sábado, 27 de xuño de 2009

Conciliación

Hoxe veño con ánimo de facer apoloxía da miña abnegada entrega no meu traballo. (Dudo con vehemencia que os xefes saiban da existencia da Chousa, así que non estou na procura de medallas; unicamente me move o afán de constatar un feito).
A cousa é que, despois dunha semaniña enteira -que iso sí que é muiñada- adicado a esgazar pedras de sol a sol na canteira, hoxe tiña previsto meterlle man ó xardín co cortacesped; pero cando me puxen a roupa de faena decateime que vou ter que mercar unha desbrozadora!
Situacións como esta deixan ben ás claras a necesidade perentoria de acadar conciliación entre a vida laboral... e mailo coidado do xardín!

Foto: Xardín amontesado ou monte axardiñado?

27 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

...E falando da dura vida na canteira, non fai moitos días que un colega estaba bourando co mazo nas graníticas penas que nos mandan desfacer como tarefa única para a que valemos (...). A raiola do mediodía quentáballe os hombreiros e o sudor esbarexíalle por todo o seu corpo queimado.
Cada golpe de maceta requería un esforzo redoblado pola calor e maila dureza da veta que tocaba esmaiolar...
Deteu por uns segundos o seu reiterado esfozo para levar un grolo de auga que repuxese os líquidos perdidos. Mentras bebía, pensaba:

"Levo vinte anos na empresa, estou ben visto polos xefes e tiven catro ascensos. Pregúntome...de que carallo empezaría eu ho??"

Deambulando con Artabria dixo...

Pois aproveita a cortar o cesped este fin de semana, que co tempo que fai......

Noraboa polo premio!!! Ben merecido, por certo.

Anónimo dixo...

Creo que o teu "xardín" estáche a botar un bo pulso ;)

Avelainha dixo...

Ai Chousa!, que fermosa guarida tés. Ten que ser fresquiña a mais non poder. Eu deixaría sin cortar nadiña. Vese mais enxebre, agreste e pura así. Estou rabeando por que me convides a esa cova montesa que tes hahahaha

Bicos amontesados

vakastolas dixo...

E non lle comentaches á xefatura as túas obrigas para o xardín? Pode que sexan comprensivos, que lles entre sentimento de culpabilidade (ou pode que lles entre a risa...).

Barreira dixo...

Eu aconselloche que merques a desbrozadora, por si o da conciliación non vai adiante.... un supoñer, eh!!!.
Saudos conciliadores.

CriS dixo...

Y es que ya decía John Lennon, que la vida es aquello que te va sucediendo mientras te empeñas en hacer otros planes.

De locos pensar que cuando algún día tengamos tiempo haremos esto u otro porque todo seguirá mas o menos igual. la vida corre, no nos espera...

pitima dixo...

Nós temos a desbrozadora desde sempre... jajaja
En fines..

manel vazquez dixo...

pois ilo levando con calma que non todo vai ser petar na pedra

Markesa Merteuil dixo...

Monte axardinado, sen dúbida.

susanamoo dixo...

Ás veces gustame aquilo ben salvaxe, pero as mais prefíroo rasurado, mais fresquiño. Pero non fai falla desbrozadora, cunha guillete hai dabondo.

paideleo dixo...

Cando tés un anaco de terra deixas de ter vacacións.
Que a "pedra" non che sexa dura.

HADEX dixo...

Déixoche ao meu Gavilán para que te axude un pouco.....ji ji ji....

Noa dixo...

eu voto polo monte axardiñado... coma o meu. desas tarefas encárgase meu pai, que eu non podo coa desbrozadora... ;b

Paz Zeltia dixo...

cheguei ata o sitio de facer o coment lendo todos os anteriores... ¡e agora non me lembro do que ia dicir!
:-(
a idea no maxín, as palabras axeitadas nos dedos... e cortouseme!... con tanta desbrozadora!

bueno e que impresionoume a imaxe mental de ese home co suor esbarándoselle polo seu corpo queimado polo sol :-)

Raposo dixo...

E logo non tes fouces?

Mar e Lúa dixo...

Eu aínda sigo a darlle voltas á túa última pregunta: xardín amontesado ou monte axardiñado?? Tanto ten, a min gústame igual ;)

Biquiños!

Carlos Sousa dixo...

Entón na casa tes modernidades como cortacespede e desbrozadora e na canteira aínda andades a pico e marreta? Pois unha de dúas ou te modernizas na canteira ou compras unhas fouces, fouzañas, fouciños e demáis. Que carallo, hai que voltar ó enxebre.

Saúdos doutro currante da pedra, pero máis fina.

Carlosm dixo...

Joder tio, como se te puso el jardin desde el otro dia que yo te vi coidándolo, aivalaostia!. Esto, ten mucho coidado con las xestas, que botan unas raices de mucho carallo y despois non hai quien las de arrincado ¡

Carlosm

Carlosm dixo...

Hostia! acabo de percatarme que eso esta xusto na carreter de Antas-Lalin. Sempre me preguntei que carallo era ese sitio...
ummmmmm e...sígomo preguntando. Que raio é??????

Doutora Seymour dixo...

Un recuncho axardinado no medio du xardín amontesado. Agochado. Iso si que serviría para (re) conciliar.
(e para gañarse unha medalla)

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, téñovos un chisco abandonados. Xa vexo que parache na dulceira do Castelo e enredaches no xardín amontesado.
Pregunta Carlosm, que raios será? Pois é unha mina de auga que surte a boa parte da aldea. Eu lémbroa aberta. Pero hai xa ben anos que a cegaron deste xeito, creo que foi cando arranxaron a estrada. UN pouco máis arriba quedan restos do antigo camiño que ía cara a Lalín desde a Ponte Vilariño. Precisamente, aquí á beira da casa das dulceiras bifurcábase e mentres o ramal secundario ía cara a Lalín, o principal dirixíase á POnte Taboada, buscando as terras de Silleda.
Apertas.

matrioska_verde dixo...

pois o levas claro, rapaz... o pagas porque te fagan o traballo o fas turno doble... non che queda outra.

o vendes a casa e te vas para un pisiño...

o... asfaltas o xardín...

o...

biquiños e moita pacencia.

d

Chousa da Alcandra dixo...

Ás veces non hai como deixar as ideas "a monte" para que luzan esplendorosas e con brío.
Certo que o que tantas veces chamou a miña atención cando pasaba camiño de Lalín, era unha mina de auga!. Pero non me negaredes que ben podería ser a mansión dun blogueiro en exceso ocupado; ou non?

Apertas

Anónimo dixo...

Pois olha, querido vizinho, que, por mim, gosto muito desse ar selvagem e "montês" do teu jardim! Está lindíssimo, tal e qual!
(Acho que devo ter sido uma raposa, numa qualquer vida anterior!... ;0)
Beijos não desbrozados,
Alexandra

LM dixo...

se tivesses um rabanho de ovelhas nom passava isso. homem! logo terias de "debroza-las" a elas mas nom se pode ter todo nesta vida...
beijos

Kim Basinguer dixo...

O da conciliacion non lle vo eu boa pinta, mellor sera ir pensando nunha desbrozadora.