domingo, 3 de xaneiro de 2010

Liderazgo

A Toura é dona do seu espazo no prado. Campea ás súas anchas sen que o resto da manada lle paza arredor do seu fuciño.
Ela vai sempre diante, tanto cando van como cando veñen. Ela sabe dos pastos da herdade e dos regos da bisbarra.
Non hai quen lle tusa. Nin siquera a Gallarda, que ás veces ponse farruca cando reparten o silo. No prado ela é a que manda.
Só a amolan dúas cousas: que o valado limite o seu pastar, e levar ó pescozo a maldita campanilla delatora. Pero é a peaxe que hai que pagar por ser a líder dunha manada de dúas vacas rubias do país...

Foto: A Toura. Facendo un alto no xantar.

39 comentarios:

HADEX dixo...

Pois sí que é ghuapa, sí.....pobres animais: teñen que sofrer os nosos inventos como eses molestos cencerros (imaxinas estar todo o día escoitando o tilín ensordecedor?), ou poñer límites a súa liberdade innata con eses endiañados pastores eléctricos.....Aissssss

fonsilleda dixo...

¡Que fermosura!. Remato de ler (o libro na casa de fai moito tempo ¿...?) hai uns dias "Memorias de una vaca", así que sei do que falo, non semella unha vaca tonta.

Maribel dixo...

Xa quedan poucas vacas rubias do pais. Invadironnos coas pintas "suizas", que dician que dan moito leite e nos iban poñer ricos a todos.Agora nin vacas do pais nin leite nin nada.Pasa como cos eucaliptos que medran axiña e producian cartos a curto prazo.Pero acaban cos nosos montes.Ti que dis que es unha chousa debes sabelo ben.
Interpretei por este lado a tua entrada. Como dis que so hai duas na manada pero secadra ibas por outro lado, que contigo nunca se sabe (e que eso de etiquetar como "política" descolocóuseme un pouquiño a cousa).
Como queira que sea, deixo a miña opinión. Bicos.
Maribel

BRABIDO dixo...

Sempre ae unha que manda mais,a outra non lle queda mas remedio que jachar a orella se quere vivir o caron dela.

Adoita ser asi.

Quen algo quere algo lle custa

Carlosm dixo...

Léveme o dianho como ti estás a falar das caixas galegas!. E que contigo nunca se sabe.
Eu penso que o parado (o no norte e o do sur) era abondo para manter a gallarda e tamen a toura, pero seica din os donos do cortelho, que son os que reparten o silo, que non, que hai que facerem concentraçom.
Ser lider duma manada de duas e pouca cousa.Ser lider duma soia..que qués que che digha.
Bo pasto. Carlosm

donna duck dixo...

hola muchisimas gracias por tu visita y espero que vuelvas a vistarlo feliz año nuevo para ti tambien y espero que todos tus deseos se cumplan. por aqui dejo mi huella un beso

mariajesusparadela dixo...

"A nova " e a Galicia" parécense ben ás túas...e supoño que ambalas dúas quererán ser as donas dos predios da casa e dos regatos... e loitarán pola campaíña...

Dilaida dixo...

Que non pense a Toura que sempre lle vai ser así, cando teña un descoido, ala!, a Gallarda sácalle a choca, eu de min a ela non durmiría tranquila. Tamén poden chegar a un acordo e levar a choca uns días cada unha.
Bicos

paideleo dixo...

Sempre hai algúns que se queixan delevar o chocallo pero non hai quen llo tire.
E millor que non medren algunha mandas coma as dos raposos e os lobos.

Paz Zeltia dixo...

antes de ver nos comentarios que -plovisto- falas das caixas galegas,

eu vira a entrada como unha reflexión humorística sobre as persoas cativas que se sinten importantes no seu reducido mundo, do que tal vez prefieren non saír, porque en eidos máis grandes, mesturados no medio de moitos, non serían quen de destacar nin ser líderes de nada.
hai quen prefiere ser emperador/emperatriz dunha baldosa, a disfrutar do mundo enteiro sendo un ninguén.

as persoas somos moi complexas.

pero se falas da caixas, non sei eu onde levan o corazón, nin entendo as súas debilidades.

e a toura será moi brava pero gallarda e un nome elegante, non digs que non

Anónimo dixo...

Si que é bonita, toda unha femia alfa dominante, e para máis rubia.

susana moo dixo...

Dicía un afamado filósofo que a vaca é o animal mais sensual que poida haber. Apelaba, o filósofo, as ubres abundantes, á mirada soñadora, aos beizos que mascan de vagar, ao rabiño co que espanta aos moscóns.
Conste que a min a vaca non me chama, pero unha vez mirei montar a un touro e te xuro, Chousa, que tinlle envexa á vaca.

Raposo dixo...

Xa se lle nota o carisma no seu xesto altivo e desafiante (deixo aparte segundas interpretacións).

pitima dixo...

Ah, qué sorte chegar despois para enterarme do tema... Que estou moi espesa neste entrar de ano... uisss... xastamos...
E que estou sen durmir (menudas 3 noites)... e non pola festa precisamente... Tivemos o neno maliño. Xa está mellor.
E digo eu, con esa fermosura, a vaca marela do corno virado... jajaja, como di a famosísima canción, qué necesidade ten de ir asoballando así... Qué o pastar é de todos e hai que repartir e compartir como boas irmáns...
ai... ese mirar revirado, que parece dicir: non corras que en canto me des o cú levas...
Xastamos... pastando!!

Bicos rumiantes...

Chousa da Alcandra dixo...

As vacas son atraíntes dende tódolos puntos. En tempos eran fonte de alimento (queixo, leite, carne...) eran o único sistema de calefacción da casa, forza para os traballos agrícolas, proporcionaban abono para as colleitas e podían convertirse en moeda de curso legal nas abundantes feiras do país.
Merecen moito máis que algúns galardóns que nunca tiveron. Que leven cornos é unha simple cuestión de atrezzo.
Non sei se o boi as fai gozar cando as monta; pero dende logo a fugacidade do momento faime dudar do envite. E non digamos agora co veterinario e o seu brazo plastificado...

O certo é que me estou indo polos cerros de Santa Mariña (xastamos!! jaja). Eu agora viña correxir ó benquerido Carlosm; que se lle foi a pinza co das Caixas. Non, desta vez trabucácheste Carlinhos. Seguramente me expresei mal, pero o meu intento comunicativo con este post ía polo lado daqueles que se sinten "algo jefes" e son comandantes da nada, condes da perrachica, marqueses da lacena valeira...
Eses que pensan que mandan un batallón e resulta que van eles solos. Eso sí, pertrechados coas cinchas e o boato propio do mando.
Coñecedes a algún desa estirpe?. Eu si.

A Toura e maila Gallarda siguen pacendo placidamente (i eso que anuncia friaxes para estes días) nos prados de Amarante...

Anónimo dixo...

tes razon chousa, as vacas significaron moito para a galicia rural. eu lembro que meu avó, cando tivo que desfacerse das vacas (xubilado e os fillos ningún quedou na casa), foi como se lle arrincaran media vida.
boa foto da toura.

~pi dixo...

cresci com olhos assim nos meus olhos de quase erva

[ olhos doces das vacas ruivas da minha avó,

pachorrentas, lentas, leves

] ruminando sempre

estrelas na testa

e sempre in_crescendo

ir pastar com elas :*)






~

Ginebra dixo...

jajjajaja, esa vaca vive muy bien, tampoco es tan alto el precio que paga por ser la líder de la manada Eres muy gracioso, me encanta pasearme por tu blog. Besos

Marisa dixo...

A manada non é moi
grande, pero aínda
así fai ben non deixar
que outra lle paza
a redor do seu fuciño.
Xa ten dabondo co
valado e a choca
o seu pescozo.

Unha aperta.

Sun Iou Miou dixo...

E eu que onde vexo vacas só vexo uns fermosos chuletóns... Besta que son! ;)

Anna Mora dixo...

Hola Chousa !
Tienes una vaca guapísima !!;)
Feliz noche de reyes , espero que te traigan muchas cosas !!!
Saludos des de Catalunya . Anna

Carlosm dixo...

Pois se me enganei logho sería por un casual. Pensava que a vaca era uma caixa (e que as caixas e os banco tamen tenhe cornos, que ben que nos furan os petos caralho)
Foron bós os Reis por Antas?

pitima dixo...

Pois é verdade que si non falabas das Caixas quedouche moi ben... como si falases... jaja. Xa che salen as metáforas ata de chiripa...
A min ás veces tamén me pasa...

Son ás solucións que apañan nas grandes, medianas, e se nos descuidamos, tamén nas pequenas empresas: se a cousa vai mal, mételle un xefe... Non contrates máis peóns, que logo se volven vagos e non facemos nada... Un xefe, canto máis cabrón(a) mellor...

E xa está ben de política....

Tres bicos que deixaron os de Oriente para ti na miña casa.

Meiguiña dixo...

Neste dia de inocencia e de Reis, esta Meiga deixou algo para ti no seu pequeno rincon, pasa a recollelo

Maxia e bicos meigos

Deambulando con Artabria dixo...

Non sei se este post ten doble sentido, dende logo eu non o pillo :-S

É que as rubias teñen xenio....

Chousa da Alcandra dixo...

Que vai ter doble sentido, muller. Ti non ves que eu nunca xogo con dobles sentidos?. Como moito puido sair algunha metáfora de chiripa, pero mais nada... jajaja

---

Viña comentar que, como fun tan bó durante o ano pasado, os Reis portáronse moi ben comigo tamén; así que quedo obrigado diante das SS.MM para que volten o ano que ven coa mesma intensidade agasalladora que este.
E xa vai sendo hora de deixarse de vacacións e brincadeiras; que temos un país que amañar. Señoras e señores: volvan vostedes ao traballo, carallo! (con pareado e todo)

Chousa da Alcandra dixo...

Cántame unha orella na lonxanía e faime escoitar a recriminación da miña frase antedita de "volten vostedes ao traballo". Parece que houbo quen non o deixou e sentiu agravio nas miñas letras. Que saiba quen se agravie que esa arenga verbalizada ía cara os que o deixaron; que ben sei eu en propias carnes o que é non deixalo. As canteiras non pechan por Nadal...tampouco!
Dito queda

Ra dixo...

Ahora SÍ sé lo que quiero ser de mayor :)

Chousa da Alcandra dixo...

Pois o fuciño debuxáchelo moi ben jajaja

Carlos Sousa dixo...

Repítocho, jeje, eu voltei hoxe ó traballo, teremos que amañar un país pero estou dunha mala "leche"... Que rápido se acostuma un a non facer nada, por iso odio estas datas (coa única salvación da ilusión dos pequenos)

matrioska_verde dixo...

o nome de Toura nunca o ouvira antes pero o nome de Gallarda e típico, típico... penso que en todas as cuadras había unha Gallarda, o que non sei si tan bonita como a da túa foto.

biquiños,

Merce dixo...

E que ademais e ben parecidiña ela :) Vendo esta entrada case me asoma un cheiro a natureza, será que as catro paredes da oficina veñenseme por riba, e que xa os oidos cansanse de escoitar seréas, claxons, pitidos, e demáis estridencias urbanas...

Quizáis abrir esta entrada, fose como abrir a fiestra da miña oficina e, en vez de atopar un gris e inerte edificio en frente de mil, o que vexo e un fermoso campo verde, fresco, e paxáros sen muñons, e que en vez de respirar o noxento cheiro dos tubos de escape, chegan ao meu nariz o doce cheiro do ar entremezclado co fume dalgunha cociña de ferro que arrecende a un bo caldiño de saborosos grelos...

mmmm que delicia... :)

Mira que tarde che escribo, e que o traballo iste mes axfisiame, pero, non quero queixarme, se non recibilo cos brazos abertos :)

Tamen queria dalgun xeito contestarche ao comentario que me deixache o 30 de decembro, e que, por suposto que foi todo un pracer dar co teu blogue :) Un descubrimento deses que vanse atesorando con moita ilusion :)

Bicos e espero eu tamen seguir descubrindo eses momentos e imaxes entrañables que chegan tan habilmente da tua man.

:)

Chousa da Alcandra dixo...

Carallo, Merce; vasme emocionar e todo! :-)

A nena do paraugas dixo...

A Toura... Lembro a autoridade daquela Cuca que tiña a miña avoa Benita, a súa graza e donosura movéndose polo Vacelo...
Rubia galega de calidade...

Onde quedou todo iso?

Anónimo dixo...

Se é o que digo eu...Chegan dous pra pelexarse!! ;))

Bo ano, Chousa.
(Bo ano, Toura)

Chousa da Alcandra dixo...

A nena do paraugas: Levo unha temporada meditando onde quedará todo iso, ademáis de na nosa memoria, claro!.
(Quero matizar e matizo, que nin todas as rubias son de calidade nin toda a calidade é rubia...)

Setesoles: Pero tampouco dous pelexan se un non quere...
Xa lle felicito o aninovo á Toura da túa parte)

irene dixo...

Es lo que tiene el liderazgo, casi siempre hay que pagar un canon. Es linda la Toura, tiene una franca mirada.
Bicos, Chousa.

Kim Basinguer dixo...

A moito tempo que non veia unha vaca rubia.

Chousa da Alcandra dixo...

Sempre hai que pagar peaxes Irene; tés razón. A cuestión é que sexa rendible ese pagamento...

Para eso estamos Kim. Todo un pracer amosar a Toura ó mundo.