domingo, 29 de agosto de 2010

Figura

Cando por maio era por maio, e anunciábase que ía vir a calor; decían os telexornais que chegaba o momento da operación bikini.
Agora que se vai agosto e proclámase a época de coleccionar as chorradas máis interesantes, inútiles e carísimas, seica é tempo tamén de recuperar a forma perdida. Moito debemos cargar o carro, que sempre nos andan avisando de que hai que subir os ladrairos!
Eu non sei como o fan, pero hainas que deben seguir sempre os consellos de temporada; pois véxoas a cotío esbeltas, macizas e cachondas. Tanto ten que as mire en setembro, abril ou no tempo da seitura; elas sempre levan unha esbelta e atraínte figura.
Claro que non sempre hai ocasión de verificar se tamén levan posto o xenio...

Foto: Talle esbelto.

30 comentarios:

susana moo dixo...

Xenio e figura ate a sepultura, din.

En canto á operación bikini, haiche xentiña que o que precisa é a operación bikini nos miolos. Cánto mellor non nos iría a todos nós!

Chus dixo...

¿Cual de ellos? ¿ el bueno o el malo ?, yo pienso que si no es por una cosa es por otra, pero a finales de agosto, mas bien a fin de mes, como que a la mayoría, se nos inflama un poco esa venílla de mal genio, pero claro, ya es sabido que nunca llueve al gusto de todos.
Un abrazo

Kaplan dixo...

Pois lamento dicir que aínda tiro algo de proveito destes retornos setembrinos: cando non é a primeira entrega dunha colección de novelas é un batman numerado, cando non é un cd de ópera é un xenuíno pisapapeis exipcio, etc.
O que me gusta menos de todo iso é a lavaxe de cerebro que nos pretenden facer e que leva a moitos/as a caeren nas gadoupas da estupidez.
Saúdos de fins

Pitima dixo...

Asténicos perdíos todos.. jaja.. Cada remate de estación ten a súa astenia/depre. Agora toca ir preparando a do outono.. A volta ó cole... o final das vacacións...
E certo que algúns e algunhas saben camuflar moi ben o xenio por baixo da figura...
Ó mellor somos todos así como lámpadas, hainos que coller o truco para que saquemos o xenio de dentro...
E tamén, algunha, de tanto gardar a figura, olvidouse de deixar sitio para o xenio ese, que non cabe na gaiola de ósos...

E haberaos que non queiran estropear a figura esa da foto e non limpen os ouvidos nunca.... E así andamos... ¡xordos! jaja, que non escoitamos o berro dese xenio que xa non respira dentro de nós... jajaja

Qué historias eh...

Bicos sen cera... Nin se pegan nin resbalan e van recheos de xenio.. jaja

A.C. dixo...

Buah, pois sí que e ben esbelta a figura do bote de bastonciños para as orellas, si. E que o que ten ollo para mirar...o ve todo jajajaja.
Eu teño xenio. E figura, aló mui por dentro, tamen. Eso si, eu coleccións teño empezado m8tas. E que o primeiro fascículo e barato pero despos ponse caro carísimo.
Biquiños

Harmonía dixo...

A imaxe recordoume a esta reportaxe publicada hai algún tempo: Mujeres “diábolo”, “campana” y “cilindro”, un problema de tallas aún por resolver.
(http://www.hoymujer.com/reportajes/mujeres,diabolo,campana,cilindro,72679,1,2009.html)
parece que, quen diseñou o bote dos bastonciños, escolleu o "diábolo" como modelo.

Trasno dixo...

O xenio levano posto para cando hai confianza Chousa. Non fagas caso de todo o que ves, que unha boa parte e todo maquillaxe. Faime caso hahahaha

Dilaida dixo...

É que todo depende do que mira por iso vostede as ve sempre esbeltas e atraíntes.
Bicos

Merce dixo...

Unha vez alguén trouxo a oficina unha caixiña de bombós (mmmmm), mentres eu estaba disfrutando do delicioso sabor dun anaquiño de chocolate recheo de trufa (uuufff)unha compañeira tivo a ocurrencia de dicir:

Ay!!! dous minutos de pracer e, tres meses nas cadeiras!!!

digoche, que case estiven a puntiño de tirar aquela delicia que ainda pululaba no meu paladar. Peeeeero, o bo uso da razón decidiu abandoarse a aquel pracer e asentalo nas cadeiras ou onde mais a gustiño estivese :)

irene dixo...

Paso de las operaciones bikini, de las colecciones, de las modas y de todo, creo que esto no es bueno, intentaré no ser tan pasota.
De lo que no paso es de viajar, ahora mismo me están entrando unas ganas de ir a tierras gallegas...
Me encanta el otoño, aunque me de morriña.
Biquiños, Chousa.

Mer dixo...

pois sí, eu non fixen operación bikini pero despois dos excesos do verán, sí farei unha operación rexenere, é dicir, un peeling por aquí, unha cremiña rexeneradora-súperhidratante-nutritivísima por alá, unhas mascarillas no cabelo, na cara e no corpo e... bueno, a ver se nos seguimos coidando en xeral

o dos fascículos mil..., en fin... non pico porque ademáis cada día son máis cutres

Marisa dixo...

Ti xa sabes que o xenio e figura
hasta a sepultura.
Cada un coa súa creo que teremos
que campar todo ano.

Biquiños

GINEBRA dixo...

Estoy de acuerdo con A.C, hablas de talles esbeltos y nos "plantificas" un bote de bastoncillos, jajajajjaaj, cuya silueta no es ni parecida a la nuestra... al menos una guitarra, que se asemeja mássssss, Chousaaaa...
Opino que hay que tratar de estar bien en cualquier temporada y no cuando lo diga la publicidad y las operaciones bikinis... cuidarse es una cuestión de salud también y de más o menos coqueteo según la persona. También es razonable y muy loable que haya personas a las que no les preocupen ni la moda ni las tallas y que vivan bien dentro de sí mismas y más teniendo en cuenta que esta sociedad nos exige (sobre todo a las mujeres) estar siempre perfectas, cosa que nos esclaviza y nos hace infelices a la larga. Lo mejor es estar contenta con una misma y punto pelota...

Lo de las colecciones es alucinante, acaba agosto y proliferan los anuncios de colecciones inútiles, siempre me ha llamado la atención.
Besos

Carlosm dixo...

Ti ves sendo como minimo a repanocha jajajaja. Mira que comparar a figura das mulleres cun bote de paucinhos para escarabellar no oido. Claro que o de escarabellar deuche a idea, contigo nunca se sabe.
O certo e que montaches unha leria cun anaco de algodóm envolto nun pau de plástico e iso xa ten mérito. Un día van terque reconhecerte como intèrprete blogueiro con reconhecemento de filho predilecto, que algo di a prensa galega estes dias.
Saúdos. Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Creo que debera facerlle a foto hoxe ó bote dos bastonciños, raio!. Vino no baño esta mañán e xa está moito máis esbelto!
(Que orellas máis limpas levamos na Chousa!)

LM dixo...

Pois sim que andam esbeltos porque por estas terras de mar tenhem mais algodom ;-P
beijos

mariajesusparadela dixo...

Pois eu fago:
En Maio-xuño: operación cereixas
Xuño-agosto: operación brevas,fatóns, ameixas, mazas e peras
Agosto-setembro: operación uvas e figos.
O meu coche non ten airbag: a dona lévao de serie (de seu).
E o xenio tamén.

zeltia dixo...

lin a túa entrada, moi ben, unha recapitulación sobre a influencia da publicidade no noso desexo de ter unha boa figura, por estacións sobre todo,e nesta en concreto para a que imos, o momento de empezar coleccións, e facerse propósitos de matricularse en canto cursiño hai, ir a clases de pintura, apuntarse ós ximnasios e iso, pero, oiches, chousa, eu non entendo isto:

"Tanto ten que as mire en setembro, abril ou no tempo da seitura; elas sempre levan unha esbelta e atraínte figura.
Claro que non sempre hai ocasión de verificar se tamén levan posto o xenio..."

-qué significa?
-está relacionado co significado que leve "cursiva" en "posto"?

poderíasmo aclarar?

Maribel-bel dixo...

Xuro (diante de quén sexa) que si mentras ti limpas as orellas eu me poño esquelética, mércoche catro cacharriños xa. jajaja. É unha topía chegar a quererse de todo, sen pensar sempre en remendos, que creemos que nos liberarán dos complexos(aínda que sexan absurdos, habelos ailos). Bicos limpos

paideleo dixo...

A figura feminina sempre foi un bo invento e o xenio é o que lles dá carácter e máis beleza.
Creo que me vou apuntar a unha colección de cromos de chicas.

Raposo dixo...

Está visto que a ti pérdete o elemento feminino, tanto entre a xeada de xaneiro como nos solpores calurosos de agosto.

Chousa da Alcandra dixo...

É unha interesante colección esa, Paideleo!.

Ten que ser limpando as orellas, maribel-bel?

Adiviña, Zeltia.

Apúntome ás túas "operacións", Mariajesús

Terán máis, pero seguro que o levan menos cinguido, LM

Xa me dicía miña avoa que era un argalleiro, Carlosm

Por estes lares a guitarra lévase menos, e compararvos coa gaita...como que non; ou que dis Ginebra?

Pero unhas campades mellor ca outros, Marisa.

Eu son un vicioso. Incluido da boa mesa, Mer

Eu tamén paso da operación bikini, Irene! ;-)

Teño que ir por esa oficina túa cunha caixa vermella, Mer!

Gústanme (case) todas, Dilaida.

O maquillaxe ás veces tamén queda bonito, Trasno.

Lembro aquela clasificación, e penso que hai máis variedade, á que si, Harmonía?.

E que sin bo ollo non se ve case nada (incluso con gafas), A.C.

A min gústame fregar (as lámparas). Non sei se para que saia o xenio ou para que entre...estooo, que me perdín, Pitima. ;-)

As persoas intelixentes sempre tiran proveito do que outros se queren aproveitar. Parabéns, Kaplan

Eu penso que non hai xenio malo. So depende de como se mire; certo ou non, Chus?

Aquelo de antes morto que sinxelo é todo un camelo, Susana Moo

Chousa da Alcandra dixo...

Pérdeme, atópame...gústame, Raposo
:-)

Alís dixo...

A mirada tamén fai moito, Chousa

Bicos con xenio (porque o que é a figura...)

Anónimo dixo...

Eres un crack Chousa. Mira que sacarle tajada a un bote de bastoncitos...
M.A.

GINEBRA dixo...

Pues como que no!!!! ¿cómo vas a comparar el cuerpo de una fémina con una gaita, Chousa???? Aunque guste el tacto de ambos, no tienen similitudes físicas:))) Besos

Chousa da Alcandra dixo...

O ollo é ollo por como te mira, Alís!

Calquera comparanza co corpo femenino é un sacrilexio, Ginebra.

A nena do paraugas dixo...

Todo depende do que se entenda por ter unha esbelta figura...

Saúdos.

Aldabra dixo...

¡demo de figura e de xenio!

desde que estou im-pedida collín un par de kiliños ou tres si acaso... estou desexando botarme a andar para desfacerme deles... e non porque o diga a publicidade de turno, se non porque quero seguir tendo a figura de hai anos... non me da a gaña de deixarme levar, xa me basta con que pasen os anos.

respecto as coleciós de temporada, gústame ese de camiós... só que son caras e ademáis xa non cabe na casa nada máis.

da xenio lerte!

biquiños,

xenevra dixo...

Eu sempre confundo os anuncios da "operación biquini" cos das rodas michelín, e xa me afixen a esta última forma. Ademais consigo mantela, perfectamente redonda e oronda, dende setembro ata maio, e de maio a setembro. Iso si, sempre deixo un día para revisar as marcas e profundidade que o paso do tempo ocasiona na rodadura.