venres, 22 de xaneiro de 2010

Círculo

Resumindo de xeito un tanto anárquico os obxectivos que se van tentando acadar ao longo das diferentes etapas vitais, en base a un estudo realizado pola Facultade Socioloxía Aplicada da Universidade de Antas (concretamente no Campus de Alvidrón) chégase á conclusión de que estes poderían ser:
Entre catro e cinco anos: non mexarse.
Con 7 anos: lembrar o que fixeches onte. Con 12 aniños ter moitos amigos. Con 18 primaveiras: ter carné de conducir.
Con 20: ter relacións sexuais.
Con 35: ter moitos cartos. Con 50: ter moitísimos cartos.
Con 65: ter relacións sexuais. Con 70: ter carné de conducir. Con 75 ter moitos amigos. Con 80 lembrar o que fixeches onte.
Con 85: non mexarse.

Foto: Cercanía xeracional ou zapatiños dispostos en círculo?

43 comentarios:

Merce dixo...

Non e por incordiar pero penso que a Facultade Socioloxica Aplicada da Universidade de Antas anda un chisquiño obsoleta en canto a iste tipo de estudos...

Entre 4 e 5: non mexarse.

Con 7 anos: ter 12,

con 12 anos encher o tuenti de colegas e ter 18,

con 18: ter o carne de conducir e 50 euros no peto para ires de farra,

con 20: ter relacions sexuais, o coche, os 50 euros e unha avóa ou avó que che quera moito e teña unha boa pension para que os 50 euros sexan 100, ou mais...

con 35: ter cartos e un hobbi

con 50: ter moitisimos cartos e facer que xogas ao golf, tes un iate ou viaxas polo mundo (porse ao dia coas novas tenoloxias para previr futuros inconvenientes)

con 65: ter relacions sexuais e comenzar a contactar con representantes de venta de viagra

con 70: ter o carne de conducir, xa chega, ir facer cola ao banco a ver se ingresaron a pension para lle dar ao neto/a a sua paguiña.

con 75: experiencias en facebook e tortura-los netos preguntando como se fai

con 80: querer ter 18

con 85: non mexarse

non sei... a min aproximaseme un pouquichiño mais...

bicos

mariajesusparadela dixo...

Boísimo, Chousa, eu xa vou polos vinte, (de segundas)...¿algún voluntario de vinte?(de primeiras)

Chousa da Alcandra dixo...

Mea culpa, Merce.
No meu afán de síntese, resumín en exceso; pero eso que ti expós é -calcadiño- o resultado do estudo da F.S.A. de Antas de Ulla e arredores.
(Agora a ver se non vou ter eu problemas co Decanato por cercenar os seus traballos...)
;-)

A nena do paraugas dixo...

Eu, que ando nos 50, engadiría:

"Aos 50,conservar o pelo nun estado aceptable e que aparezan curvas demasiado pronunciadas" (Seica son coqueta!)

"Aos 60, poder xubilarme co 100% do haber regulador"

"Aos 65, poder camiñar sen necesidade de caxato"

"Aos 70: levar 10 anos xubilada e darlle algúns cartiños aos netos e netas, se é que os teño (os netos e netas)"

Chousa da Alcandra dixo...

Salvado o matiz feito a Merce, veño preguntarlle a Mariajesusparadela se realmente ten ganas de aturar as landainas dun de vinte (de primeiras) e para decirlle A nena do paraugas que Universidade de Antas fai estudos, non milagres (o do 100% do haber regulador ta jodido eh)

HADEX dixo...

hehehhe....está ben.....A verdade é que a filosofía do circular ten moita tradición....O que penso é que eu nunca desexaría sería voltar aos 18....nin atrás en xeral...hai tempo que conseguín non botar de menos tempos pasados nin ansiar tempos futuros....aínda que pareza difícil.

Maribel-bel dixo...

En Antas de Ulla será algo parecido, ¡Os estudos son estudos!. Pero neste mundo revolucionado, inestable e non-anacrónico todo está o revés. Eu penso que os de 30 non teñen problemas de mexaduras, viagra nen propósitos tardíos. Estou nas edades de Paradela e Merce, lonxe das túas. Será que falas por apreciacións personais??. Biquiños

Chousa da Alcandra dixo...

Eu tampouco quero (hoxe) voltar aos 18. Dentro dun tempo xa che direi Hadex; pero se me atinxo ´´o que din os maiores do lugar...non sei se mudarei de opini´´on..

Eu son atemporal Maribel-bel; por min o tempo nin pasa nin acontece.
(Iso de que andas tan lonxe das miñas edades vai ser debido a que me percibes moi noviño, claro)

fonsilleda dixo...

Jajajajaja, aínda non parei de reir
E, o que non podo dicir por vergoña case patológica (non é por outra cousa, non, ¡malmensado!), é na etapa na que me atopo eu. Calcadita.
De todas as maneiras teño que estudalo pero non se se me pasarei ao de Merce.
Bicos.

Esa Facultade de Socioloxía ¿admite maiores?

Carlos Sousa dixo...

Ja,ja,ja, que bó ese circulo pechado! Vaia maneira de gastar os cartos a Facultade Socioloxía Aplicada da Universidade de Antas...

O das relacións sexuais, me parece a min que xa é un obxetivo antes dos 20, ata antes dos 18.

Logo entón, eu estou da opción de ter moitos cartos, a ver se os teño, para que dentro duns aniños poida cumprir co punto de ter "moitísimos"

Apertas

Pitima dixo...

Pois eu parece que vou con retraso na túa roda vital... Será que teño espíritu xoven, que ando máis no paso anterior que no que me corresponde pola idade real... Abarco bastante, quéroo todo, sexo e diñeiro, se pode ser...
Tamén pode deberse ó meu síndrome de Alicia, que chego tarde sempre...
¿Xastamos?... jaja

Voume optimista...

Bicos descalzos (sen idade?)

Artabria dixo...

Lera algo parecido fai un tempo. Moi bo...

São dixo...

rrrsss rrrss

Interessante.

Apertas.

A nena do paraugas dixo...

O do 100% do haber regulador está moi mal xa agora, así que, para esas... Peor.

E os dos milagres... Ben, nin a Universidade de Antas nin outra.

Moi bo o teu CÍRCULO! En serio.

susana moo dixo...

¡Qué bonito, Chousa!
Qué bonito conto, e qué ben escrito, emotivo e chistoso. Encantoume.
A foto tamén.
Redondo.

brabido dixo...

Estache todo ben describido,pero pa min case que falta o esencial.

As papatorias:
Empezamos polas papillas,siguemos cos bollicaos,hamburguesa,chuleton,cocido(non fai falta que sea de (Lalin),e despois xa se sabe o que che deixen os trigliceridos,coresterol......


Pero que seria esta vida sin estes manxares,que sepas que son moi "devoto" as papatorias.

Saúdos dende o Condado

Ana dixo...

Jejejeje...e os cuarenta que?

Faltame un naquiño pa cumplilos, e sigo detrás dos cartos, os viste ti?

Bicos

Nébeda dixo...

Xa din que os vellos son como rapaces... dende logo, os máis sabios os de doce.

Bico.

zeltia dixo...

vaia,
sei que poderá parecer que isto que digo vai en contra da igualdade entre homes e mulleres, pero sinto que ainda que eles podan desexar as mesmas cousas ca elas, polo menos non o desexan da mesma maneira, nin nas mesmas edades.

(acabo de lembrarme dun artigo que lin hai pouquechiño, que tamén facía un poucoo xogo das edades, falaba das diferentes cousas que querían as mulleres, según a súa edade á hora de buscar parella estable)
ós 20 queren deslumbrarse, probar e probar (priman a curiosidade, o divertimento)
ós 30 ter unha relación estable para formar unha familia, (mellor paz e seguridade que voráxine e vértigo)
ós 40 máis selectivas á hora de buscar (xa non pesa o reloxio biolóxico) así que priman o compañeirismo e a aventura
máis de 50: un par real, verdadeiro, que comprenda e comparta (priman a amistade e ternura)

e os homes queren:
ós 20 sexo e diversión
ós 30 sexo e diversión
ós 40 sexo e diversión
máis de 50: sexo e diversión

:D

Logio dixo...

Esto é como aquel que pregunta que diferencia hai entre un avó e unha avoa:

Que a avoa méxase e o avó non pode mexar.

paideleo dixo...

Non sabía eu dese círculo e xa teño unha idea para o meu blogo.

Frabisa dixo...

Caray, Chousa, yo apostaría como reto llegar a cumplir 80 años, claro que de poder escoger, oye, mejor sin pañal.

un bico

GINEBRA dixo...

Me ha parecido muy curiosa esta reflexión tuya, Chousa y muy ocurrente. Creo que se nos impone en cada etapa vital como hemos de vivir e incluso qué hemos de hacer, como un convencionalismo del que casi nadie puede escapar... ¿qué hacer? Bueno, no puedo decir que me escape de estos parámetros, pero lo intento, jejejejejeje.
Besos

vintxuca dixo...

Bueno....a verdade é que son as 11 da manhá e acabo de chegar a casa despois de unha noite tola, así que o meu obxetivo dos 30 vai ser "lembrar o que fixen onte".... vou un pouco a destempo!!!

Marisa dixo...

Quedouche un círculo
ben redondo.
Hai que ver que estudos
tan interesantes se fan
na Universidade de Antas.

Biquiños

xenevra dixo...

Un desexo: que o círculo non se peche! que se vaia agrandadndo e agrandando ata facerse infinito; que nunca falten nel novas ilusións (sexan as que sexan) e que de non poder ser deste modo pois buscaremos un cadrado solidario con afáns de chegar a ser decágono (que no decano da FSA ;))

Quizais a min me pase como a paideleo e acabe dando para un blogue :P:P:P (son unha plaxiadora, fiúuuu)

Bicos prolingueiros para todas e todos.

Bolboreteira dixo...

Pois tal cual! Así é a vida.
Comezo e fin similares, pero o importante é o camiño que.
Un bico

Markesa Merteuil dixo...

Vai ser que vou fora da miña época... :D I eu, ó contrario de Hadex, si boto de menos tempos pasados. Tal vez por iso me quedei nos vinte. Uiiiii, o que dixen... :D que o mesmo chega o censor ese que tivemos e me canea. E téñoos presentes, por aquilo de non volver cometer os mesmos erros. O dos cartos, coa miña profesión, véxoo ben difícil. Cando penso no futuro o que ansío é harmonía, felicidade propia e allea. E, por que non, algún que outro sobresalto, para lembrarme que estou viva.

anto dixo...

Eses da universidade de Antas non paran de darlle...á cabeza... e logo, claro, de aí sae o que sae!
E non podían parar un chisquiño... aínda que non fose máis ca para tomar unha cervexiña ben fría...e falar do tempo?

Os círculos teñen un aquel que chama a atención, si señor! A min, con todo, ese calzado fíxome lembrar que non sempre toca chover, que algunha vez tamén fixo calor e que xa nos vai tocando que raie o sol dunha vez.

Filoxera dixo...

Um percurso a 180 graus...
Beijos.

moinante dixo...

Que bo post. Aínda me rin un bo cacho :D

Chousa da Alcandra dixo...

Alédanme os vosos matices e gusto dos parabéns. Xa llos transmitirei ao decano (a ver se traballa en luns).

A profa dixo...

Moitísimos parabéns Chousa, xa non lembraba o que era unha entrada con tantos comentarios.
Chulísima a foto!
Sigamos navegando na dorna plural.
Saúdos.

Pitima dixo...

Quedeime eu agora pensando... ufs... qué traballo.. jaja. Será que veño do blogo de Susana, e que agora eso de que quero sexo e diñeiro, así mezclado, soa raro... mal... Porque claro, alguén pode concluir que o meu caso é doado: pódese, e de feito é unha solución moi antiga, gañar cartos co sexo... jajaja
Pero a min non me chista o sexo sucio... de diñeiro, digo, que polo demáis, xa se sabe polos anuncios de deterxente, na vida, para disfrutar, hai que mancharse.. seica.. jajaja
XASTAMOS!!
Aissss..
E o digo con respeto ás/ós que se gañan a vida así e ademáis disfrutan do seu traballo, aunque seguro que lles pasará como a todos, que en canto temos que facer algo por obriga, parece que xa non gusta igual... ¿non é?
Mira tí qué cousas.
¿E sabes que eu tamén andiven a fotografar zapatillas polo chan ó tempo que ti argallabas este post?
Foi menos preparada a performance, pero tendo en conta a túa metáfora, resulta toda unha historia. Ás veces o círculo rómpese malamente..., como demostran unhas deportivas tiradas na parada do autobús...
Xa o deixo..
Bico, repetido, pero como si fose novo..

LM dixo...

e logo os círculos de antas som iguais aos do resto do planeta?
beijos

Raposo dixo...

Unha boa radiografía da evolución do ser humán. Mira que son listos estes da Facultade de Socioloxía Aplicada da Universidade de Antas.

Chousa da Alcandra dixo...

Non;LM; aquí teñen matices ulláns, algo único no mundo mundial. (Por certo; ti que és da Coruña e véchese moi espilida; sendo a terra redonda e considerando que a chamamos "planeta"; se fose plana...chamaríamola "redondeta"?)
E como vai soar mal querer sexo e diñeiro Pitima!. Ambas cousas teñen aditamentos suficientes como para que mooooolen por separado; así que se van xuntas...mellor que mellor!. Claro que poñer cartos para ter sexo (ou poñer sexo para ter cartos) parece que soa mal; así que imos desexalos xuntos pero sin interdependencia mutua; paréceche?.
Naveguemos, pois, Profa; que mesmo semella que vai ben dirixida esta dorna e, aínda que os ventos zoan de proa, teño o pálpito de que quen goberna a nao sabe como recoller velas e anoar cabos para que a singladura nos vaia achegando ao porto desexado...
E que na FSA sonche moi listismos Raposo. Eso sí, investigan moitísimo para que os seus estudos teñan base científica sólida...

Aldabra dixo...

ata os dezaoito anos ía ben, despois xa me desviei...

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Ás veces tamén se pasa ben desviándose un chisco Aldabra. ;-)

setesoles dixo...

Xa o desía Kirk...Kirk... vaia, ese !!
Isto é filosofía e o demáis son caralladas.
Que non nos falle a túa lús. (E a do faiado tampouco).

Vai sol, carallo !!!

Rocío dixo...

Quen puidera completar ese círculo dun xeito digno e coa satisfacción de haber feito o correcto en cada momento.

Uff, ardua tarefa pero... mentres vaiamos intentándoo todo vai ben ;)

Unha aperta casi a metade do círculo!

irene dixo...

... y vuelta a empezar.
Biquiños, precioso.

Kim Basinguer dixo...

Non sabía dese círculo,asi é a vida.