé non falle
o brinco e que sigas
deleitándonos con
imaxes e palabras
moitos anos.

Bicos e apertas para este ano.

Aldabra dixo...

A mín o dos balances non che me gusta nadiña, e que eu son máis de letras. Eso sí, o de dar brincos gústame. ¿Será porque meu horóscopo e Capricornio, a cabriña? Non sei. De tódolos modos as veces hai que saltar de pedra en pedra sorteando as dificultades para non dar de bruces no chan e romper todos os dentes. O de pasar dun ano a outro só é unha costume máis, non hai que darlle tanta importancia. Biquiños,

Sun Iou Miou dixo...

Pois eu dígolle que pasei dun ano ao outro sen brinco ningún. E tomei as uvas (que non serve de nada, garántollo, porque o ano pasado tomeinas por primeira vez e o ano non puido ser peor (en fin, sempre pode ser peor, non tentemos o demo) e este ano tamén, e pareceume que cada vez dan as badaladas máis de vagar, porque eu sempre me esganei co raio das uvas e agora tómoas e sóbrame tempo.

Ai, a foto: bárbara.

Pitima dixo...

Eu tamén estirpo a semente das uvas... E mira que me critican ben por eso. Din que é facer trampa. Pero digo eu, qué boa sorte vou correr se deixo que unha carabuñiña desas se me cole no apéndice, ou me faga atragantar e me xogue unha mala pasada... Pois eso, que millor tentar á boa sorte, e non á mala ¿non?
¡Por lóxica!
E non me digas que ti non fas balances, porque iso é mentira... que o ano pasado ben que me fixeches o informe do ano, e ben que me gustou.... Tanto que este ano o botei en falta.. jaja. Ó bo acostumase unha máis cedo que tarde, e xa nos pensamos que ten que ser tradición... ;P

Bico saltarín. Esta vez non se mollou, non... jaja

xenevra dixo...

Reivindico as uvas sen pebidas e sen pel, as campas con ritmo de muiñeira e os soños coa livindiade das burbullas do cava. e que medren as ilusións, meu!! que medren!!

cascarilleiro dixo...

Boa captura¡¡

Feliz Aninovo¡¡

Saudos.

Son Unha Xoaniña dixo...

Mira que eu tamén lle estirpo a semente ás uvas, e tamén frecuento templos gastronómicos, e colecciono débedas, asíque tamén penso que o cambio de ano non é mais que un brinco, ou se cadra un paseiño traspasando unha pontiña ben fermosa desas que vostede fotografía tan ben.
Bicos.

Kaplan dixo...

Ás veces mudar o ano nin chimpos requere: pásase de coller a copa coas uvas a recibir apertas e pullas por non dar aberto o cava após a última badalada.
Boas pernas chimpadoras teñen as señoritas Chousa e Kaplan: falta lles han de facer con todo o que lles queda por saltar (e nós que o vexamos)

Alís dixo...

Hola, Chousa
E conta: tocou algo na do Neno ou non? Só é por saber si teño que comprar o billete de avión ou sigo disfrutando deste verán...
Espero que polo menos tocase o reintegro para que podas tomar unhas cervexiñas á nosa saúde.

Bicos

Concha López Fernández dixo...

Brincar, si, pero con tino. No vaia ser que caigamos co pé cambiado e perdamos o ritmo e o paso da muiñeira.

Feliz 2011, señor Chousa. E que siga vostede brincando!

Chousa da Alcandra dixo...

Apurando os últimos traguiños das chamadas "Festas do Nadal", imos pechando cancelas para volver á realidade da choiva diaria.
Desexo que todas e todos brinquedes durante o 2011 por algún motivo.

A respecto de que se é primeiro o ovo ou a galiña, dicir que non é doada a resposta. Unhas veces xa vedes e outras que vos vou contar...

E, si: volveunos tocar a lotería!!!!. Alomenos o reintegro está amarrado novamente. Esto é un sinvivir con tanto premio, carallo.