xoves, 22 de outubro de 2009

Libro

Non podo rexeitar o convite da miña veciña Alexandra Oliveira nesta proposta de sortear un libro escrito nas linguas irmás galega ou portuguesa.
A mecánica é moi semellante á empregada no que chamamos o sorteo do traste galego non fai moito tempo. En todo caso, copio o contido do enunciado no blog de Alexandra sobre o sistema:

“Cada blog escolle un libro do mundo litetario galego (entendendo por galego aquel que emprega a Lingua Galega) ou português (que en certo modo non deixa de ser unha variante do mesmo idioma). Posteriormente pasaselle o relevo aos 5 blogues que cadaquén considere para que sigan co xogo. O día 30 de Novembro deste presente 2009 todos os mantedores sortean o libro entre os comentarios da entrada. Sería interesante que cada blog escollese un autor da súa zona…”

A miña escolla é un libro que me chamou a atención no seu día polo título, e que acabou por gustarme a súa prosa sinxela e atraínte. E como o sabor tamén ten que ver co queixo; quen resulte agraciado con este libro, tamén terá un queixo da Ulloa!
Agora debo pasarlle a bola a 5 blogues. Como iso é un embolado por un lado e tamén pode cortar a iniciativa de quen o quixera facer sen ser convidado; vou deixalo á libre elección de cada quén. Eso sí; para optar a número do meu, hai que colaborar con outro libriño. Queda claro?

32 comentarios:

Doutora Seymour dixo...

mmmmm... igual á paciente se anima a participar neste sorteo...
Polo queixo, claro.

Manuel L. Rodrigues dixo...

Olá Chousa!! Duas cousiñas:

1º/ Apúntame para o sorteo
2º/ Para que o meme furrule tes que pasarlle o relevo a cinco blogues que consideres (só así se expandirá pola rede)
3º/ Pásate pola miña casa recoller o teu número (ti ou quen queira participar).

Unha aperta!!

Carlos Sousa dixo...

Eu tamén quero un numeriño, ademáis teño pendente facelo, ou sexa que mo podes ir dando. Cando sexa pásate a coller un no meu blog.

Apertas

alexandraonelight dixo...

Bom dia, meu vizinho! :0) Que oferta mais saborosa... e ainda por cima, em dupla medida! Pois aqui fica o meu pedido de um número... e só de pensar que me pode calhar novamente a boa fortuna do queijinho delicioso de Ulloa, a par com este sugestivo livro... já fico com água na boca! ;0) Um beijo de cá, e um excelente fim-de-semana!

fonsilleda dixo...

Chousa, xa che lin onte e estiven pensando se aceptar este pequeno reto, pero só aceptei dous nesta vida bloguera vida, e penso que xa cumprín.
Paréceme interesante, sobre todo, polo que respecta ao queixo que, como poderás imaxinarche, encántame.
Podería, iso si, deixar un, dous, e ata tres títulos pero xa vexo que tiveches éxito e algunha persoa aceptou.
Así que me sinto menos obrigada.
¡Que haxa sorte! e pasareime a ver que libros deixa cada cal. Do teu, tomo boa nota.
É que unha xa anda maior
Bicos

maruxiña dixo...

pola miña banda, coa miña retirada (a tempo polo que vexo jijijij) do mundo bloguil non podo aceptar o reto, pero o que vou facer é apuntar a túa proposta literaria a unha lista inmensa que teño de lecturas pendentes, xa che contarei...

Biquiños rapaz!!!

Carlosm dixo...

já vejo que esto dos memes ten un éxito de moito caralho. A gente nin siquera comenta por temor a ter que facelo hahaha.
Pois eu non poderei participar, que son tan pobre que nin siquera tenho blogo.
Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Pois vai ser que algo do que di Carlos hai, si. O persoal non anda moito polo labor de someterse a ordenanzas. Eu comprendoo perfectamente, xa que eu tamén fuxo dos memes coma do lume.
Así e todo, fago un chamamento á colaboración. A iniciativa meréceo. Veña!!!

E vou repartir números para os que pedistes:

Doutora Seymour: Confío en que acabará por participar neste leria; así que quedalle adxudicado o número 1.
(O queixo ten magnífico sabor e o libro tamén deixa bo padal).

Manuel L. Rodrigues: Ben sei que tés razón no de nomear ho; pero e que me resulta complicado facelo; así que déixame que sirva este chamamento para tod@s a participar.
Correspóndeche o número 2 do meu sorteo, e axiña me pasarei polo teu blog para pedir número.

Carlos Sousa: Para que vexas que sei contar, a ti tócache o número 3.
Tamén te terei vixiado para pedirche número a ti. A ver que proposta nos fas.

Alexandraonelight: Para a miña vizinha do outro lado do pai Minho, a que me embarcou nesta andaina literaria -e que eu completo coa gastronómica-, correspóndelle o número 4.
Unha das razóns pola que fixen a escolla do libro de Suárez Abel é debido a que unha parte da acción narrada na historia transcorre en Portugal...

Fonsilleda: Non me veñas con lerias dos anos e tararí que te ví; que non é unha atenuante para participar. Anímate axiña. Seguro que tés algunha proposta moi interesante que facer e podo asegurarche que o libro que eu sortearei resulta ameno. Vou fiarme de que farás o encargo e adxudícoche o número 5.

Maruxiña: Poucas armas teño para convencerte se estás co blogue a coita. Ainda así...estás segura de que non te animas a facer un post pequeniño suxerindo algunha lectura interesante, probablemente escrita por algun/ha chantadin@?. Veña!!!. Resérvoche para ti o número 6

Carlosm: Para ti nin auga!. Esto de ser comentarista sin posibilidade de replicarche na tua "casa" é unha gaita. A ver para cando abres un kiosko.

---
Queda claro que, ainda adxudicando números, para poder optar ó meu agasallo, hai que facer o sorteo tamén

fonsilleda dixo...

Fareino coa condición de que non influirei, coma ti, en ninguén para que faga o mesmo. Dáme vergoña, en serio
E teño moi poucos días. Iso é outro problema

fonsilleda dixo...

ben entendido que se hai resposta, por suposto eu sortearei o libro. Non quedaba claro ¿verdade?
¿De acordo?, contesta
¡Ah!, e os anos son dabondo.

Cris dixo...

Ains... que yo no me se ningun libro en gallego... qué desastre... sólo me se la canción de Catro Vellos Mariñeiros, je je
Como en otras ocasiones, felicitaros por la iniciativa y desearos mucha suerte.

Bfletes con morriña...

Anónimo dixo...

vexo que a xente está quietiña.
o que se mova panda.

Anónimo dixo...

ji ji ji. Chousa, vaiche caer a ratio de participación no blogue.
Eu tampouco me movo para non pandar jijiji

Chousa da Alcandra dixo...

Sigo, denda a cabaceira, co ollo atento a esta proposta.

A.C. dixo...

Ai, pois eu tamén quero participar nesto. Que case non o vexo!

Aldabra dixo...

como dis tí, fuxo dos memes como do lume e sentíndoo moito non vou participar... non me importaría regalar o libro, teño algúns títulos que merecen moito a pena pero será para outra vez.

espero que no mo teñas en conta, chousa.

biquiños,

fonsilleda dixo...

Voume a limitar a pór o libro e un enlace para o teu blog.
Se alguén ten interese que se preocupe. Se hai anotacións, sortearei o libro.
A verdade é que estas propostas, como os memes (hai pouco decateime do que significaba a palabreja) que agradezo pero non subo, están invadindo este mundo. E non terminas nunca se fas caso a todos.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Magnífica a proposta da Fonsilleda. Vou buscar número ipso facto!
Fagan xogo, damas e cabaleiros. Anímense a participar no trasteo literario galaico-português.

gdec dixo...

Minha cara Chousa da Alcandra:
Como já disse no meu blog o seu número é o 3 .
E renovo aqui o meu pedido para participar no sorteio do livro que oferece . Espero vê-la mais vezes no meu blog
seu
Geraldes de Carvalho

Chousa da Alcandra dixo...

Con prestanza lle adxudico o número que lle corresponde no meu sorteio; que ven sendo o número 7.

E quixera eu empregar a pedagoxía que non coñezo en profundidade para amosarlle que na Galiza os fimininos non sempre denominan a unha dama...

Un pracer moito agradable de telo como visitante na Chousa

Filoxera dixo...

Ai! Depois volto para ler e ver se ficou claro. Ando estoirada e o sno já pesa...
Beijos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois volta axiña, Filoxera. O teu número para o meu sorteio agárdate!. Anímate a participar.

elvira carvalho dixo...

A verdade é que não sei muito bem como participar, e depois o tempo também anda tão escasso. Já estou só a postar uma texto uma vez por semana e mesmo assim falta-me tempo para visitar os amigos.
Um abraço e tudo de bom

paideleo dixo...

Pois eu pido número.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois eu douche o número 8 paideleo. Sorte!

Kim Basinguer dixo...

¡O queixo da Ulloa é tentador...!

busto.agolada dixo...

Pido número para o meme e verei de ofertar algo semellante npos vindeiros días.
Resérvame tamén lotería de Folk Antas.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Señor Busto.Agolada, ten vostede o número 9 neste sorteo do libro galaico-portugués. Estarei atento para o seu sorteo (Estou seguriño de que o autor do libro vai ser un que eu estiven a piques de sortear; pero este que finalmente collín xa o lin tantas veces que é hora de deixalo voar...)

Kim Basinguer: Anímate a participar!

Bolboreteira dixo...

Apuntame meu, quero un numeriño para ese sorteo.
Un bico

Chousa da Alcandra dixo...

Con sumo pracer adxudícoche o número 10, Bolboreteira. Eu xa fun buscar o meu número ó teu blogue.

An dixo...

Quedanche numeros? anotame se é así. Eu deste autor lein Turbo, entre obrigado (erache director do centro onde eu estudaba) e intrigado, quedoume moi bo sabor de boca. SAúdos e apertas...por certo, eu tamen teño sorteo XD

Chousa da Alcandra dixo...

Quédanme números, claro que si. E levas un dos meus preferidos, An. Correspóndeche o número 11.
Agora vou ver polo teu poleiro a coller rifa para o teu sorteo.