domingo, 19 de setembro de 2010

Polaina

Con mirada firme e penetrante, co ánimo ledo e a intención ben dirixida; repenicando no tamboril das intencións con recalcitrante insistencia.
Marcando o ritmo e acompasando as ideas coas baquetas da sabedoría, percutindo no coiro ben tensado pola cordaxe da razón, arrincando notas do ar para pousalas nos oidos dun público que moverá os pés e baterá as palmas.
Mais, para lograr embelesalos non abonda con coñecer a melodía e manexar o instrumento. Iso dase por feito. Tamén compre ter boa postura no corpo e sincero sorriso no semblante. Tocar con elegancia facilita a comprensión da peza.
Non é menos importante levar ben postos todos os botóns. Moi importantes os da petrina, pero tamén os das polainas!

Foto: Gaiteiro en posición de Do Maior

27 comentarios:

MartinAngelair dixo...

Do Maior,...

...como mínimo.




Aínda que teña esa 'posición',... podemos saber (casi) perfectamente como sería o seu movemento,...como sería tan só, un pequeno paso.






Muy bonita esta polaina.




B.
B.N.C.Ch.

fonsilleda dixo...

Eres un bo mestre do razoamento.
Eres un bo mestre da palabra axeitada.
Eres un bo mestre das imaxes.
Alguén pide mais?
Bonita peza de Luar Na Lubre.
Bicos

A nena do parauas dixo...

É que se os botóns non están ben alneados e abrocahdos, igual se estraga a peza por un fallo de simetría e matemático compás.

Así funciona a música: unha combinación perfecta de matemática pura e sentimento profundo.

E non só as polainas. Tamén xoga a perfección do lazo das enaguas e movemento airado do refaixo...


Onde quedarían sen polainas e refaixos, sen coiro e baquetas. sen gráciles movementos de mans e cadeiras estes nosos sons?

Paz Zeltia dixo...

Galdós en Tormento, con sutil ironía achaca a saber vestir o hábito con elegancia o éxito que don Pedro Polo ten no púlpito:
"Su varonil presencia en la cátedra, así como su hermosa voz, le aseguraban las tres cuartas partes de su éxito (El doctor Centeno, pag. 1330)
E unha das súas feligresas dille:
- Don Pedro, estaba usted muy guapo en el púlpito (El doctor Centeno, pág. 1331)

(E que hoxe tiven unha conversa sobre a atracción que, nas sociedades pechadas para as mulleres, exercían os curas e todo aquél que fora mozo e vestira roupas talares...
e esta reflexión tua -da que non entendín case nada-
non sei por qué, lembrouma!)

Fun escoitar a canción da polainiña: moi ben Luar na Lubre, e hai que ver como aplaudía o teatro enteiro!
;-)
faslle boa publicidade... igual até me animo a compralo!

Paz Zeltia dixo...

merde para isto dos comentarios moderados!
[non podo ver que escribín, e deille a enviar, zaca!,
-el dedo tonto-
sendo que escribin o que se me pasou pola cachola,
sin sentidiño ningún]

...sabe dios, nin lin nin repasei, nin sei que carallo diría, que soltei un rollo del quince!
(aprenda koruño en 1000 palabras)

Eva G. Rei dixo...

Preciosa polaina, pero é ben certo que hai que sabela levar... Imprescindible o da boa postura no corpo e o sorriso no semblante, igual que para bailar.
Tés un agasallo no meu blog
http://aeiradebalixe.blogspot.com/2010/09/o-agasallo.html

pitima dixo...

Haslle de dicir o gaiteiro que cómpre unha puntadiña no fieltro da punta, antes de que abra máis... que o pobre non estaba preparado para ese primeiro plano da túa afilada e indiscreta cámara...

Elegante sí que parece.. E ben seguro que sabe das posturas e da expresión alegre e arrogante do bo gaiteiro, que se lle nota dende a punta a o talón, pasando pola polaina toda ben abotonadiña (¿e non terá corchetes?)

A peza non hai que comprendela, ¡haina que sentir! Ti xa o sabes ho.. jajaja, que che vou contar a tí...

Bicos todavia sen abrigar, que aínda quenta polo día...

Maribel-bel dixo...

Sempre chamei polainas ás botas de goma, para resgardarse da choiva e facer labores en tempos revoltos. Sempre se aprenden cousas novas e estas polainas son moi bonitas. Bicos con ritmo e postura.

Bolboreteira dixo...

Gustame moito ver bailar eses danzaríns, sempre quixen facer coma eles..
Biquiños.

Unknown dixo...

Carallo, con perdón...hoxe tive que sacar o dicionario,ajajajaja

Bicos

Non polas polainas, e si polo palabrejo.

Alís dixo...

Manexar o instrumento, ter boa postura, sincero sorriso no semblante... está claro que iso axuda moito a unha boa melodía.

Bicos abotonados

Ginebra dixo...

Saber tocar y tener "una pose" elegante y llevar adecuadamente la indumentaria, todo un arte el de los músicos tradicionales... No pude escuchar tu canción, pero lo haré en otra ocasión (cuando la tecnología me sea más favorable:)))
Besos con gaita

irene dixo...

Parece ser que los botones están correctos, al menos los de las polainas, espero que la interpretación musical sea algo más que correcta.
Biquiños, Chousa, se te ocurren unas cosas...

mariajesusparadela dixo...

Ai, Chousiña, eu quería axeitarte os dous lados. pero parece que de un xa está axeitada a polainiña.
( ¡Qué fermosa e peculiar voz a de Luar!)

susana moo dixo...

Neste caso, o gaiteiriño tan ben emperifollado parece que demanda a gritos "chupamelapunta" (ao charol)..

Raposo dixo...

En tema de botóns os que teñen que ir sempre ben amañados son os da petrina. Agora ben, hai que ter tamén a habilidade e a maña necesaria para desabotonalos a toda présa si a ocasión asi o require.
Apertas sen botóns de por medio.

Trasno dixo...

Mui complicado debe ser facer música, se tamen hai que buscarlle postura para emitir notas. Pero o certo e que de agora para diante fixareime nas posturas dos gaiteiros. Nos pes, que para outros lados xa lles miraba :-)
Bicos en bemol

Anónimo dixo...

Desde logo, podería vde escibir un manual para gaiteiros.
Canto aos botóns, non sei serán máis importantes os da polaina...

Dilaida dixo...

Parece que xa está ben axeitadiña, non si?

A.C. dixo...

Pois si que si, que no fondo a boa presencia tamen ten unha repercusión no contido da mensaxe. Tanto que sexa musical como dotra índole.
(Seguro que a idea que pretendias transmitir ti era outra, que contigo nunca se sabe se vas, ves ou que jajajaja, pero eso si: a foto quedouche moi bonitiña).Bicos

Anónimo dixo...

La foto es buena, pero Chousa, no tienes perdón por no dejar que a un gaiteiro no le podamos ver la GAITA.
Una admiradora de la música

la cocina de frabisa dixo...

"Tocar con elegancia facilita a comprensión da peza."

Hombre....con esa frase me has matado, no sé qué decir.. vamos que diría que no, pero no quiero contradecirte.

Vuelvo a las polainas, a mí me parecen muy chulas, dan prestancia y si acompañan a una gaita, uauu, es que ya solo cabe que la música suene melodiosa.

bicos musicais

Chousa da Alcandra dixo...

Non me veñades agora con monsergas. Todo o mundo sabe que a "posición" é importante á hora de "executar".
Adornádelle co que queirades o asunto, pero se non hai prestancia...a cousa non é o mesmo. Ollo!, aínda que guste...

Ou non?

Marisa dixo...

Polo lustre dos zapatos,
polo ben abotoadas que
leva as polainas, eu diría
que o rapaz é ben gallardo
e de seguro que a súa cara
mostra un alegre sorriso.

Biquiños

Zeltia dixo...

homeee, e que a posición correcta é indispensable ¿imaxinas ao verdugo collendo mal a machada?
é imprescindible posicionarse correctamente en toda execución
empalamiento,

lapidamiento,

inmersión,

crucifixión,

desuello,

descuartizamiento...

lembras? -permíteme un pouquiño de autopromoción por todo el morro.
(e xa vai xusto un ano daquel post! -costatamos, unha vez máis, que tempus fugit-)

Anónimo dixo...

Con inmensa satisfacción e entusiasmo, fágolle saber que se lle concedeu un premio en Ithaca e que só ten que pasar a recollelo
Saúdos.

matrioska_verde dixo...

vexe que o rapaz ten moita xeitura, gústame a pose que tén... eu de pequena bailei moitos anos nun grupo folklórico, que tempiños aqueles.

bicos,