mércores, 23 de xuño de 2010

Queimada

Que os mouchos, as curuxas, os sapos a mailas bruxas sexan bós e xenerosos.
Que os demos, trasgos e diaños acouguen o seu ímpetu.
Que ningunha barriga de muller solteira sexa inútil (xa será utilizada cando se tercie!).
Que as linguas das mulleres -casadas e solteiras, con homes novos e vellos- sigan pecando per omnia saecula.
Que os corvos, as pintigas e as meigas non deixen de apelar a tronos e raios.
Dende o Centro Xeográfico de Galicia, berce do Ulla, queimaremos en augardente os malos fados, quedando así purificados...
E xuntando as forzas do ar, terra, mar e lume, brindemos sempre -aínda que sexa de xeito virtual- erguendo unha cunca de queimada.

Foto: Lume. Olliño, que -ademáis de purificar- tamén queima!

25 comentarios:

Kim Basinguer dixo...

A nosa noite,a noite das meigas.

Alís dixo...

Queimados andamos... ¿será que estamos purificados de máis?

Bicos ardentes (unha noite é unha noite, e un peso gastouse...)

Maribel-bel dixo...

Compre saber se aturuxaches, as peticións son moi favorables, sobre todo no do pecar. Bicos(xa de volta).

Paz Zeltia dixo...

ai, si, si! uns groliños dunha queimada ben queimada!
aaarriba e para adentro!
- San Silvestre, meigas fora!

(No, xa sei que hoxe é San Xoán, máis... qué lle queres! o dito é así)

A nena do paraugas dixo...

Pois veña un grolo de queimada (a esta hora, xa non queimará a lingua)!

Non fun saltar fogatas. Xa me chegou a calor da tardiña de onte, aquí entre estas fermosas pedras do Fono de Galiza.

Bicos meigos.

mariajesusparadela dixo...

que a noite lle sexa propicia.

Marisa dixo...

Eu tamén brindo contigo
por todo iso que dís,
e para o ano que ben
que volvamos a purificarnos
nesta noite meiga.

Biquiños

Bolboreteira dixo...

Vaia! Faltoume probar un pouco de queimada para ter unha noite de San Xoan completa...
É unha das miñas festas perferidas.
Bicos de augardete.

Ginebra dixo...

Pues me tomaría uno (bueno, varios, para que nos vamos a engañar:))) cuencos de queimada de ésa... me gusta esa retahíla que recitáis y el tema de los deseos que deben quemarse ¿no?. Tienes que explicarme el procedimiento, Chousa, por favor, me interesa mucho y también todo eso que hacéis con hierbas para purificaos, ya sabes, antropología cultural:))))
El fuego me encanta, es bello su color y las formas (soy signo de fuego) que pena que queme!!!!
p.d. lo de explicarme el ritual va en serio, eh?????
Besos, hoy por ser S. Juan, algo más "ardientes"

Paz Zeltia dixo...

Vexo que tí te salvaches da campaña de difusión dun FILLO DE PUTA, que lle sae o tiro pola culata (nunca mellor dito), porque o único que fai e facernos comprender ata que punto teñen que tapar!!!!
se non cho deixaron non te preocupes que o has atopar no meu blog e nalgúns que compartimos lecturas e comentarios!!
faise chamar "pensións conxeladas"

A nena do paraugas dixo...

Aí tamén deches no cravo, coa "Festa Pagana"!
Un regalo que non ten prezo!

Carlosm dixo...

Sinto moito nom poder estar na sardinhada de onte pero bem sei que me fixestes de menos. Brimdo con queimada para quedar purificado. Saudos. Carlosm

paideleo dixo...

Pois tamén brindo anque non debo pola medicación.

la cocina de frabisa dixo...

Quéeeeee rica la queimada, me encanta!!

Espero que la hayas disfrutado, Chousa y que hayas conseguido espantar "as meigas".

biquiños y bo fin de semana

susana moo dixo...

Bonito brindis virtual ao que me uno recitando a final do conxuro (para min a parte mais bonita) que di iso de : .... que os amigos que están fóra participen con nós desta queimada".
Bo verán a todos.

fonsilleda dixo...

Logo de erguer a cunca, prender os altofalantes e saborear estes restos de queimada, podo dicir que está ben rica (á min sempre me sabe ben).
Aínda quedan escintileos de brasas e aroma a fume cargado de "todos eles".
Bicos.

Anónimo dixo...

Diga que si!
(Hoxe Arde Lucus, supoño que arderá o xusto, non vaia haber desgraza)

pitima dixo...

Seguide! seguide torturándome... aisss... sin probar a queimada ata sabe Deus cando...

¡Con este fol levantarei as lapas!
Que aquí non se salva ninguén... xa verás, xa..

Bicos secos... xa me dirás ti... sin poder aclarar a gorxa cun traguiño deses... ardentes... jaja

Paz Zeltia dixo...

hostiá! vaia marcha lle metiches ó post! Non vira eu a canción antes, que é moi axeitada, jajaja, e ten reminiscencias de himno, exalta, e coma unha arenga, unha chamada á participación e a compartir, pega gana de repetir a festa!XD

(A lumeirada é máis complicado, pero agora no verán unhas cantas queimadas aínda se poden facer)

Merce dixo...

asi sexa...

que baixe quente pola gorxa e asi levante o esprito :)

a tua saude!!!

bicos purificados :)

Antón de Muros dixo...

E por favor, non esquezades aos que estamos lonxe ;-)

Unha aperta.

Antón.

BK dixo...

"Que ningunha barriga de muller solteira sexa inútil (xa será utilizada cando se tercie!)"

Isto daría para outro post.....jajaja


P.D. Volvín, chousiña, con outro nome, pero volvín.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

Si estamos con Mago de Oz eu poría este tema como guarnición a esta entrada, coido que está máis axeitado.

matrioska_verde dixo...

este ano non vin o lume nin de lonxe, de tódolos modos fai anos que deixei de crer en casi todo.

gústame mago de oz, encántame a canción de "a rosa dos ventos".

biquiños,

irene dixo...

Que esas llamas purifiquen lo que tengan que purificar, que iluminen lo que tengan que iluminar, y, para celebrarlo, nos tomaremos una o dos tacitas de queimada, en unión y leyendo el conjuro. me encanta este rito, lo he hecho alguna vez, y la queimada, RIQUÍIIISIMA!!!
Moitos bicos, Chousa.