domingo, 10 de xaneiro de 2010

Miañar

Non parece certo que o único Organismo público do mundo encargado de defender a lingua galega (léase a Xunta de Galicia), se poña do outro lado para -nunha fuxida cara adiante- sacar do chapeu outro gato (nin siquera é un coello) e dicirnos que imos miañar en inglés.
Pero o argumento máis caralludo é que seica o fan atendendo a unha maioría silenciosa, que o quere así. Deben ter audífonos de grande alcance para interpretar a eses silentes que, ademáis como non din nada, permiten a quen mangonea facer o que lle peta...Unha escusa con ben pouco miolo para a resistencia desta codia.
Parece mentira que teñamos que confiar nun goberno que, como carta de presentación, empeza meténdolle a tesoira á maior seña de identidade que temos como pobo. Cecais o seguinte paso será adoptar a Marsellesa como himno; todo sexa polo entendemento global...

Foto: E a min que me dis, se estou a piques de andar á xaneira?

71 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Un razoamento de Alba Nogueira, publicado en Vieiros, deume o pé para esta reflexión que xa viña cocendo nos miolos dende que o 30 de decembro pasado a Dirección Xeral de Política Linguística fixo público o borrador de Decreto.
Non sei que amparo nos queda. Se a Xunta de Galicia non defende a lingua galega vai ser complicado que o faga o goberno murciano ou andaluz. Unicamente a Junta de Extremadura igual nos bota unha man, por aquelo de que no Val do Jálama empregan de xeito relevante e maioritario a que eles denominan como a fala.

susana moo dixo...

¿E por qué se di que as gatas andan á xaneira? ¿ teñen o celo exclusivamnente en xaneiro, co frío que vai? Nunca me dera de conta da expresión, galega expresión que moita gracia perde no inglés, non?
Cat in January.

la cocina de frabisa dixo...

De verdad que no lo entiendo, me cuesta que el gallego dependa de los partidos políticos.

No estoy de acuerdo con nadie, no lo estuve con el Bloque que entro como un elefante en una cacharrería ni lo estoy ahora con Feijoo que se ha metido en un lío del que no saldrá bien parado.

Me pregunto si será tan difícil compatibilizar el gallego y el castellano en la enseñanza pública. Mis hijos han estudiado en las dos lenguas, dominan ambas y no han salido traumatizados de tal experiencia.
¿A qué viene entonces tanto follón por parte de unos y de otros?

un bico ben galego.

anto dixo...

Un goberno que "vende" o primeiro sino de identidade ben pouco sentidiño debe ter, non é? É triste e desgraciado ese proceder. Aínda é máis triste ver que por riba teñen a cara de non asumir a súa responsabilidade (son goberno) e queren botarlle a culpa a outros (ás nais e pais).

Hai que loitar...e depende de nós, por sorte. Malo se nos confiamos nesas mans! Deron aviso claro do mal que poden facer se os deixamos.

pitima dixo...

Pois é ben certo que escoitei pola noite xa algún canto do celo das gatas... e algún encontro tamén...
A lúa de xaneiro... e co frío que vai...
Boeno, non miañan non, gritan, berrean, desgarran as cordas vocais... e non hai ningunha dúbida do que queren dicir.
Que é aberrante o que están a facer. Que hai consenso na crítica a esa cousa que pretende facer o Feijoo. Que non importa o idioma cando un quere facerse entender e o outro quere saber o que dis.
¿Dende cando o galego lle quitou espazo ó castelán? ¿e o inglés non o vai facer? jaja... ¿Non é mellor saber galego que as línguas extranxeiras? ¿non tiñamos que promover e promocionar o galego como língua propia, como riqueza cultural, como signo da nosa identidade? ¿non son os poderes públicos os que deben garantir esa protección segundo o Estatuto, a nosa lei suprema ó nivel da mismísima Constitución?

Ó parecer poden facer o que lles dé a gana, impunes...
Así que me vou á xaneira, que así gaño máis...
Aisss... e que me subleva...

Bicos sen celo, tranquilos e sen arañar nin morder... jajaja

Seymour dixo...

Eu sonlle máis de cánidos, a verdade, en concreto fan do can de palleiro, paréceme o ser máis perfecto da creación.

fonsilleda dixo...

Home, que queres, miañar en english tería a súa graza, con acento de gato galego, claro.
En canto aos silentes é que aínda non sabes que cos audífonos modernos escoitase perfectamente?, e máis ao ser maioría.
Doutra banda, estes políticos de agora están moi preparados e traducen de todo, ata os silencios, sen necesidade de ningún intérprete.
Totalmente lóxico. É que hai que ir pola vida explicándovos todo.
Bicos tristeiros se lembro aos meus maiores falando.

BRABIDO dixo...

E a nosa maior riqueza,se non a defendemos nos,xa nos vexo falar a escondidas pa que non se enteren os do audifono,manda carallo,sen que as comparacions son odiosas,pero en outros lares a sua lingua poñena coma primeira,e defendena ata morte.

saúdos en galego.

Carlos Sousa dixo...

Esta Xunta xa non sabe como facer. Andan a brincar co pobo e agora non saben como sair do paso, xa non saben como contentar a ninguén e agora veñen co do inglés para disimular, para que parezamos un pobo modernista. Que se deixen de panplinadas e audífonos de grande alcance e escoiten a vontade popular.

Que lindo gatiño! Quen o a de ver cando volte das xaneiras...

Ginebra dixo...

Ese gatito es muy bonito y está bien cebado, Chousa... quizás sea gata y esté en estado de gestación, no lo sé... Bueno, yo no sé inglés, pero reconozco que soy "un bicho raro" y que me cuesta mucho entender según que cosas en internet por ejemplo... he sobrevivido sin inglés y sin saber mcuhas matemáticas...
El gallego es una lengua dulce y sonora, una seña de identidad que debe hablarse y potenciarse por parte de los organismos públicos gallegos, como considero se hace... ¿aprender inglés? pues viene bien siempre. Ojalá yo lo hubiese estudiado, aunque insisto: me defiendo y he sobrevivido, jejejejejeje.
Bicossss

Marisa dixo...

Pois mira que a tomaron
contra a lingua, non hai
maneira,parece que o
presidente non naceu en
"Os Peares"para darlle
tan pouca importancia a
sua seña de identidade.

Biquiños

paideleo dixo...

Haberá que preguntar ao goberno como de si " andar á xaneira " en inglés.

mariajesusparadela dixo...

Eres terrible, Chosa, ¿por qué dices que la gata anda a la enera?
Y aquella ciudad de brasil también tendrá que llamarse "Río de Enero"? y yo me río...río a escachar...

Cuspedepita dixo...

A verdade é que non sei para que se complican tanto co raio do decreto...con poñer todo en inglés xa estaba solucionado! Despois de todo iso é o que vai pasar de todos os xeitos...Ata os gatos miañarán en inglés dentro de pouco. E senón ao tempo... !

Bicos trilingües ( Ñoooo! Que raro soa iso! ;-))

Bolboreteira dixo...

Que se pode esperar destes da Xunta de agora, pois nin máis nin menos nistes asuntos da nosa lingua, non me sorprende.Imos aviados.
Qué Deus reparta sorte!
Bicos!

Paz Zeltia dixo...

é o que teñen as democracias
(ou polo menos ésta nosa con este sistema de elección)
que un goberno que elixiu a maioría,
elabore decretos que a maioría non quere.
porque por non estar contentos non o están nin os de galicia bilingüe (e que isto de contentar a todo o mundo, de sempre deixou descontentos a todos)

diríalle eu ós votantes: ¿coméstela?
pois agora facede a dixestión!

e nos centros de ensino?, a marear con esta para tí, esta para mín, esta para él / ela, e a ver, qué din os pais... ¡se lles deixaran traballar!


e aquí , parece que todos esteamos de acordo, pero do que se fala -na cola da charcutería, na barra do bar etc.- hai que escoitar de toooodo.

non vos preocupedes, que (maloserá) ;-)
e detrás deste goberno virá outro, e farían falta uns cuantos PPs máis para tirar co galego ¿ou non?

BRABIDO dixo...

Se che sirve de anecdota,hoxe fun o Meixoeiro (hospital) e das seis persoas que me trataron,emfermeras medicos...ningunha me falou no idioma deste pais,pero si o entendian.
Tamen teño que decir que se perde moito no ambito familiar,na miña casa e na miña familia sempre falamos galego,por as razons que sexan ae quen lle ensinan os nenos como primeira lingua o castelan coa sabenda de que estes,seus pais lle enseñaron o galego,"Choca un pouco".

xenevra dixo...

Unha maioría silenciosa pero que responde cuestionarios cada 4 anos. E se non os responde, pois xa dixo o presi na radio "os profes deciden" (a culpa do que pase nunca será deles, que nos gobernan, ou simplemente nos deixan andar desgonernados??). E xa postos a decidir, por que non podo decidir o currículum de Ciencias Sociais de 4º de ESO ou o de ética, ou mesmamente o de matemáticas?

Xa o dixo Gloria Lago, hai fracaso escolar porque o alumnado aprende as matemáticas en galego, e xa escoitou o presi "en inglés aprenderanas moito mellor".

Isto é o que hai, por non falar da supresión de certos programas na TVg ao día seguinte de ser escolleito como presi sumo deste noso país. Que foi das "Historias de Galicia", "Ben falado" ou do "Cazador de palabras"? Menos mal que cifras e letras resiste!! Ou tal vez acabarán por eliminar a parte das letras?? (glups, non darei ideas)

O mellor disto son as viaxes que vai pagar o presi ao profesorado para facelo competente en inglés ;)

Un saúdo ou un saudasion que se di nos novos falares

Chousa da Alcandra dixo...

Se cada goberno de turno modifica este tipo de cousas que son as regras do xogo, entón nada ten sentido. Cada catro anos non podemos ter unha normativa diferente. Nin ten sentido nin é viable económicamente nin defendible políticamente, nin educativamente plausible.

E por riba que estamos a falar da lingua do país, joder; que parece mentira (ou non parece verdade) que se neguen a sí mesmos deste xeito. Temos o único goberno do mundo que pretende minorizar, relegar e non protexer a súa propia lingua!. Inaudito.

Deambulando con Artabria dixo...

Xa opinei sobre este tema unha vez no meu blog, así que xa sabes o que opino.......non quero cabrearme hoxe...

A ver se chegan pronto as aleccións e o mandamos de paseo.....

Anónimo dixo...

O que máis proe é que meteron as poutas na cousa da lingua só por apañar uns poucos votos (quen sabe se os que lles deron a vitoria) e agora non saben como saír do asunto, e ao final alporizaron a todos, mesmo aos da fobia.
Penoso

matrioska_verde dixo...

non te cabrees, home, que non che merece a pena... o único que che vai pasar e que vaiche dar unha dor de testa.

biquiños e serenidade (farache falta).

MartinAngelair dixo...

Miau!



...la verdad, es que después de leer comentarios tuyos en casas donde me encuentro muy mía, la curiosidad me hizo conocerte hace tiempo,...



...ese tiempo irrazonable que provoca el saludarte y despedirme con,...



...Miau!...




Con todo respeto, Buenos días en 'tu Chousa'.




(Es noble lo que compartes)

HADEX dixo...

Pois sí, inaudito e eu engadiría que chega a límites ridículos: incentivación dos mestres que den as clases en inglés....É unha desgraza....

Raposo dixo...

Mira que son ignorante, eu non sei miallar en inglés asi que fágoo no galego de toda a vida: Miau,Miau!!!

Noa dixo...

I love cats... non mos mesture, por favor llo pido...

Noemí Pastor dixo...

Paso a saludar y a decir hasta pronto. Biquiños.

~pi dixo...

a língua é tão viva e limpa
que nenhuma norma a governa

a língua cresce
e nasce e reinventa se na boca

a cada instante:

da semente do coração torna-se árvore que muda pela raíz

[ à SUA vontade a cada estação

e volta e volta sempre se ainda houver seiva [ vê o mirandês...

no entanto também morrem as línguas, como outros seres vivos

mas sempre por si, apagando-se docemente, quando o tempo vem

nunca por ceder a normas
[ a língua ri-se de normas e fala e evolui como a música do vento -fora delas

dança dá cambalhotas e continua na mesma
abrem-se as línguas

no passaporte na ponte no gesto único de cada uma [ e assim

risquem-se as normas de normalizar o que pretende tornar-nos iguais num modo único de ser e falar

tracem-se as normas desses ridículos pretensiosos ignorantes

que não sabem que

na diversidade de falar se manifesta o ser único de cada lugar e a essência de ser gato pessoa árvore ou rio nesse lugar

risquem-se a STOP a RISCO VERMELHO de lés a lés!!

e... sim, levem-se os animais [ na sua voz bem situada bem localizada
e bem timbrada
... para a-firmar! :)






~

A nena do paraugas dixo...

Miañar... tamén en inglés. Ten que ser divertido que, agora que hai que facelo todo ao 33%,cada letra do MIAU
se diga nun idioma diferente! Porque iso si, teremos gatos trilingües!

Paz Zeltia dixo...

é unha pena que os nosos comentarios -a maioría- sexan un chisco superficiales.
ainda que o post teña o seu sentido do humor, non quere dicir que o tema sexa banal...

a risco de cair mal a todo o mundo,
me pregunto por qué nin neste, nin noutros varios blogs que visito nos que tamén se tratan temas de actualidade ou sociais,
rara vez se establece un intercambio de opinións creativo entre os comentaristas,
nin se aportan diferentes puntos de vista.
¿podía empezar eu, non si?
o que me pasa e que eu son moi ignorante en case todos os eidos,
e, precisamente por iso digo isto,
porque boto de menos aprender algo.
xa que temas interesantes van saíndo,
van saíndo...
e aportar, discrepar, ampliar, informar non quere dicir porse serios nin aburridos,
au contraire:
a máis intelixencia,
máis sentido do humor.

bueno, aí queda,
igual hai alguén que pensa coma mín,
e pon o seu gran de area para que, de paso que nos relacionamos uns cos outros,
aprendemos tamén, uns dos outros.

chousa, se ves que non procede, non aprobes este comentario,
que saíume aquí e agora, como me podía saír noutro momento ou noutro blog

A Conxurada dixo...

Eu non digo nada porque me poño de malas....VERGONZOSO.

Maca dixo...

Si o gonerno renega da lingua ¿Qué teremos que esperar deles? xa vale mais non pensar.
Biquiños, que o "iño" é moi noso.

pitima dixo...

Seica Zeltia quere aprender inglés aquí e agora... jajaja
Aisss
Pois que pague as pasantías carallo!!
Que non, que de seguro que xa sabe.. jaja. Pois nena, apréndenos a nós logo. Eu estou ávida de novos coñecementos. Qué sí, qué siiií.. que eu quero ser políglota, e ter língua trífida... ais qué bonito.. Tres, tres, e tres veces tres... jajaja
Bicos con sentido do humor do bo.. do intelixente??
¿E eu que saberei que poida ensinar?... qué stress, estrés... ou como se diga.. jaja

Anónimo dixo...

Me hizo ilusión que le gustara mi entrada en el club de las tias chungas.

He venido a hacerle una visita, peeeero no entiendo lo que creo que es gallego, asi que no voy a comentar sobre lo escrito porque sería una tonteria.

Besicos.

anto dixo...

Totalmente de acordo coa liña aberta por Zeltia. É fundamental poñer ideas novas...ou con enfoques propios, argumentar...e, claro, que resulte interesante esteamos de acordo ou non. Ufff!, facelo así mete un pouco de respecto, difícil si que é como ela mesma ben apunta, mais, penso eu, é a liña que debiamos seguir nos comentarios nos blogs.
Con todo, tamén é certo que un blog pódelo seguir e interesarche moito polo que di o seu autor e/ou por como o di...e non comentar nada, simplemente por non ter nada que engadir, non andar sobrado de tempo ou que sei eu.

anto dixo...

O tema do inglés só o meteron para desviar a atención, é pura demagoxia para trincar o galego e non outra cousa. Se tan interesados estiveran os cargos do actual goberno, eles mesmos íanse manexar mellor nesa lingua, que non o fan, nin ten pinta de darse a curto prazo; non ían meter man para reducir e empeorar as escolas de idiomas, mesmo en inglés; a cantinela que á mañá había prazas libres soa a carallada cando ben sabemos que imos a ela, eu tamén, moita máis xente á tarde...e que isto é o normal, se queres aínda máis á tarde-noite, á "sera" italiana. Se quixeran mellorar o noso dominio do inglés e de outras linguas, non se negarían a aprender o catalán nin a pronunciar os seus nomes nin confundirían Xabi (vasco) co Xavi (catalán) nin...nin outras moitas lerias de distintas linguas que aquí se podían meter.
Isto ten que ver coa negación do noso (disque somos malos, feos e de pouco proveito) e que parece que non temos remedio; convén disimular o que somos e que non se note. O castelán...iso si que ten blancura, aí si falamos. É o nacionalismo español máis rancio e perigoso que aos de máis idade nos lembra o franquismo.
Con todo eu o tema da lingua (que o considero máis importante ca ningún outro, eh) non o separaría de outras actuacións económicas que van na mesma liña (salvaría o tema das caixas, mais por pouco e moi a última hora).

MartinAngelair dixo...

Siempre habrá un Miau, mientras haya un gato,...


...gato vivo, no gato de idioma.



Me hicieron estudiar, y estudié divertida 4 Normalizaciones lingüisticas de nuestro idioma.


...al gato que tuve en mi casa, y al que veo por la calle, le saludo siempre en la misma normalidad de intención.



Una lengua se hace grande cuando no la usamos como escudo que quiere ser emblema.




(...en cualquier caso, mi intención genuina fue decirte lo agradecida y divertida que me siento cuando te leo,...y miserablemente te lo demostré con un simple Miau,...bueno dos...)




La próxima vez, si me permites, y por respeto, escribiremos en galego.


(...nunca quise ofender...)





Un beso muy fuerte y buenos días en tu casa.

Anónimo dixo...

Terás que recoñecer que aquilo de coller un vión en Lácoruña e mercar uns vaqueiros en Harrows nun finde calquera non é pouca cousa.
Pero aquilo de deixar caer o Jau Mach con cara de póker ten que ser adediós, meu !!
Por aquí (ou por alá) hai quen di que se empregáramos os cartos que se gastan en estudar tanto inglés en cousas máis prácticas (por qué non estudar catalán, carallo, que están mais perto e cantan demoitocarallo?)millor nos ía a tod2s.
Como no caso da "lingua común", teño pra min que foron escoller unha "lingua franca" francamente confusa.
Xuraría que estamos a ser gobernados por una Banda De Pijos.
E pijas.
Boa foto, meu !

irene dixo...

Defender vuestra lengua con unas y dientes, aunque sea pedirle ayuda a eso precioso gatito, que no se haga el sueco. La Marsellesa para los franceses, sin acritud, como decía aquel.
Biquiños Chousa.

Hacía mucho que nno venía, y no me gusta abandonar demasiado a mis queridos galleguiños, pero estos tiempos son un poco chungos para mí.
Vendré más despacio, tengo cosillas pendientes por leer.

Paz Zeltia dixo...

para anto
alédame que haxa alguén que concorde conmigo.
por suposto que eu refírome ás entradas nas que se da pé para un debate ou unha exposición de ideas.
claro que hai moitos outros post que son de índole persoal, ou de temas que non se prestan á controversia, ou a exposición de argumentos.
pero este sí, a proba é que está a sair en moitos blogs estes días, mesmo nalgún dos que comenta aquí, como no de setesoles, que o vin, no de xenevra...

e xa, no tema que nos ocupa, o que dí martín angelair:
"Una lengua se hace grande cuando no la usamos como escudo que quiere ser emblema".
non estou de acordo para nada,
o idioma é un elemento identificativo psicolóxicamente moi forte, ó marxen da utilidade, é o mellor vehículo dunha cultura propia.
dende o meu punto de vista,
non só se pode,
se debe, usar como emblema!

non estou de acordo en cambio, co de que mellor aprender catalán ca inglés; neso xa estamos a falar da opción da "lingua extranxeira", por min coma se se elixe o chino mandarín, pero indo ó práctico, hoxe en dia o inglés é necesario coñecelo.
(pero cando se trata da lingua de ún a practicidade non ten cabida, son razóns de máis peso, con raices máis fondas).

Chousa da Alcandra dixo...

Pois sigue aledándote, Zeltia; eu tamén concordo contigo nesto.

aopedofarelo dixo...

Eso so pasa aqui....Por certo u boto porque o noso Himno pase a ser A MACARENA,
Dalle o teu corpo alegria e cosa buena...eiiii Macarena
Ah, cando poidas pasate polo blog da Ulloa, deixeiche un recadiño ala para ti, para ela, e o de Monterroso.
E parabens pola parte que che toca na historia do libro do Curuxas...Non o sabia eu

A nena do paraugas dixo...

A Marsellesa ou "God save the queen" (Dise así en en inglés? Son de filoloxía galega, castelá e... antes era de filoloxía francesa, incluso)... Polo "desentendemento" global... Digo.

Vale.

Chousa da Alcandra dixo...

Tal como se poñen as cousas, Nena do paraugas, Deus vai ter que salvarnos a todos; que esto do tridente globalizador non sei eu se acabará coma o Rosario da Aurora, ou polo menos vai ser un Cristo.
Arrenejado sexa o diano!

Vou ver que me deixaches no blog da Ulloa, Aopedo farelo. Seguro que un billete de 100 ouros non foi, pero a ver logho que pode ser...

xenevra dixo...

Concordo totalmente coa idea exposta por Anto, o inglés só o puxeron para despistar. Son conscientes de que non hai medios (nin materiais, nin persoais) para establecer ese idioma como lingua vehicular no ensino. Sábeno de sobra. O feito de que o empreguen neste contexto (tras terse "cargado" as horas de conversación nas Escolas de Idiomas) é para afondar no concepto diglósico da lingua. Hai linguas prestixiadas que che abren portas (inglés, castelhano) e linguas que están ben para falar na casa, coa familia, pero sen que tevexan e sen que se che note o acento.

Fixádevos que neste "borrador" eliminan a palabra normalización (non confundir con normativización, esa que todas as linguas van cambiando a medida que abren camiños), non só dos contidos do futuro decreto, senón do título. Xa non é un "Decreto de Normalización Lingüística", é un "Decreto de trilingüismo" (glups). Con isto todos e todas podemos sobreentender que a nosa lingua xa goza dun estatus de normalidade na sociedade (eu podo escoller en que idioma quero ir ao cine, ou ler a prensa, ou ver a tv, ou ser atendida, que non entendida, nas miñas relacións comerciais...)

Hai algo en que insistía a LOXSE e que reforzaba o concepto de igualdade de oportunidades: para sermos iguiais non poden darnos a todos o mesmo, senón a cada un o que precisamos. Só deste xeito chegaremos ao mesmo obxectivo. Non conseguirán que todos sexamos igual de ricos se nos dan 6000€ a cada un; para iso deben darnos o que precisa cada un para chegar ao obxectivo fixado, nuns casos 500€ e noutros 6000. Iso é.

Non se trata de ir en contra do inglés (xa co anterior decreto había seccións bilingües nos IES) trátase de defender o noso, o noso orgullo, a nosa identidade, a nosa historia, a nosa cultura, o que nos é propio. Só os desleixados son quen de renegar e avergonzarse dela. Buscamos escusas "eu non falo ben o galego", "é que cambiaron unhas cousiñas na norma que me enlearon", "a mí me aprendieron el castelhano"... Escusas. Estou esperando as desculpas de todos os que destrozan o castelán (e non me refiro só os andaluces) e non fan diso a súa maior ignonimia.

Isto é que pasa Zeltia por promover o debate, que me enrollo (jejejeje). Sínto o rollo, pero... Que dicir que non saibades.

Grazas pola idea Zeltia

Mil primaveras máis para a lingua de noso

Anónimo dixo...

Sempre adoptando o de fora e tirando pedras contra o propio tellado... así non somos quen de conservar a nosa identidade, a lo menos no que a lingua se refire.

Apertas e ronroneos (RrrrRrr)

anavilat dixo...

Desta volta a ver se dunha vez se dan conta de que o pobo é quen manda!!! Ainda que lles costa entender o da maioría e que tanta xente este en contra do que fan.
Biquiños Chousa a ver se pronto vos vemos!!!

Susi DelaTorre dixo...

Mentres non coidemos o da nosa casa pouco poderemos facer na axena. E por certo, ¿ónde fica o respeto aos nosos maiores, con tanta lexislación virada?

Saudiños, dende unha vila que fixo moito tempo do seu " Casco vello" refuxio da marxinación.

Unha mentalidade orixinal...

Chousa da Alcandra dixo...

O dos sucesivos trocos na lexislación que atinxe ó ensino é de xulgado de garda. Non ten sentido que cada quenda que pasa polas consellerías (ou ministerios) arramblen con todo o dos anteriores.
E non é so unha cuestión de pura imaxe (agora estou a pensar nos carteis das galescolas, de duración tan sumamente efímera que case fire); senón tamén ao fondo e ás raíces da lexislación.
Evolucionar si, pero o bamboleo so é bo para certos bailes que agora non veñen ó caso.

Concordo tamén en que, antes de nada, hai que ter a casa propia ben axeitada. Despois xa miraremos de amañar a allea...

xenevra dixo...

E seguindo con todo o que levamos miañado estes días, vou deixar o enlace a un artigo do Freixanes, que malia o medio onde está publicado, creo que coincide con moitas das visións aquí expostas.

Un saúdo de futuro

Chousa da Alcandra dixo...

Moi a colación o artigo Xenevra. Tal cal unha "cerimonia de confusión" a que artellaron para trasladar o debate a outros ámbitos e sementar con fume o aire clariño. Acabaremos falando do ascensor e, vai ti saber, se non falaremos tamén da posiblidade de suprimir as escaleiras tamén...
Vai ser esta unha loita de longo percorrido. Chamo a todas e a todos a ser resistentes e non gastar as forzas axiña. Tampouco decaer nin pensar que todo está perdido. Non é certo. En ocasións, cando o que conduce o coche quere ir a 140 pola autoestrada, poda que os pasaxeiros non sexan capaces de convencelo de que é mellor ir pola estrada para disfrutar da paisaxe; pero secadra sí consiguen que -aínda viaxando pola autoestrada- circule a non máis de cen...

---

E a Chousa segue recibindo ventos e choivas, así que continúa a invernía. Nembargantes nihil obstact para que esta entrada siga viva e rezumando. Dito queda.

Paz Zeltia dixo...

xenevra aportacións coma a túa (a túa propia que fixeches máis arriba), e o compartir información que xulgas interesante, como o enlace a este artigo da voz de hoxe, é o que eu pedía.
neste caso tí vese que estás ben informada,
así que tí, e outros comentaristas máis fixéstesnos ós menos informados ou menos interesados no tema, un bo agasallo, que agradezo.
é a chousa, claro.
:D

pitima dixo...

E...fétidamente non ten nengún senso o de cambiar todo o que fixeron os anteriores. Mesmo semella venganza, represión... E por suposto, non ten nada que ver co sentir dos galegos, máis axenos a políticas colores dereitas ou esquerdas... Se tan difícil nolo poñen acabaremos por non falar, voto en blanco da língua.... jajaja Unha silenciosa protesta, sí.
Acordeime daquela entrada túa, Chousa, de volver a numerar as rúas cada vez que habia cambio no concello... Absurdo, caro, pouco práctico, estúpido...
Xa nos estamos a cansar das tolerías dos que mandan.
E pasa con máis cousas que coa língua. Nas administracións públicas estamos igual, a política do persoal parece un baile errático, agora che dou, agora che quito, e non te queixes... que polas necesidades do servicio pódote foder moito... sabémolo.
E así estamos, con esta democracia, o menos imperfecto dos sistemas de goberno.
Pois nada. Que a maioría decida. O pobo falou no idioma das urnas... Ó mellor é que non están afeitos a falar ben ese idioma, e poida que fosen mal interpretados, pode ser...
Éche o que hai.
Por moito que falemos nós aquí...

Chousa da Alcandra dixo...

Tés razón Pitima; pero so na primeira parte da reflexión. Non podemos tirar coa picaña sin antes arrincar un pouco esterco.
Non é a democracia quen está a fallar agora (como ben citas a Churchill); non, agora quen está fallando son as persoas que están manexando o cotarro.
E móvense por intereses.Persoais ou "de partido". Teño o convencemento de que esto podémolo cambiar. Ten que cambiar.

pitima dixo...

Tes razón que o fallo non é da democracia. Pero verás, eu sí que penso que a xente equivocouse o votar o que votou, e tamén que o público é moi maleable...
Non digo que os outros foran a facelo moito mellor, pero o pouco bo que foron facendo estes veñen a tiralo porque o fixeron eles. E ó revés sería o mesmo.
O que están a facer é antiestatutario, e gustaríame que así se vise, sin necesidade de tanta discusión nin protesta...
Xa sabía eu que era culta... (citanto a Churchill.. xa me dirás.. jaja)

Chousa da Alcandra dixo...

Quilicuá Pitima!. E por iso precisamente necesitamos sentar as bases para mudar o sistema. Ten que haber reglas do xogo válidas para todas as partidas; senón...a partida vai ser (está sendo)un cristo.
Cultísima. Metédesme unha presión tremenda con tanta sabiduría. Pero, como sabes, vaime a marcha; así que eu non paro, sigo sigo...jajaja

MartinAngelair dixo...

He venido para pedir disculpas, a ti y a tu casa, por si te he herido o molestado de alguna forma.




A veces, utilizando el mismo idioma no llegamos a la comprensión, si no media la intención,...y este hecho hace tiempo que lo descubrí y por el que aún sigue doliendo.



Ese era mi objetivo, y porque he tenido la suerte de vivir, cuando era niña, casi adolescente, anécdotas como cuando después de comer y antes de volver a clase, bajaba al patio, donde en libertad, un gato, un perro y un gavilán se acomodaban cerca de mí mientras leía en alto, a veces en castellano, a veces en gallego, a veces en francés.



Todos éramos bichos con distintos idiomas, y sin embargo, fue la época en donde me sentí mejor escuchada y más libre para hablar con voz propia.



De verdad que no quise ofender, y me olvidé que mi forma de expresar y comunicar, es tan rara como un 'miau',...que siempre existirá mientras exista un gato.




Un beso, y te prometo que no se volverá a repetir.



Buenas noches en tu casa.

Chousa da Alcandra dixo...

Non tes que pedir disculpas MartinAngelair, xa que en modo algún percibín eu ofensa en ningunha das túas intervencións na Chousa.

Anónimo dixo...

Ben, aproveitando o interesante comentario de Zeltia,fago unha reflexión: boa parte do balbordo que se montou arredor da suposta persecución do castelán e que ten alimentado decisivamente a situación na que nos atopamos, ten a súa causa directa no feito de que tres das catro linguas que se falan no estado español están desaparecidos do sistema educativo no estado.
Hai algunhas "verdades" instaladas como universais que non teñen unha base real, senón que nacen da propaganda do nacionalismo español, que tamén existe.
Pero como non son linguista, voulle deixar a palabra a ún que si o é. Curiosamente, é madrileño.

http://www.youtube.com/watch?v=sQlwvXQFxWM

Apertas pra tod@s.

Chousa da Alcandra dixo...

Este lingüista resulta tan pedagóxico na exposición como convincente na dicción. E, ademáis, ten toda a razón, carallo!

(Fixen seguir o video dentro do colectivo ProLingua, ao que pertenzo. Graciñas pola achega, setesoles)

Kim Basinguer dixo...

Hai que loitar. Bicos

Paz Zeltia dixo...

eu tamén lle quería decir a martín angelair que polo feito de citar unha frase do seu comentario, que non se sinta ofendida ela nin nada, eh, somentes eu quería expoñer o meu desacordo, pero sempre "falando", en bo tono, e con todo o respeto, e pedirlle disculpas eu se algo dixen que che lle sentara mal.

e o que deixou setesoles tamén moi ben explicadiño, uns argumentos sinxelos e expostos tan llaniñamente que convencen a calquera
Isn't it?

anto dixo...

Moreno Cabrera, catedrático de sociolingüística da U. Autónoma de Madrid é un tipo que leva tempo desmontando o nacionalismo lingüístico español. Claro, FAES e os medios de comunicación españolistas téñeno "silenciado", pero isto hoxe é máis difícil; ademais, por desgraza para eles, non ten defecto: é "castellano viejo", está asentado en Madrid, ten a máxima categoría nestes temas e non ten pelos na lingua.
Deixo aquí varios enlaces que a min me parecen de moito interés ademais do apuntado:
“Lingüística y nacionalismo lingüístico español”
http://www.youtube.com/watch?v=d4B6Hu3z-4A&feature=related

Conferencia na Universidade de Vigo (temática semellante á anterior). Vai máis lento.
http://tv.uvigo.es/video/5502

Entrevista (interesa máis a partir do minuto 18)
http://www.youtube.com/watch?v=Z57J88m0_MU&feature=related

anto dixo...

Chousa, hai algo que me mosquea. Enviei un comentario o sábado que non aparece reflectido. Xa sei que ti directamente tes que permitir; vamos, que tes posta a peneira. Estás no teu dereito.

Eu ese texto antes de envialo relino e sei que non era ofensivo con ninguén e que o que dicía tiña unha lóxica. Podíase concordar ou non, axudaría en todo caso a debater, mais...que non se publicase iso non me colle na cabeza.

Hai outra posibilidade (remota iso si), que se perdese non se sabe moi ben onde.

Agradeceríache que o aclarases.

Chousa da Alcandra dixo...

Anto: estou seguro que sabes que se puxen a "peneira" como ti lle chamas non é para evitar o debate, a discordancia ou o desacordo co que eu poida decir aquí. Creeme que non o fixen por desexo.
Con recpecto ao teu comentario aludido asegúroche que non chegou. Podía ser que me trabucase,pero non é o caso; non tiven ningún comentario teu durante estes días.
(Hoxe vexo estes dous, datados ambos o 19 e con 11 minutos de diferenza. Non sei se é o primeiro deles ao que te referías ou, simplemente, se perdeu no limbo).

Pídoche disculpas, en todo caso.

anto dixo...

Chousa, era un comentario anterior, do sábado.

Alégrome que fora calquera outra causa. Conto rematado!

Desculpa pola simple sospeita.

xenevra dixo...

Parécenme interesantísimos os vídeos, anto. Hai moitos tópicos que desterrar e moitas verdades universais que nin son verdades nin moito menos universais.

Ao borrador do decreto de trilingüismo contestou xa a RAG, claro e contundente
RAG

Tamén me parece xenial, como sempre, a análise de Fermín Bouza no seu blog
elvotoconbotas

xenevra dixo...

Acabo de ver nun dos comentarios do voto con botas este comentario (de Kali):
O Foro “Bispo Araúxo” oponse ao novo decreto sobre o galego no ensino e recorda que o Concilio Pastoral de Galicia insta á promoción da lingua
Pode verse no enlace:
http://www.vieiros.com/nova/77952/cregos-galegos-manifestanse-a-prol-da-lingua-e-censuran-o-silencio-dos-bispos

Non sabía del. deixo por aquí por se interesa.

Chousa da Alcandra dixo...

Moi interesantes as tuas achegas, tanto sobre o comentado no blog de Fermín como no foro dos Bispos Xenevra. Eso sí; o hostiazo que lle deu nos fuciños á equipa de Lorenzo foi o contundente informe da RAG.
E agora veñen eles dicindo que a RAG mira para un lado diferente do que mira a sociedade galega...Pensarán que sociedade galega significa traballar en San Caetano?

MartinAngelair dixo...

Moitas grazas con gracias.


...polo espazo con espacio.




E moitos bicos na túa casa.




B.N.C.Ch.

Paz Zeltia dixo...

un gran que hai que arrimar mañán, por toda a nosa xeografía, (e no resto do mundo)
que o rumor en galego sexa pronto un vocerío.!
e grazas polo empurronciño,
co teu entusiasmo e o de outra xente coma tí,
animádesnos ós que somos máis pasotas a unirnos para que o frente galego sexa cada vez máis grande.