luns, 24 de xaneiro de 2011

Sede

Había quen pensaba que, cando poidese, ía ser o pintor que tinxiría de azul a nosa vida. E que o faría ben (hai xente para todo). Que era o máis idóneo para sacar as castañas do lume coa eficiencia da eficacia necesaria nestes mares abertos.
Había quen pensaba así; pero agora sabemos que unicamente é un paxaro sedento.

Foto: Paxaro con sede.

41 comentarios:

Marisa dixo...

Un paxaro sedento
que non deixa de
estar atento a procura
da auga da vida, mellor así
que non moverse
porque xa se está agasallado.

Bicos e apertas.

Blogboreta dixo...

Dibuxárono mal... os boitres no son tan bonitiños e mareiros.

Biquiños desinspirados.

A nena do paraugas dixo...

Xa se sabe. As apariencias enganan. Case sempre. E de certos paxaros, mellor non fiarse moito, pois igual a súa sede soamente se pode saciar coa suor allea...

Saudiños.

A.C. dixo...

Jajajaja estou segura de que hai xente no pp que ten pensado que unha gaviota non é o mellor paxaro identificador. E no outro bando tamen jajaja
A foto coma sempre magnífica, pero dame a min que non foi en Antas onde a fixeches.

Eastriver dixo...

Puede que no, puede que no... puede que la poética inicial sea la cierta... Pero el pájaro no quiere que se sepa. Muy bonito.

fonsilleda dixo...

O que dis, a túa reflexión podería levarse ao campo da política mesmo aos propios pintores, a eses persoeiros (homes e mulleres) que din calquer cousa pra chegar (ainda que non saiban onde).
Pero tamén pode falar de alguén coma min ou ti, cheo de boas intencions que sempre semellan chegar.
Podería ser tamén o "paxaro sedento" da hermosa foto.
Bicos.

Dilaida dixo...

Polo que se oe ten sede de todo tipo, máis ca unha gaivota parece un morcego e por riba a cor azul, co fría que é esa cor, xa nos podemos preparar para os próximos invernos, mimadriña!!!.

Bicos

zeltia dixo...

pero que pasa ho, que non vos enseñaron no catecismo resignación cristiá?

Encántame esa foto azul. O azul da foo. Os dous azuis. As liñas rectas. O paxaro, pousado, rompendo as liñas.
Gústame unha chea e iso q non é de Antas (Supoño)

Chousa da Alcandra dixo...

Pois supós ben, Zeltia: enseñáronnos resignación. Pero fai tanto tempo que...esqueceunos!
E se non é Antas; quen se atreve a dicir onde tomei esta foto?.
(Elegante novo avatar)

Kaplan dixo...

Non é unha gaivota o que se ve aí?

Aldabra dixo...

¿sediento de urnas?
biquiños,

susana moo dixo...

Tesnos que nos dar mais pistas Mr Chousa, porque pajarracos hainos en todalas esquiñas.

Bolboreteira dixo...

Iso sempre foi así.A sede é o que move a eses paxaros..ninúnha outra motivación máis profunda.
Biquiños !!!!

Sun Iou Miou dixo...

Non me estraña que o paxaro teña sede con tanto mar salgado por diante... ou por detrás, que o moi cuco mira a cámara: sabe que a foto vai ser boa. :)

Carlosm dixo...

Observo que te moves con diligencia tamen no medio marino Chousa. Eres un todoterreo. Menudo paxaro nos trouheches esta vez.
E já que o paxaro di que é de Pontevedra, eu voto pola costa pontevedresa como lugar. Saudos.Carlosm

GINEBRA dixo...

El azul y la gaviota en el balcón me recuerdan al PP:) que está, sea dicho de paso, sacar "las castañas del fuego"... Bonita foto!
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Hai que afinar máis, Carliños. Así non se vale!!!

Pitima dixo...

Un mar moi intenso. Un horizonte moi nítido e recto... Boa foto, sí señor.. Polas Rías Baixas a ubico eu tamén.
Que para qué queremos paxaros... ¿Nos serás dos que pensas que os nenos os traen as cigüeñas?....

jaja... ou como dicía unha amiguiña do reisiño esta mañán no cole, que ós seus pais non lle querían traer un irmanciño a gaivota...

En fin. Hai moita sede polo mundo sí... Debe ser duro ser galego polo mundo adiante, "votando" de menos a auga... jaja

Voto por mandarche un bico.
Abre a urna.... que aí che vai...

Isabel - Frabisa dixo...

Qué foto tan chula, Chousa!!

Me encanta la composición, la perfecta línea que separa el mar del cielo y el pajarito ahí, tan esquinado y a su bola y que termina de configurar la escena tan ricamente.

Chula, chula.

un biquiño

(por cierto, yo no como palomitas en el cine, antes me como un zapato, ufffffffffff, no entiendo como la gente no puede pasar un rato sin comer con lo que me molesta el ruido de las dichosas palomitas, puafffffffff :)))))

Trasno dixo...

Que fotazo tio!!!!!. De concurso e para medalla.
Claro que falando de quen falas, xa se me quitan as ganas :-(
Muros-Noia quizais???

CriS dixo...

Vaya Chousiña, pues si que es verdad que ambos enfocamos al mar, qué tendrá? ains... será el azul? El pájaro que yo enfoqué estaba volando sobre él y se lanzaba en picado a pescar... me encantaría ahora, ser ese pájaro y volver a ese mar joooooo que la montaña está muy bien pero me falta el azul...

bcflts con morriña...;)

Belén dixo...

No sé si lo he entendido bien, pero creo que muchas veces creemos que todo el mundo tiene un papel en la vida, cuando el papel nos lo ponemos nosotros... eso si que relaja

Besicos

zeltia dixo...

Leo nun coment de un tal carlos m E já que o paxaro di que é de Pontevedra, eu voto pola costa pontevedresa como lugar. Saudos.Carlosm
o paxaro di que é de pontevedra????
onde K--- o di?

eu tamén ía cara a ría de Noia,
pero quizá se aproxime maís pitima, entón...
amos amos! pera, que vou polo mapa!

Harmonía dixo...

Pois eu voto por algún enclave no litoral da Rías Altas. Ese azul intenso e limpo...

Chousa da Alcandra dixo...

Como diría un andalusí, moito lerele e pouco larala. Non hai dios que se molle.
Boeno, xa sei que é complexo. Que Galicia é un país con moita costa fermosa e azul (incluso polo sur, Harmonia jajaja); así que darei pistas.
Recoñezo que é na provincia de Pontevedra e que -ademáis- está por debaixo da ría de Arousa. Incluso engadirei que alguén dixo desa zona que era onde mellores postas de sol se podían capturar...

Fagan xogo, señoras e señores!

mariola dixo...

Qué mágoa que sexa só un paxaro sedento, se en vez de lucrarse e enaltecer o ego uniran forzas! porque todos necesitamos de todos e non se dan conta, eficiencia, eficacia, onde ?
coido que nin neste mar azulado nin noutro roxo crepuscular.
bicos.
PD-a foto preciosísima.

A.C. dixo...

Arríscome co lugar. Ría de Muros-Noia?

Adiviñadora dixo...

A foto fermosísima de... A Lanzada??

Anónimo dixo...

Isto 'e o que se chama un foto/texto. Xenial. Coma a foto.

Setesoles de inc'ognito.

zeltia dixo...

As mellores postas de sol, dis?

Será na Illa de Ons?

en Vigo?

O Grove?

Chousa da Alcandra dixo...

Harmonía: Pois vai ser que non. Gústanme moito as rías ALTAS, pero tamén me molan moitísimo as BAIXAS. Neste caso...para baixo debes camiñar, se queres atinar...

AC: A túa idea do risco é moi medida, Anita. A ría que dis ten moita costa que nomear jajaja (Ollo, non digo que sexa nela eh!)

Adiviñadora: Algo lanzados hai que ser sempre na vida, que senón...; pero neste caso, teño que dicirche que non é da Lanzada ese mar, non...

Zeltia: Tres disparos fallidos (aínda que efectivamente hai boas postas de sol onde dis). Non andas lonxe de todo; peeeero non está no lugar.

Pitima dixo...

Baiona?

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Cerquiña!!!.
Non pares, sigue sigue jajaja

Adiviñadora dixo...

A Península do Morrazo?

Pitima dixo...

A Guarda

Chousa da Alcandra dixo...

Adiviñadora: Pitima andivo moi cerquiña no seu pronóstico anterior, así que...había que baixar un chisco máis.

Pitima: Entre A Guarda e Baiona, non che queda algo???

Pitima dixo...

Oia??

Chousa da Alcandra dixo...

Quilicuá!
Moi pertiño do Faro Silleiro.
Gañaches unha bolsiña de pistachos por atinar. Noraboa!!!

Trasno dixo...

Pois si que deches unha voltiña pra chegar ata alí. Á vista da imaxe está claro que pagou a pena.
Saludos azulados

zeltia dixo...

eu nin sabía que existía Oia nin que cousa Oia é...
e agora é moi tarde para mirar o google maps.

Estou certa que te sentiches afortunado na túa felicidade serena fronte a ese inmenso azul tan, aparentemente, calmo.
A vida, como o mar, ten momentos de placidez engañosa [e menos mal]

xenevra dixo...

Encántame a foto!!!!!