xoves, 15 de outubro de 2009

Competencia

Non hai mellor lei de mercado que a fixada pola competencia. Se ofreces o mesmo produto, tés que ser máis hábil, mellor comercial e máis eficiente que o teu competidor para ganarlle cota de mercado. En principio quen gaña é o usuario, ainda que ti tamén precisas gañar.
O márketing axudarache, pero con igualdade de prezos e idéntica ubicación, vai ser determinante a calidade no servizo para que o cliente se decida por ti.
Unha maneira de convertir unha ameaza en oportunidade de negocio pode consistir en mimetizarte co nome do teu competidor; iso sí, sempre dándolle unha viravolta ou un matiz. E despois sempre te preguntarás o motivo polo que a xente sempre vai en cada momomento onde ve máis xente .
Pasará o mesmo no "mercado" do ligoteo?

Foto: Difícil elección.

28 comentarios:

Carlos Sousa dixo...

Je,je, difícil elección, pero entre chuchos e lambetadas, supoño que o momento influirá, (as veces apetecerá un achuchón e as veces unhas lambetadiñas non veñen mal...).

Xa me imaxino nos comentarios o tipo de bicos que che van mandar...

Markesa Merteuil dixo...

Penso que cando falamos de ligoteo, si. Pero quen busca algo máis prefire que non haxa demasiado interese por parte do resto da cidadanía. Por iso de que o medo é libre.

pitima dixo...

Xastamos!! jaja. Pois non.. Eu non relaciono as chuches e as lambetadas co sexo.... jajaja. Boooeeeenooo, un pouco ó mellor sí, pero eu trazaría o diagrama de Ben do seguinte xeito:

amor--->doces
sexo--->salados e picantes

Nun mesmo conxunto estaría o amor e o sexo, noutro estarían as cousas de comer... jajaja

E logo tamén podes facer interseccións e unións e semellantes, a modo de Benesutra.. jajaja

Recordas os diagramas de Ben... ¿verdade?
Aissss

Postos a competir, a ver se tes un comentario máis parvo ca este.. jajaja

Bicos sen rival...

maruxiña dixo...

A mín creo que che me daría igual, dependendo das gañas que teña, na primeira que atope, encántanme as lambetadas, e as chuches, e as gominolas e...

Biquiños rapaz!!!

BRABIDO dixo...

A competencia e boa po comsumidor,mais variedade e prezos competitivos.

A xente trae xente,coma os cartos uns traen os outros.

Un saudo

fonsilleda dixo...

Pois agora descubro que me afecta a publicidade xa que entre a duas portas da foto estupenda que pos, seguro que me inclinaría pola porta de lambetadas.
¿Porqué?, é que o de chuches sempre me pareceu unha bobada e, ademais sempre fun moi de lambetadas.
Bicos
Haberá que pechar ollos e oidos ante a publicidade

paideleo dixo...

Lambetadas para min. Aínda non lle topei o gusto aos chuches.

A foto é de premio. Que non a miren os de Galicia Bilingue !.

Chousa da Alcandra dixo...

Carlos Sousa: Para provocar bicos a fixen!!!. Reserveille a Blogger unha morea de megas para que me quepan todiños no meu espazo jajaja

Markesa Merteuil: Si, si, para iso non hai como a intimidade. En todo caso eu preguntábame se irían moitos onde se ven moitos agardando "cola" (sin coca).

Pitima: E logo non podemos misturar o salgado co picante? Eu penso que si eh. E nesa frase que decía que "coas cousas de comer non se xoga...eu discrepo abertamente! Ti tamén ou? (E sí que recordo os diagramas de Ben, e as interseccións e os fluxos...xastamos!).

Maruxiña: As gominolas tamén? E non che se pegan moito nos dentes?. Eu case que me quedo con chocolate en polvo jajaja.
Boeno, vale, e unha bolsa de pipas tamén pode entreter un anaco.

Brabido: Levas razón. A competitividade fai mellorar o produto, incluso no prezo; co cal o consumidor acaba sendo o máximo beneficiario. Pero ás veces a xente acaba indo en plan rabaño. Onde ves outra xente consideras que é por algo positivo...e...alí vas!

Fonsilleda: Somos o obxectivo da publicidade e, polo tanto, somos tamén as suas víctimas. É algo indiscutible. Así e todo ti non peches os ollos cando vaias mercar lambetadas. Non vaia ser o diaño que tropeces na porta e en troques de lambetada leves unha lampreada!!

Paideleo: Non quixen mentar ó diaño (G.B.), pero tamén a min me veu á cabeza de xeito inmediato.
E pásame igualiño ca ti; eu dos-das chuches...quédome co nome nada mais.

matrioska_verde dixo...

imos por partes... a mín eso de poñer dous negocios igualiños un do lado do outro, non lle vexo eu a gracia pero alá cada ún... eu, por soposto iría ó que me atenderan mellor... o bó trato e un punto determiñante, para mín.

respecto o mercado do ligoteo... pois claro que acontece que todos van para a mismo ou para o mesmo... pero dígoche unha cousa: "equivócanse"... as xoias ai que descubrilas, non están á vista de calquera, e menos están para a "venda" o por maior...

biquiños,

p.d.: "abraiame canto proveito lle sacas a unha foto"... póñome ós teus pes, meu rei.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Para gañar no mercado (con comiñas e sen comiñas)primeiro de todo hay que ter un bo produto; logo facer un interesante márketing, e por último consumar un excelente servizo. Se calquera dos tres falla (sobre todo o primeiro mailo último) o fracaso está servido.
Bicos de lambetadas, e de chuches tamén...

Deambulando con Artabria dixo...

Eu, dende logo, opto polas lambetadas, non preguntes por qué, pero parecenme máis apetecibles que as chuches....

Unknown dixo...

Polo negocio, non veo sentido os dous xuntos.E unha putada pros dous, e so ganara a amabilidad de cada un.

Polo ligoteo como dis ti, eu non iria donde hai moita xente....moito uso e esas cousas,jajajaja

Bicos

Raposo dixo...

Ai, quen me dera volverme neno e vivir na casa do lado deses negocios tan atractivos!!!!

Paz Zeltia dixo...

estou a preguntarme se todo iso que dis e unha metáfora de algo;
máis de un sentido terao, seguro.
e a mín, hoxe, co cansa que estou, xa che me custa pillarlle o sentido máis evidente.

:-)

a foto está moi ben con esas dúas tendas pegadiñas ofrecendo o mismo. eu iria cara a galega, pero teño que admitir que pola vista entrame máis a outra... tería que recordarlle á miña parte hedonista os principios eses que custa tantísimo manter!

Barreira dixo...

Pois eu son mais de lambetadas, porque aos chuches vanlles subir o IVA.
Non sei como vai quedar o IVA nos productos do ligoteo??.
Saudos.

Mer dixo...

pois eu prefiro as lambetadas, porque lamber, o que se di lamber, pódese lamber calquera cousa, co que a saber o que venden ahí dentro...

apertas

Marisa dixo...

Aprimeira impresión
entra polos ollos,
presentar o producto
de forma atractiva
coido que ten moita
importancia.
Eu quedaríame coas
lambetadas,coma que
me soa un pouco
mellor.

Bicos

Carlosm dixo...

O que vejo eu é que á casa das chucherias-lambetadas faille falta unha boa man de pintura, caralho!

A ti, Chousa, calquera te leva á casa. Sácaslle punta a todo e tés o olho moi atento sempre. Un perigo a ter en conta.

Carlosm

susana moo dixo...

Non entraría nin nunha nin na outra. Eu enfilaría cara a ese cuartiño que se agocha detrás desa ventá coas cortinas.

CriS dixo...

¿lambetadas que es? me suena a lametazos... pero no se si habrán puesto un nombre tan .. ¿sugerente? a la tienda.
Ay... no se, en cualquier caso a mi lo de chuches me recuerda a mi niñez y me encanta esa palabra... aparte de que están ricas las jodías... qué vicio...

si... esto empieza a parecer otra cosa, corto y cambio.

Por cierto que acaba de salir publicada tu foto en mi Calle de Las Palabras: http://elsegundodecriscuezva.blogspot.com/2009/10/flores.html

;) Muchas gracias!

A.C. dixo...

Din que as lambetadas acaban cos dentes, pero saben tan ben...

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Pois hai quen afirma que o mellor que lle pode pasar a un bar de copas é que lle poñan ó lado outro bar de copas; así que... para gustos píntanse iniciativas jajaja.
Graciñas por loubar as miñas fotos ou a capacidade para tirarlles proveito.

Carmen: A túa sí que é unha lección maxistral de economía de mercado. Quen che mova un punto ou unha coma do dito estará errado.

Artabria: Pois concordo contigo. Ademáis a palabriña "lambetada" resulta máis doada de pronunciar, agradable ó oido e -incluso- suscitante de moitas máis cousiñas...xastamos! jajaja

Ana: Pois parece que o persoal non che pensa o mesmo. Xa ves que onde hai moita xente...acaban por acudir máis. Vai ser como as moscas que van ó mel...

Raposo: Se te volveras raparigo e vivises a carón desa contínua tentación...estarías arruinado de forma permanente, terías caries e estarías gordo como un cebolo...jajaja

Zeltia: Non che ten doble sentido esta vez. O único doble que hai son as duas tendas pegadiñas vendendo o mesmo.
Así e todo fas ben pensar mal eh; que comigho, a porcentaxe de acertos ha ser considerable! ;-)

Barreira: Ós artigos do ligoteo vailles subir o VIÑA. Aquí non vai quedar nada sin subir. I eso que eu pensaba que algunhas cousas era mellor baixalas...

Mer: Jajaja. Eu non sei se te trabucarías. Ou, polo menos...xa nos podías contar en que estarías pensando cando dis que se pode lamber case todo...

Marisa: Os ollos son unha esponxiña que todo o capta. E por eles engaiólannos e por eles tamén nos deixamos engaiolar. Despois, evidentemente, entran outras valoracións, pero os ollos...son a primeira toma, certamente.

Carlosm: Son de confianza oh. Pódesme levar á tua casa sin problema. Eso sí, procura ter algunha lambetada para...beber

Susana Moo: Ai claro!; ti seguro que ías zugar as piruletas e papar as gominolas na intimidade, non si?.
Pois tamén deberías amosarnos como zugas os chupa-chús e como fas globiños cos chicles; ou non sabes?

Cris: Vas ben atinada co de lambetadas-lamber. E despois decides que son eu o verderolo...
Xa ves que moitos comentarios tiran cara ese lado.

A.C.: A estas alturas, Anita, xa deberías saber que todo aquelo que nos gusta; unha de dúas: ou engorda ou é pecado.
Así que... hai que tirar polo camiño do medio!

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa: non teño motivos para desconfiar pero dáme a impresión de que se trata da mesma tenda con dúas entradas (ou entrada e saída). Nese caso a elección sería estritamente caprichosa. E o do dous letreiro diferentes poden ser circunstancias do tempo e das empresas proveedoras que en moitas ocasión nos dan o luminoso de balde cando xa tiñamos un toldo na outra porta. Todo pode ser.
Agora ben, se me pides opinión, aposto polos letreiros en GALEGO.
Coma sempre mándoche apertas.

Cuspedepita dixo...

Eu tamén entraría na tenda das lambetadas en vez de na das chuches, por tres motivos: Primeiro, por principios, en galego sábenme mellor ;-), segundo porque me pasa coma Fonsilleda, chuches sempre me pareceu unha parvada, e terceiro porque agora, cada vez que vexo a palabra "chuches" ven á miña cachola a imaxe de Rajoi falando da subida dos impostos e tería medo que se me indixestaran as gominolas e tamén o IVA delas ;-)

Chuchos (con O )

Cuspedepita dixo...

Ahhhhh, este ano tamén quero lotería de Folk Antas. Non me vaiades deixar sen ela que este ano toca seguro !! ;-))

Merce dixo...

Bueno ben pensado se un producto escasea na tenda do lado sempre podes atopalo sen ter que camiñar un par de centos de metros, ainda mais se se trata de lambetadas, larpeiradas, doces, chuches, lambonadas ou laponadas a min dame o mesmo, non se nota nadiña que non me gustan as lambonadas, non si?

Unha forte aperta :)

Chousa da Alcandra dixo...

Busto Agolada: Pois non che é a mesma tenda, non. Son dúas distintas.
E se cadra non se agreden moito. Fai uns anos había un bar nunha rúa de Compostela que se chamaba "A Ofisina". Estaba moi soliño naquela rúa do Ensanche e un día apareceu outro aberto co nome de "A competensia". Queres saber que a rúa cobrou vida cos dous bares, e ó pouco tempo xa había seis ou sete?.

Cuspedepita: Si, si; de corazón eu tamén faría iso que dis; pero no fondo...entramos na primeira que nos atenda con xeito i esmero.
Por certo; e se vendesen chuchos, como se chamaría a tenda? (Non vou seguir mudando fonemas que imos acabar mal ;-) )
--Pide Lotería, este ano os número son feos tamén, pero...seica van ó bombo!!!--

Merce: Non hai como buscarlle puntos positivos ó asunto. Xa o dixo aquel famoso filósofo holandés metido a entrenador de fútbol: tu siempre positifo, nunca negatiffo!!
E non che se nota nadiña que che molan as lambetadas, non...

----
Faltoume dicir que esa foto tireina en Compostela, moi pertiño da Alameda, xa encarando o Franco.
E fago esta acotación para que vexades como divago eu. Resulta que cando escribín este post publico unha foto de Santiago; e na entrada que acabo de escribir agora mesmo, recén chegado da manifestación polo galego de Santiago, vou e póñovos unha de Portomarín...
E que eu...sonvos así!

irene dixo...

¡Ay, la competencia, la competencia!, qué dura es a veces, sobre todo en el mercado de la última frase.
¿Chuches o lambetadas?
Achuchones para ti, Chousa.