Ós seus noventa e tantos anos, a señora Dores, que vivía na Residencia de anciáns dende facía máis de 20, decidiu coller o bote no que fora xuntando uns cartiños para, chegado o Nadal, ver o xeito de se reunir coas súas dúas únicas irmás vivas, de sete que foran.
Levaba tres anos aforrando da exigüa pensión para poder darse ese capricho de xuntarse o día de Noiteboa.
Non hai palabras para describir a decepción sufrida pola señora Dores cando se decatou de que o bote desaparecera.
Tras días de decepción e rabia, que a abocaban a unha segura depresión, toma unha decisión.
Escribe unha carta na que suplica unha solución.
A carta vai dirixida a "Dios", e -resumida- dicía así:
En correos hai unhas persoas adicadas a tentar direccionar aquelas cartas que teñen enderezos complicados de ler ou identificar. Esas persoas son comunmente chamadas "sabios". O sabio desta estafeta, ao ver a carta non puido evitar abrila e cando rematou a lectura, con bágoas nos ollos, deixouna sobre a súa mesa de traballo. Ó final da xornada chamou a todos os seus compañeiros antes de que marchasen, e leulles a carta.
Cando rematou, sen que mediase palabra, cada un dos presentes foi metendo a man no peto e deixando enriba da mesa do sabio cinco euros, dez, tres...Cando marcharon todos o sabio contou o recadado: 580 euros. Colleu un impreso de xiro Postal e remitiunos á Residencia a nome da señora Dores e indicando como remitente: "Dios".
Pasou o Nadal. Xa a nos últimos de xaneiro, chega unha nova carta co mesmo destinatario e idéntica caligrafía á mesa do sabio; éste case non daba aberto a carta coa emoción. Cando logrou desdobrar o papel, leu con avidez:
Levaba tres anos aforrando da exigüa pensión para poder darse ese capricho de xuntarse o día de Noiteboa.
Non hai palabras para describir a decepción sufrida pola señora Dores cando se decatou de que o bote desaparecera.
Tras días de decepción e rabia, que a abocaban a unha segura depresión, toma unha decisión.
Escribe unha carta na que suplica unha solución.
A carta vai dirixida a "Dios", e -resumida- dicía así:
Señor. Ti sabes que fun máis ou menos boa persoa ó longo da miña vida. Non fixen mal a ninguén e agora que tiña a ilusión de poder xuntarme, probablemente por derradeira vez, co que queda da miña familia; alguén me roubou os 600 euros que precisaba para tal menester.
Ti, se quixeras, podes amañalo. Facer un signo, darme un sinal. Estareiche eternamente agradecida, Señor. ...
E botou a carta no buzón de correos nun sobre que como enderezo e destinatario, unicamente indicaba: "Dios".Ti, se quixeras, podes amañalo. Facer un signo, darme un sinal. Estareiche eternamente agradecida, Señor. ...
En correos hai unhas persoas adicadas a tentar direccionar aquelas cartas que teñen enderezos complicados de ler ou identificar. Esas persoas son comunmente chamadas "sabios". O sabio desta estafeta, ao ver a carta non puido evitar abrila e cando rematou a lectura, con bágoas nos ollos, deixouna sobre a súa mesa de traballo. Ó final da xornada chamou a todos os seus compañeiros antes de que marchasen, e leulles a carta.
Cando rematou, sen que mediase palabra, cada un dos presentes foi metendo a man no peto e deixando enriba da mesa do sabio cinco euros, dez, tres...Cando marcharon todos o sabio contou o recadado: 580 euros. Colleu un impreso de xiro Postal e remitiunos á Residencia a nome da señora Dores e indicando como remitente: "Dios".
Pasou o Nadal. Xa a nos últimos de xaneiro, chega unha nova carta co mesmo destinatario e idéntica caligrafía á mesa do sabio; éste case non daba aberto a carta coa emoción. Cando logrou desdobrar o papel, leu con avidez:
Grazas Señor por esta mostra da túa infinita bondade. Poda que algunha vez tivera dúbidas da túa existencia, pero agora -Señor- adicarei os días que me queden da miña vida a rezar e.... (seguía unha longa misiva cargada de emotividade e agradecemento).
Asinado: María Dores Pei Toril
Posdata: por certo!, faltaban 20 euros, pero seguro que foron os fillos de puta dos carteiros!.
Foto: Non atopei ainda a rúa do "Manda carallo". Mentras pode valer esta.
36 comentarios:
Maxino que despois do Nadal os sabios de correos afogarán debaixo dos millóns de cartas de todos os nenos e non tan nenos que recibirón un pixama no canto dun viodeoxogo. Uns santos!
(entendín todo, todo, escribe vostede moi claro, tece sen nó, ;) )
Fillo de puta si que é quen lle levou os 600 euros,ese non ten perdon de "DIOS".
Coidado coa carteira.
Mira..prometo que si Deus me envía 600 euros a semán, fágolle ata publicidade na rúa. Os carteiros son nobres funcionarios! Mañán farei a comprobación ,,, Biquiños
O conto está ben argalhado. Ficéchesme rir um anaco. Manhán cóntollo a un amigo carteiro e já verás como se escaralha.
Conhas son conhas, pero estas coisas pasan he.
Apertas
Carlosm
Mui bo, aínda rin un cacho !.
eu tamén teño que dicir, que rin bastante! mira que serán estos carteiros.. quedarse con 20 euros... aiiii pobres!!! :P
Gracias por sacarme un sorriso a estas horas de mañá.....
Se atopa a rúa Manda Carallo, sacareille unha foto para ti.....
A historia está ben, pero se estivera ambientada no meu pobo, deus non existiría, eso seguro jijijijiji
Que historia más bonita, Chousa... y triste. No sé quien puede robar a una mujer los ahorros de su vida, desde luego merece una condena eterna (si ésta exisitera) o al menos infinitas noches de insomnio, ¿no crees?.
Bien por los sabios de la estafeta de correos, por su solidaridad y comprensión, por su humanidad en definitiva.
La dulce ancina, ingenua, al menos podrá cumplir su deseo.
Besos y gracias por esta historia tan humana.
É o que teñen as velliñas, que outra cousa non saberan, pero... o de contar os cartiños... :-)
Ja ja ja......o que di a Markesa!!! Moi boa Chousa!!
Espera, vou anotar a dirección...
D I O S
Vale.
Tenche gracia o conto... navideño! Sí que é, sí: con cartas, carteiros especiais, reunión coa familia, noiteboa...
Bonita perspectiva da rúa Paciencia!
Ai as culpas, como pesan as culpas.. jajaja. Seguro que o carteiro non cha leva a casa, xa fará para deixar o papeliño para ir buscarla tí a correos... jaja, que non vai caber no buzón!!! jaja
ó primeiro pensei que ía ser un blandengue conto de nadal... ohnopordióchousatamén
pero ben, ben... o conto é para facer rir, (que o consegue) e por riba ten a súa ensinanza:
cando fagas un ben, non esperes agradecimento, porque ata as velliñas que nos rompen o corazón, poden ser unhas f.d.p desconfiadas!
Chegoume hai algún tempo por email, pero en vez de Dios eran os reis magos. O mes pasado conteillo o empregado de correos que me fixo un certificado...ríuse un pouco...
Je je, un bo conto de Nadal. Apertas
Que historia tan bonita.Enternecedora e simpática.
Muito ben Chousiña!
Bicos!
Pois si, Chousa, manda carallo! Gustoume esta historia tan tenra e retranqueira que vén a evidenciar que moitas veces levan as culpas os menos indicados. E tamén é tratado de teoloxía práctica.
Sigo a lerte a cotío pero con limitacións de tempo para deixar un comentario obrigado sempre.
Moitas apertas e a ver se paso pronto a recoller a lotería.
Unha boa historia que empeza en plan Andersen e acaba como so ti sabes facer.....
bicos e ollo x q ao Raposo non seí si o amolará....
Xa vexo que hai comprensión cos sufridos carteiros. Pobriños, case sempre levan as culpas das omisións dos demáis; e para unha vez que fan unha acción humanitaria...zás!!!, faise presente a interpretación errónea. Esto de levar as culpas sin telas é jodido, si.
Xa sei que a historia quedou algo longa esta vez, pero...para dicir o que había que contar era preciso incorporar letras!
hehehe :))) que boa xente os sabios!! grazas pola visita co teu traxe de cabuxa :)) séntache de medo!!! un biquiño ben grande :)) con paciencia :)
¡que contiño tan divetrtido!, creo que xa o escoitei algunha vez, non recordo donde nin cando, nin falla que fai.
así qué estás a capturar nomes de calles, é que mira que eres rariño, home ¿e non che gustou a do nome "Subcastillo" en Navia, a mín pareceume como de calle de pouca importancia "Sub".
é respecto de Luar na Lubre, a canción é ben bonita, ¿verdade?, tanto me gustou que a puxen dúas veces.
escoitei a Luar na Lubre nas festas de Cedeira e gústanme moito pero tiven a sorte de escoitar a Rosa Cedrón (ela soa) cando veu a presentar o seu disco á Fundación Caixa Galicia e pareceume unha pasada... esa voz que tén, e esa pose tan sensual tocando a súa arpa... un irmá seu tocaba o violín, é profesor no Conservatorio da Coruña, e tamén a acompañaban unha guitarra e un piano, si mal non recordo...
en fin, que teñas unha boa noite e que soñes con anxos azuis.
biquiños,
p.d.: por certo, non podo dicirche o que me contestou Congo que faría polas noites, é que non sei, estou pensando que ó mellor fago un poema ou un relato, non sei... ¿poderás agardar?
Encantoume o teu conto
do nadal,con ese remate de posdata que non esperaba.
Pobres carteiros, colle mala fama e bótate a durmir.
Bicos
Moi bo o conto Chousa. O final inesperado fíxome rir con gañas.
Unha colleita de bicos
Ja,ja, moi bo. Xa o coñcía pero aínda me fixeches rir.
Moi bonitos eses balcóns achegadiños, Rúa da Paciencia? será por algo?
jajaja, si e que sempre téntanos o demo de xulgar sen coñecemento de causa, de sinalar porque sinalan os demais, de falar de ouvidas... en fin, un simpatico conto con moralexa :)
Biquiños
P.D. E sabes que ando a buscar a foto da escaleira que che prometin e non a atopo? pero sei onde estaba, irei a por ela... :)
Estupenda historia! E moi ben contada.
Paciencia. Bonito nome para unha rúa e interesante virtude nos homes, nas mulleres.
Definitivamente estás moi desperdiciado Chousa. Non sei a que te adicas nin como te recompensan, pero realmente TIENES UN DON ESPECIAL PARA COMUNICAR e estou convencida de que non te dan o que mereces nesa canteira (seguro que eso e outra coña das tuas).
Fixéchesme rir a rabiar con esta historia e fasme disfrutar con todas as cousas profundas que contas.
Un bico grande
vou comentar como anónimo, que facerche tanto a pelota case me da vergonza. Pero tiña ganas de dicilo e dito queda
Engano...
:-)
Beijos.
Paso rapidito a saludarte y desearte unas muy felices fiestas.
Ando liadilla y lo estaré más las próximas semanas, así que hasta el próximo año.
Sé feliz.
un bico
Una historia, en cualquier caso, muy bien narrada. ¿Ocurrió, la recogiste de los cuentos populares o la inventaste?
Me ha gustado.
Saludos.
Encantoume,pobriña despois de xuntar os cartos e quedarse sin ellos,o final conseguió o que pretendía.
Mais, menuda desilusión levouse o carteiro,jejeje
Bicos
Perdinte e encontreite de novo, ;) ;)
Colle o que queiras, bon nadal!
Jajajajajaja. Didáctico e moi chusco. ¡Pobres carteiros!. Xa o coñecía pero volvín a rir
Cando ía pola metade do conto pensaba que tería o "demo" do Chousa cos de correos para lles facer tanto o conto, pero no remate xa me quedou todo claro ;-) ;-)
Chuchooooss !
E aínda hai quen pensa que dios non existe, ou no caso de que admitan a súa existencia, dubidan da súa sabiduría.
aisss, estes descridos XPXPXP
Tenro e emotivo
Pobres carteiros!.
Cantas culpas de cartas non recibidas que non chegan por non ser nunca escritas!.
Sirva para eles (e elas) este pequerrecho recoñecemento.
---
Eso sí, quen atope a rúa do Manda Carallo; que mo faga saber. Pagarei en maquías...
Publicar un comentario