martes, 28 de decembro de 2010

Decisión

Vai ser unha noticia de primeira magnitude para o país. Nada até o de agora logrou enfiar con tanto xeito e atino unha decisión desta trascendencia e calado.
E foi lograda mediante un consenso total entre as forzas políticas. Os do paxaro, os da flor e mailos da estrela acadaron un acordo sin precedentes. Ídelo ver axiña en cada aldea, xa que a Orde sae no Diario Oficial hoxe.
Todos os potreros de Galicia van ser recuperados como sedes das Subdelegacións gubernamentais en cada parroquia galega!.
Estarán rexentados polo pedáneo, con rango de funcionario a tercio de xornada, e dotaranse de fax e WiFi, ademáis de auga corrente e aire acondicionado. Non se di nada de que teñan toma de terra, pero vista a boa vontade política, podemos apostar que tamén contarán con ela.
Esta decisión é unha clarísima aposta pola sostibilidade da aldea, ademáis de optimizar  recursos e pór en valor unhas estructuras sociais que estaban a piques de pasar ós museos etnográficos, e -de paso- achegan a Administración ós cidadáns.
De xeito colateral, a ninguén se lle escapa que este paquete de medidas tamén pretende recuperar dous elementos esenciais da arqueoloxía galega: o ladrillo visto e maila uralita.

Foto: Potrero. Futura delegación da Subdelegación do Goberno.

28 comentarios:

zeltia dixo...

un potrero é un sitio onde se crían potros?
é un establo?
que lle estás a chamar aos políticos esta vez, exactamente?

gústoume iso de dous elementos esenciais da arqueoloxía galega: o ladrillo visto e maila uralita.


[por certo, a inocentada do Inocencio foi insuperable] :D

Eva G.Rei dixo...

Moi inxenioso e divertido, Chousa.
Feliz día dos inocentes, bo Nadal e mellor 2011.
Saúde e terra!

fonsilleda dixo...

A lo menos no da foto haberá amoriñas no seu tempo. Non sei ben si o fax e a wifi, con toma de terra ou sin ela, rematarán ca produción.
Tamén penso que pode chegar a ser responsabilidade de mais para os pedáneos e inda por riba o poder que levará implícito o cargo.
Non sei eu, non sei...
Bicos cheos de dúbidas.

Z. dixo...

talque pral ¿flija? ... ~%&@
¿euru sut? #(agrir)¿...? @{}>

Alís dixo...

Como estou lonxe, cóstame saber cánto hai de certo no que contas e cánto de ironía. En todo caso, paréceme ben que se aproveite todo o que se poda.

Iso sí, ó final arrancáchesme unha boa risotada.

Bicos

Dilaida dixo...

Vaia eu non sabía que se chamaban así, non lle porían o nome tamén?
Eu tamén oín que era onde irían a partir de agora os políticos a dar os mitins e cando prometan cousas que nunca van facer os cidadáns poderémolos atar aos ferros onde se ataban as vacas...o que fagamos con eles, depende da ofensa.
A verdade que che é un acordo que todo o mundo estaba a esperar e non daba chegado.
Que o día lle sea leve señor Chousa, bicos.

mariajesusparadela dixo...

Pois non sei se tamén se chama "potrero" o sitio en que a xente levaba a vaca ó boi. Porque aquí, en Paradela, tamén temos ún.
Estarei encantada de coñecer ó novo subdelegado (¿ou haberá que chamarlle boi?)

Anónimo dixo...

jajajaja tes unha retranca moi ben dotada Chousa. Non das puntada sen fio.
Gracias por facerme rir. Un bico

A.

Carlosm dixo...

A ideia e xenuinamente caralhuda. Pemso que seria un magnifico jeito de reutilización inteligente dunhas construçoms desaproveitadas.
(o da toma de terra e fundamental :-) ). Saudos.Carlosm

irene dixo...

Con lo que me gusta a mí esa tierra..., la gallega quiero decir, ahora mismo voy a echar una instancia para cubrir un puesto en una de esas Subdelegaciones, me encanta el look de ladrillo visto y uralita, ¿hay plazas vacantes en Antas de Ulla?
Biquiños, Chousa.

Sun Iou Miou dixo...

Eu poríaos sen toma de terra, para que lles largase unha boa sacudida de vez en canto. :)

Aldabra dixo...

A túa suxerencia é para nota. ¡Pero coma pensa a túa cabecita! ¡Potreros! ¿E levarán tamén calefacción?, que non dís nada dela e xa sabes que no inverno no monte vai moito frío.
Aínda que como van as cousas, a todo se chegará… ¡quen sabe!
Biquiños,

A.C. dixo...

E que estudios hai que ter para optar a esa praza. A min pode interesarme unha. jajajaja. Moi bo
Bicos

Marisa dixo...

Como bo galego
a retranca non che falta,
facer dos potreros as
subdelegacións do goberno
non estaría mal, con ladrillo
a vista e maila uralita,
todo incluído.

Moitos bicos e boa
entrada de ano.

Maribel-bel dixo...

Eu só pido facer in-situ valoracións de medidas,recortes, chanzos etc. para valorar a capacitación. Avísame para toma de muestras e selección do persoal. Bon ano teñas Inocencio.

Harmonía dixo...

Ladrillo e uralita + fax e WiFi: unha fórmula maxistral! Co pedáneo a cabeza e boa vontade... Imos consultar o DOG de hoxe para averiguar máis detalles.
Unha Orde moi apropiada para unha boa inocentada!!

Son Unha Xoaniña dixo...

Vexo que en realidade trátase dunha inocentada, pois téñense visto cousas piores e a ninguén se lles pasa polo maxín que sexan inocentadas.
"Clarísima aposta de sostibilidade" Adicanse a isto agora no I+D+I.
E desde Logo non se pode deixar perder ises dous elemntos imprescindibles na arqueoloxía Galega.
Coma sempre afina vostede moi bem
Saúdos

Bolboreteira dixo...

Antes de nada felictacións polo teu santo...chego unhas horas tarde pero máis vale tarde...
Non se podia invertir cartos (que non hai) noutra parvada mellor?
Están tolos estes políticos..

Bicoss!

Bolboreteira dixo...

Esto era unha inocentada...Pois tragueimo..a min xa non me sorprende nada.
bicos.

mariola dixo...

Ninguén como ti para parir semellante idea! Os potreros como sedes de subdelegacións gubernamentais!
A quén se lle ocurriría iso!
Desdelogo que tes unha mente privilexiada!
Fixéchesme botar unha boa gargallada.

Bicos e feliz entrada no 2011.

Trasno dixo...

Moi enxeñoso, retranqueiro e divirtidísimo. Chousa eu penso que temos que ficharte como trasno. Espero poder seguir disfrutándote así no 2011. Bicos

Kaplan dixo...

Bonito nome o que teñen. Non son antecesores das barras americanas nas estradas?
Enfín, tanto monta...

GINEBRA dixo...

Este tipo de iniciativas siempre son interesantes, al menos evitan que la cultura centenaria de estas aldeas quede relegada a un museo, como dices... de vez en cuando Papá Estado se estira un poco, aunque a veces el desembolso inicial no se ve recompensando con el modo en que los burócratas gestionan esos recursos. Espero que no sea el caso.
Besos, bicos y más para este Nuevo Año que empieza:)

Raposo dixo...

Vaia desde aquí o meu aplauso e felicitación por esa decisión que, sen dúbida, é unha das mais importantes que tomaron os políticos galegos (eses badulaques) no que vai de século.
A miña noraboa a todos eles.
E para ti, Chousa, felices festas e un bo aninovo.
Unha aperta, amigo!

Artabria dixo...

Feliz Aninovo Chousiña!!

Chousa da Alcandra dixo...

Veño facer outro breve inciso aquí e agora, para desexar que as cousas se vaian endereitando (aquelas que a súa forma idónea non sexa con curvatura...), que a confianza vaia retornando e que se calmen os ánimos da mala uva. Que hoxe hai que comer doce e se son malas...manda carallo!.

Kim Basinguer dixo...

Se non fora por ou dia que escribeches este post creeria nos milagres politicos.
Feliz ano.

A Nena do Paraugas dixo...

Unhas endereitarán e outras non. Pero do que estou segura é de que o teu enxeño ha de siguir tan vivo como ata agora. Ou iso che desexo, ademáis de saúde e sorte.

Feliz Aninovo!