domingo, 19 de decembro de 2010

Buzón

O teléfono non anulou a figura do carteiro como transmisor de emocións e ledicias (agora só carrexa publicidade misturada con recibos bancarios, salpimentados con multas de tráfico e requerimentos fiscais). Persiste a necesidade de construir con fonemas debuxados o que coa voz podería resultar  esdrúxulamente efémero. O epistolar é o que as puntillas son á  lencería fina...Así que naceu o correo electrónico.
Suprimido o carteiro do concerto das emocións, resultaba unha obviedade prescindir dos buzóns.  E nese baipás que puxo en contacto directo ó emisor co receptor, incluiuse un cambio de denominación do recipente externalizado, frío, marelo e anguloso; pasando ó garimoso, cálido e pre-íntimo nome de "bandexiña de entrada".

Foto: Buzón torto. Demasiadas esdrúxulas?

47 comentarios:

Dilaida dixo...

Esa caixa do correo a pique de soltarse do único parafuso que lle queda seguro que viviu mellores épocas que as actuais. Estou de acordo con vostede no que di da bandexiña de entrada, salvo no cualificativo de "cálido" para min era máis cálidas aquelas cartas que lías e relías e que conservabas ao longo dos anos.
Bicos

GINEBRA dixo...

La verdad que el buzón dice mucho de los nuevos hábitos de comunicación. Espero que no se caiga en sobre la cabeza de algún transeúnte, Chousa:)
Lo importante es la comunicación en sí, sea de una forma u otra, aunque los correos electrónicos son "algo más fríos" que la tradicional carta, en la que no sólo contaban las palabras, también los trazos que cada cuál les da...

Bicos.

Alís dixo...

Eu extraño aqueles buzóns grandes nas esquinas, extraño a costume de enviar e recibir cartas; de ver a letra da persoa querida na tibieza dun papel, ás veces perfumado; extraño os buzóns cargados de boas novas. Os nosos fillos non saberán de qué falamos, pero eu aínda me lembro.

Menos mal que, como dis, existe esa "bandexina de entrada" que pode recoller tanta intimidade, e que compensa as distancias coa inmediatez, e a frialdade dunha pantalla e dunha letra de imprenta coa tibieza (incluso torridez, que de todo hai) das mensaxes.

Bicos por escrito

zeltia dixo...

pre-íntimo nome?
bandexiña de entrada?
ai, chousa, vasme resultar un romántico!
:-)

Certo que nas cartas pódense exercer matices no discurso que non se dan falando por teléfono.
A tranquilidade para pensar o que se quere dicir,
escoller as palabras cando é dificil o que se quere transmitir, deleitarse en embellecer a expresión,
buscar os adxetivos e os nomes que mellor lle acaen ás emocións do momento...
Claro que como a linguaxe dos ollos,
como o ton da voz...
poñamos que os tres métodos son complementarios na comunicación e que todos eles teñen o seu momento.

que verde a foto, non si? a porta, o verdín da parede... só ese buzón aí, non encaixa.

Kaplan dixo...

Mañá (hoxe os estancos pechaban) sairán as miñas felicitacións de nadal aos amigos; xa saben que eu sigo coa tradición, aínda que é verdade que son a única correspondencia en papel que mando e que recibo. Fóra as multas, que algunha chega.

Isabel - Frabisa dixo...

He venido hasta aquí con el único propósito de desearte unas muy felices fiestas y un venturoso 2011.

Nos vemos el próximo año, no es un deseo, es un deber.

Un biquiño, Chousa, non bebas moito.

Isabel

mariajesusparadela dixo...

Pois amin ségueme gustando moitísimo recibir cartas.
Das de antes. E, a xente sábeo e, as veces, fanme feliz.

fonsilleda dixo...

Meu correo manuscrito anda ainda mais torto que o buzón da foto. Acho que quedei farta do que lle manuscribín o mozo, naqueles tempos nos que nin TV coñecíamos.
Pero é certo, a min gustábame moito o carteiro coa gran carteira de coiro o lombo e as conversas que xurdían o intercambiar os "bos días".
Saúdos, un pouco húmidos en fríos estes días.

Merce dixo...

E non sabes ti ben o traballiño que me vi supor a min eso das comunicacions oficiais a través do correo electronico...

Voume facer ermitaña nunca cova no medio do monte!!!

Aaiissss o que me espera...

Co guapiño que e o carteiro...

Anna Mora dixo...

Doncs aprofitant el correu electrònic , et desitjo que passis un Bon Nadal i feliç Any Nou !
Petons de Catalunya .
Anna

Blogboreta dixo...

O teclado e a pantalla sonche moi frios, a única vantaxe é a semi incognita do outro lado. Eche coma unha ristra de chupitos: deshinibe moito e soltanse os dedos e a imaxinaria.
E que doutro lado do espello somos quen somos amais doutros catrocentos persoeiros máis acochados tras dos dediños....

Respecto o carteiro... ¡¡ qué chame duas veces!!!

Biquiños postais :* :*

Bolboreteira dixo...

O que me gustaba recibir cartas por correo ordinario hoxe en día as cartas que chegan suelen ser máis digustos que outra cousa..
Os tempos cambian!!!!!
Bicos vituais!

Chousa da Alcandra dixo...

DILAIDA: Referíame na calidez á importancia do contido e/ou do remitente.

GINEBRA: Sin duda algunha o importante é sempre a comunicación. En buzón torto ou en bandexiña cálida...

ALÍS: Algún día argallarán o xeito de remitir aromas a través da rede. Qué perfume enviarías ti?

ZELTIA: Menos mal que hai quen me vai descubrindo o antifaz. Costouche, pero ó final...cacháchesme!

KAPLAN: Admiro esa iniciativa. Ogallá non fose tan preguiceiro para poder secundala. Talvez para o ano que ven...

ISABEL: Agradezo moito a túa salutación (e constato a orixinalidade da túa postal). Non sei se poderei obedecerte no consello de non beber. E que son peixe e non paran de cantarme "beben e beben..."

MARIAJESUSPARADELA: É ben certo que eu tamén recibo algunha carta desas que dis. E recoñezo que tamén me gustan. Teño que facer propósito de enmenda!

FONSILLEDA: Que sería de nós sin aquelas cartas amorosas dobladiñas e relidas unha e mil veces...Habería algún carteiro/a cotilla que as mirase???

MERCE: Certamente, perdemos o posible sexapil do/a carteiro/a cachondo/a. E xa nos contarás que te retén secuestrada, que me deixaches preocupado.

ANNA MORA: Deséxoche o mismiño que ti me dis. Tan so que eu estouno a pensar en galego. Bicos tamén para ti.

BLOGBORETA: con ese buzón da foto, o carteiro tería que chamar varias veces si jajaja. E seguro que dentro da casa hai unha mesa axeitada para...deixar o correo!

BOLBORETEIRA: A verdade é que o ordinario case é o mellor jajajaja. En todo caso eu recollo con agrado os teus bicos virtuais!

Alís dixo...

Pois depende do destinatario, Chousa.
Se fose para ti, sería un agradable, por suposto. Non moi forte, seguramente tirando a cítrico, ou pode que máis doce...

E ti?

Bicos perfumados

Aldabra dixo...

xa casi ninguén escribe cartas, eu tamén deixei de facelo, cando deixaron de contestar as que escribía, sentíame unha tontiña sentimental, claro que ó mellor son así.

renunciei a pesar de que algo me carcome por dentro algunha vez que o penso.

biquiños metidos nun sobre.

A.C. dixo...

Pero mira que sentimental te puxeches. Vai ser por esto das datas nas que andamos, que che fan sacar a tua vena romántica.
A min tamen me gustan as cartas en papel, pero non me escribe naide. Solo propaganda a mogollón.
Bicos para a tua bandexiña jajaja

Maribel-bel dixo...

Con este post recordo cando recibía cartas(alá polo 1985)dun amor que tiña. Cada vez que viña unha eu marchaba a lela, escondida como roubando toda a inocencia do mundo. É o que hai, a revolución e a tecnoloxía que nos van levando por camiños máis fríos pero tamén máis cómodos e rápidos. Un bico cheiño de letras

Trasno dixo...

Ese buzón da foto necesita un nivelado, polo demais todo encaixa moi ben. O marelo co verdín da parede rematando no verde definitivo da porta. Toda unha odisea do abandono moi ben capturada polo ollo máxico do capturador de historias que es ti, Chousa.
Bo Nadal, cheguen por onde che cheguen as felicitacións.

mariola dixo...

Os tempos cambian , chousa, e hai que ir adaptándose a eles; aínda que a mín costoume un pouco acostumarme as novas tecnoloxías.
Dame mágoa que se perdan as cartas agora inexistentes, o nerviosismo e a emoción con que as esperabas, cómo líamos unha e outra vez as cartas do noso amor enchidas de lirismo... en fín...

Quizás agora é maís frío, pero ten tamén as súas vantaxes.

Agora ben, o caso é estar comunicados, apreciar tódos estes vínculos e quitarlles proveito, sempre de forma constructiva e para facer o ben.
Que pases unhas boas datas.
un bico de corazón.

Raposo dixo...

Neste mundo que nos vén enriba o carteiro logo vai ser unha especie en extinción, como o sereno doutros tempos.
De momento e por sorte aínda hai algúns (carteiros) que chaman dúas veces.

Pitima dixo...

Fixechesme recordar o carteiro da miña niñez... Nós non tiñamos buzón, porque a porta do taller sempre estaba aberta e o carteiro deixaba as cartas alí enriba do torno que estaba na entrada, que ronroneaba encendido, entre as once ou doce da mañá. Era baixiño, viña en moto, e tiña unha saca de coiro ben grande que montaba na máquina coma se fose un cabalo. Ás veces paraba no bar de enfrente (o único do barrio), para tomar unha taziña...
Cando xa era unha "poliña", jaja, lémbrome dalgunha mañá ben atenta ós sonidos, para ver cando chegaba a moto...
Tróuxonos cartas da Arxentina, as noticias do tio Juanito!!, tan poucas, e tamén a revista de tódolos meses do meu irmá... durante tantos anos!
Eu teño a caixiña esa na entrada da casa, e non está torta... Agora teño unha carteira, que lle ten medo os cans, claro... jaja, e que cando trae algo de verdade interesante chama o timbre (algún paquetiño, os certificados de facenda... aisss).
Así que a caixa...., a supervisa o Druida de cando en vez, porque eu olvídome dela a cotío...

Bicos descuidados!!
Pd. Sí, xa sei, tamén descuido ese outro correo, o electrónico... jaja. Como dice o meu reisiño... non pasa nada!! se nos olvidamos algo ¡chamamos ó móvil de papá Noel! e xa está !!

Carlosm dixo...

Cartas e cartos parece que non discorren por caminhos paralelos. Siguem gostando unhas e outros pero os porteadores son distintos.
Eu tamben te vejo romántico, pero eu já era conhecedor desa faceta tua e parece que hai quem se vai decatanto do asunto. Saudos. Carlosm

Pablo Gonz dixo...

Un gustazo leer el galego.
Saludos cordiales,
PABLO GONZ

mariajesusparadela dixo...

Iso que nos tocou, señor Chousa, se non che importa invírteo no Neno.

(Eu querería mellor que me tocaras ti, pero son velliña e non me atrevo a dicircho)

Chousa da Alcandra dixo...

Queda declarado este post como Buzón de suxerencias da Chousa. (Tiña prometido vir á inauguración o Ministro de Palas, pero está moi ocupado xestionando as confidencias do Presidente e disculpouse moi elegantemente, así que facemos o acto [...] sin Ministros)

Anoto a túa -suxerencia- sobre o destino do magnífico premio acadado, María Jesús.
En relación coa segunda parte do comentario, direi que -se me deixan na Residencia- pola miña parte non hai problema en que nos amañen o encontro!

:-)

mariola dixo...

Anda, e tocou!
Estou dacordo cono María Jesús, invírteo no neno , a ver se toca .
De todas formas, moitas grazas polo agasallo.
un bico.

irene dixo...

Me he puesto triste, me entró morriña, me gustaban las cartas en papel, mandarlas y recibirlas, esperaba impaciente al cartero que me traia esas cartas de amor, tenían un encanto especial, ahora lo que tú dices, sólo propaganda, cartas del banco y alguna que otra mala noticia de Tráfico o Hacienda, pero dejémoslo, son días en los que hay que estar felices y contentos, jajaja, quieras o no.
Yo te deseo mucha felicidad, felicidad completa, o lo que es lo mismo, salud, dinero y AMOR, ahora y siempre.
Biquiños, Chousa.

zeltia dixo...

Pois a miña suxerencia e que isto que nos tocou, xa que foi un agasallo teu, ben podiamos nós agora agasallar á Asociación Folk Antas, e que no festival ese de Agosto nos dediquedes unha repichoca!!!

Dilaida dixo...

Vaia! e eu que pensaba que era gafe, por iso nunca compro a lotería.
Pois eu penso o mesmo que María Jesús, refírome a investilo na do Neno.
Moitas grazas polo agasallo, ao mellor á segunda vai a ganadora e podemos facer un bo churrasco e de primeiro polbo a feira.
Feliz Nadal, bicos

Marisa dixo...

Tes razón, eu aínda
que teño un fermoso
buzón integrado na pedra
do portal so chegan
todos eses papeis que
tí dis, bótanse en falta
aquelas misivas que
nos facían agardar ó
carteiro no camiño.

Recibe a miña afectuosa
e sincera felicitación
do Nadal inda que non sexa
da man do teu carteiro.

Biquiños.

Kaplan dixo...

Que alegría erguerse e saber que nos tocou a lotería. Non se me ocorre mellor cousa que investilo na de Reis, como di Mariajesusparadela, e así temos máis tempo a pensar.

rula dixo...

buenooooo¡¡¡¡
A sorte pasou por Antas¡¡¡¡¡
Dacordo en reinvertilo no Neno.
Noraboa polo premio a xenerosidade.

fonsilleda dixo...

Eu viña por os cartos pero xa vexo que teño que apañarme cos vellos ¿ou bellos?.
Que lle imos facer?
Entretanto eu, querería facer chegar a todos os "menistros" a miña solicitude pra que se fixesen ponderados e bos (non pra eles, senón pra todos).
Deixo a petición, xa que semella que ti tes algunha influencia.
¿Non?.
Saúdiños

Bolboreteira dixo...

E eu queixandome de que nada me tocara..Vai sorpresa.
Opino como o resto invirteo para o sorteo de Reis.
Bicoss mil!!

zeltia dixo...

ahhh! que tocou a devolución nun dos números! onte estaba medio durmida e non souben nin o que escribín...

[ostiá, pois cos 5 euros ben podiamos reservar un menú degustación para todos nós en Casa Pardo]

:D

Harmonía dixo...

E eu, tamén coma Bolboreteira, queixándome de que non me tocara nada na lotería... Non lembraba o número. Que sorte!!
Opino coma os demais, invírteo para o sorteo do Neno; ou fai o que vexas, como es o dono do billete:-))
Apertas de nadal.

Pitima dixo...

Qué ben!!!
Boeno, pois con tantos cartos xa non podemos fallar na lotería do neno... jajaja
Todo ou nada, qué non se diga que non nos atrevemos ou nos quedamos a medias tintas.

Bicos gañadores!!

Pd.Eu voto por reinvertir, pero o que decidas ti estará ben. Eso sí, o de ir a Antas vai tardar... Vas ter que esperar un pouco...

Raposo dixo...

Eu ía suxerir que os gastaras en cervexa pero como todos queren que llos dés o neno...

xenevra dixo...

A min non me tocou nada nin ninguén... mais estou segura que é por causa da neve (fiúuuuuuuuu)
Pasei por aquí, ausente durante un tempo, para deixar presente na túa "bandexa de entrada", que espero sexa caixa de agasallos, un grande desexo de felicidade.
Que non desapareza o romanticismo que precisamos de piratas!!!!
e que medren os soños!!!

Chousa da Alcandra dixo...

[Permítaseme
unha leve interrupción
neste buzón
para desexar
unha moi feliz
Noiteboa,
e tamén
que haxa
moitas noitesboas
de hoxe en diante!
]

Alís dixo...

Brindo por tódalas noites boas que nos agardan. E por que sexan moitas.

Felices festas!

fonsilleda dixo...

As noitesboas son de agradecer agora e de hoxe en diante.
Que así sexa. (je je(

Son Unha Xoaniña dixo...

Semella vostede un romántico, pero adaptouse ben as novas técnicas polo que se ve.
Parabéns por iste magnífico blogue.

Pitima dixo...

Que sí, que tamén descoido o móvil...

Son unha des-moito-coidado!! ;DDD

Felices Festas Padriño!

Chousa da Alcandra dixo...

Reinvestidos quedan os cinco euriños do reintegro que houbo no 04700 do 22 de decembro. Agora os 29 comentaristas do post "Argallar", xogan a estoutro número máis espelido que é o 28723.
E, como xa comentei por algures, como toque calderilla outra vez...tomarei un chiquito á saúde de tod@s!!!

mariajesusparadela dixo...

Mira: xuntando o que dí Dilaida do polvo e o que dis ti da noite boa,
¿en que residencia estás?...

xoaninha dixo...

Está isto cheo de proposicións deshonestas.
Eu viña darche as grazas polo trafegar este do décimo para acá décimo para acolá...

(como levamos o dia dos inocentes?)