venres, 1 de maio de 2009

Engruñados

Somos rariños de carallo (ollo, non confundir a preposición coa contracción...; que tamén podería ser): non traballamos no "día do traballo" e un bichiño microscópico mutado e de nome mutante tamén, pón en xaque a toda unha organización de saúde que seica é mundial.
Téndese a magnificar todo. O que antes eran dous días de nevaradas, trátanse de temporal; e sete acatarrados esbirrando definen unha posible pandemia mundial. O que antes se trataba cun "Jasús María!!!", hoxe require toneladas de reservas en antivirais.
Sexa aviar ou porcina, nova ou vella; o certo é que estas noticias téñennos sempre engruñados mentras nos sentamos diante dos nosos platos cheos de comida e vemos no telexornal cantos novos casos hai hoxe esbirrando na aldea global. Pola contra medio mundo segue a ter que estarricarse para lograr un anaquiño de pan que levarse ás súas bocas caladas...
E coa afonía que nos produce o pavor, observamos como a vida continúa a desenvolver as súas follas novas, enchendo os campos de arrecendo primaveral. Coma se nada pasase.

Foto: Feto de fento en A Cervela (Antas de Ulla)

38 comentarios:

Carlos Sousa dixo...

Esperemos que a xente no se alarme de máis, que xa se sabe o que pode facer o pavor na xente.

O peor, como dis ti, e que no outro medio mundo, todo segue igual que antes. Como isto da gripe chegue alá, entón non sei o que poderá esperarlles.

Non traballes moito hoxe, e coidado coas contraccións.

Anónimo dixo...

Es cierto que hay mucha gente que su preocupación es conseguir algo de comida, sin que puedan tener una televisión para poder conocer esta nueva amenaza para la salud que nos invade.
Es verdad que se exageran muchas cosas.
Ciertamente que la naturaleza sigue su curso.
Pero también es verdad que es bueno ser precavidos.
Como también es cierto que tienes un blog estupendo.

Ana Liza

HADEX dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
HADEX dixo...

Eliminei o meu comentario anterior porque tiña unha falta de ortografía, cousa que non podo soportar.....

Dicía que tes toda a razón e remítote, remítovos, ao artigo publicado onte na Voz de Galicia, Pandemia, que remata coa sentencia "La ceguera sí es pandemia".
Bicosss

Avelainha dixo...

Meu Deus Chousa!. Pensei que somente xogabas coa fonétida de FENTO e FETO, pero agrandei a foto e nunca me dera conta da similitude entre o fentiño así engruñado cos fetos humans.
E tes razón, tal e como di Hadex, para unhas cousas somos moi tikismikis e para outras temos moita manga ancha.

Bicos da Avelainha

Chousa da Alcandra dixo...

Carlos Sousa: Eu xa non che sei moi ben se do que se trata é de causar medo ou de distraer a atención cara outras cousas.
Se nos fixamos un chisco, ultimamente prima o malo sempre. Nos programas de TV berran e clávanse coitelos cada día; nos telexornais todo son desgrazas...

En Antas florece unha primavera impresionante. Que veñan as cámaras a dar testemuña, carallo!

Anónimo: Graciñas polas flores que me botas. E ainda que non adoito respostar anónimos...esta vez vouno facer debido a que me molou moito o teu nome/alcume. Supoño que traballarás nunha xestora de Fondos. Se é así xa podes ir poñéndote as pilas, que ultimamente non dades unha!!!
Grazas polas flores e benvid@ á Chousa

Hadex: Esa era a idea!. Gustoume a metáfora que emprega o articulista da Voz "para a gripe tapamos a boca e para a malaria ou a sida tapamos...os ollos".

Con respecto ó da falta ortográfica...jajaja, ben sabes que na casa do ferreiro...coitelo de abeneiro!

Chousa da Alcandra dixo...

Avelainha: Sí que son ben semellantes, si. Se nos fixamos na natureza -tanto animal como vexetal- atopámonos con moitas sorpresiñas como esta.

E a min tamén me gustou o teu dictámen de "tikismikis". Moi axeitado.

Deambulando con Artabria dixo...

A miña alerxia chegou un pouco tarde, pero dende onte está a facer estragos, así que de arrecendo primaveral nadiña de nada-

Carlosm dixo...

Africa resulta ser o continente mais vulnerable a todo e curiosamente inda non detectaron casos. Pola contra morren diariamente centos de nenos coa fame, e con outras enfermedades víricas que como non tocan a occidente nin son pandemia nin tortademia nin nada de nada.

Bonito o fiento de Antas que semelha efectivamente á imaje dun feto nas primeiras semanas de desenvolvemento.

Apertas sin virus
Carlosm

Anónimo dixo...

Señor Chousa por alusiones vengo a echarle unas flores: Durante unos días he leído casi todo su blog. He navegado por otras bitácoras para entender conceptos. Debo decirle que me parece usted un reprimido sexual. Obseso sexual que se observa meridianamente en los piques continuos de índole sexual con las autoras de blogs y también en las imágenes ( detrás del objeto aparece en muchas ocasiones un cuerpo, perdón un culo de mujer. Por otro lado parece que tiene usted una vida vacía, he sumado el tiempo de los comentarios que deja usted cada día y sumado el tiempo de descanso, comidas, ocho horas de trabajo, me sale que usted vive en su ordenador, pobrecillo.
Intuyo que muchos de sus asiduos visitantes se rasgaran las vestiduras con mis comentarios, aunque en el fondo piensen como yo. Hay mucha pelotilla y se lo digo con conocimiento de causa. No se preocupe un día dejare en mi blog mi imagen y mi nombre para que sepa quien le critica. Bicos con cicuta y anti-acoso después de tomar un yogur natural en otra Chousa. No me lance anzuelos sexuales ni me mire el culo caballero; a mi no me van sus gracias reprimidas. Tenga usted un buen día delante de su ordenador y no se meta más donde no lo llaman, vivirá más feliz delante de la pantalla. Las personas saben contestar solitas. Lo dicho siga atentamente la pantalla y no, me mire los senos, caballero.

Carlosm dixo...

Carahlo Chousa!, parece que se toman interese pola tua literatura. Hahahaha, este vai ser o primeiro paso para saltar aos primeiros postos dos best-sellers mundiais.

(E di que se leu o teu blog enteiro nuns dias e tamen os comentarios que deixas. Anda que este si que ten tempo de caralho. E por riba ve cus de mulher en todas as tuas fotos. Un dia con tempo já me dis onde os agochas, q eu tamben quero velos).

Maria dixo...

Confiemos en que non sexa pra tanto

saudiños Chousa!

Carlos Sousa dixo...

Je,je, esta si que che é ben boa, menuda amistade te buscaches, paréceme un tipo a ostia de cachondo. Mira que intentar entrar no teu blog para ver cus de mulleres? Como se non houbera outros lados para topalas.

Estou co meu tocallo Caslossm, isto ata che pode facer máis famoso.

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria: Sinto ben que esta saturación de pólen que rebecha polo ar manque a tua pituitaria dese xeito. Abofé que me lembro sempre de quenes o padecedes así (na casa teño quen tamén lle afecta, sobre todo nos seus olliños; pero este ano -toco madeira- de momento...non empezou a cousa a poñerse brava).
Pero tés que comprender que, pasándoo ti tan mal, alguén ten que disfrutalo doble. Apúntome!!

Carlosm: Escoitaba agora no telexornal que en certos países están empezando a sacrificar masivamente os porcos; curiosamente propiedade de xentes con escasos recursos económicos.
Coma sempre, acaban pagando os débiles.
En Antas os fentos son así de bonitos e verdes!

Funcionario: Moitas molestias te tomas oh. Total para un reprimido coma min penso que non merecía a pena tanta leria. (Sí que me gustan os cus femeninos -e outras partes tamén-; pero e todas as fotos...Como dicía Bob Marley: se bebes, non bloguees; ou como mínimo...non insultes).

√ Lolylla √ : Todos desexamos que así sexa. Confiemos en que todas as precaucións tomadas sexan as axeitadas e que axiña todo volte á normalidade. Este tipo de alertas sobre a saúde fan que nos sintamos totalmente indefensos e vulnerables.
Estou convencido de que logo voltaremos á normalidade cotiá de sempre.

Carlos Sousa: Si, si; con amistades así...para que carallo quero enemighos, non si? jajaja.
Boeno, despois desta longa tempada por estes lares xa era hora de que alguén mexara fora do testo.
Por certo; viches que en Vieiros citaron a tua festa da Picaraña?. Ti tamén te vas facer famoso!. Xa nos veremos no Olimpo...

Markesa Merteuil dixo...

Hai pandemias máis mortíferas e que parece que a ninguén lle preocupan. Non se somete a cuarentena ós que apoian as guerras, e favorecen a desigualdade, e a fame. Pero eso será tema dun post.

Barreira dixo...

Chousa. Asi que andas a revolucionar o mundo virtual.
Eu son dos que digo "onde non te chaman..... que che quererán!!!". Pois que despois pasa o que pasa, o de predicar no deserto e todas esas cousas. En fin, en relación coas mulleres..... ups!! ..... co tema que hoxe nos toca, o que nos quita a gana de comer é unha gripe, nin mais nin menos. E debe ser por iso polo que as ganas de comer siguen intactas, porque é unha gripe, nin mais nin menos.
Saudos

pitima dixo...

jajaja... aisss, empiezo a cogerle el punto a este Funcionario.. con senos!!! jajaja. Graciosa, ¡de verdad!, y muy creativa!! pa que luego digan!!
Ó comentario:
O tema este da gripe chegou a alarmarme cando comezaron a dar cifras de 150 mortos en México, que de súpeto, pasaban a 10, 20... E logo outros datos que falaban de unha decena confirmada en todo o mundo....
Non digo que estea mal a prevención, pero certo é que a ceguera é moito peor. Pensar que a metade de África ten Sida sí que é preocupante..
A verdadera pandemia é a fame e as guerras no terceiro mundo. Nos padecemos de ceguera, e iso tamén debería preocupar, pero ollos que non ven... corazón que non sinte (por regla xeral..., sempre hai excepcións, coma en todo..)
Un bico Chousa (limpiño e casto, non te nos vaias excitar de máis... jajajaja)

Carlos Sousa dixo...

Pois non o vin, por máis que busco en Vieiros por Picaraña, non sou capaz de topalo. A ver se me podes axudar que sinto curiosidade.

CriS dixo...

Hola,
me ha gustado la frase que incluye Hadex sobre que la ceguera sí es una pandemia. Estoy totalmente de acuerdo y había un dicho que decía algo asi como: no hay peor ciego que el no quiere ver !! Bueno, yo no se, pero estos días lo que pienso, mas que en salir corriendo a comprarme un "cubrebocas" como dicen los compatriotas mejicanos, es que esto nos viene muy bien para no pensar tanto en la crisis económica y en problemas gordos como ese o similares. ¿será esto una venda en nuestros ojos? Pues no lo se, en general todos vemos lo que queremos ver. complicados que somos.

Bfletes como si no pasara nada..

Deambulando con Artabria dixo...

Non o pases ben por duplicado, Chousiña, pasao por triplicado........se queres, jejeje

susanamoo dixo...

Qué mala é a envexa!
Que tanta muller comente aquí ferve os grelos dalgún, i é que de reprimido nada: ben vivo de cintura para arriba e ben viviño de cintura para abaixo che sentimos, e nos gusta, vaia!
Impresionante a foto e a túa comparativa!

caracol dixo...

Yo no soy planta pero me sigo desarrollando en los campos en esta primavera.
En mi rincón hubo alertas que yo no oí directamente de los alertistas. a lo mejor por eso no me alteré?
En otras ciudades, especialmente las grandes, todo fue muy dramático. Tal vez si no hubiera sido así, hubiera habido más casos.
Se habla de conspiraciones, muertes por influenza... también dicen que en México muere más gente por violencia un mismo día que las que han muerto por la gripa.
Eso me preocupa más.
Me preocupa también qué pasara con la economía. Bueno, ya es mucho rollo, no??

bonito tu blog, señor reprimido sexual =)

saludos!

Chousa da Alcandra dixo...

Markesa Merteuil: Un tema que ten ben entretelas para coser e zurcir. Cara ese lado apuntaban os meus disparos con este post. Chámame poderosamente a atención a cantidade de recursos que se adican e, como di Caracol máis abaixo (que é de México), algúns alí enteráronse cando neste lado xa estabamos todos acongojados (teño que empregar termos axeitados, que senón vanme insultar novamente; e non me convén para a miña reputación blogueira moitos insultos consecutivos).

Barreira: Que vou revolucionar eu oh!; se ti ben sabes que son un santiño!!!. O que pasa é que se algo teño longo, ademáis da curiosidade, é o fuciño jajajaja. E, claro, con unha protuberancia así...sempre se mete en moitos sitios.
En todo caso, podes creerme que os motivos que traía quen me tentou insultar, volvería telos se o caso se volvese dar.
E con respecto á gripe...a min estes días quítame algo a fame un carallo dun resfriado que me ten atenazado dende fai uns días xa. Pero teño previsto superalo axiña.

Pitima: Pois sí que é raro un funcionario con tetas, si; pero boeno, os de Antas non nos sorprendemos de nada, que como estamos no Centro Xeográfico dende este posto privilexiado vemos de todo.
E fas ben en mandarme bicos castos, que non sei moi ben como reaccionará un obseso reprimido. Será como a gaseosa?. Non, eu voume dar máis importancia e supoño que coma o cava.

Esperemos que a situación da gripe A (hoxe xa falaba un experto de que podía mutar novamente, e neste caso...chamaranlle B?) se relaxe un chisco, coa fin de que poidan adicarlle esforzos e recursos a aquelo que realmente importa.
Bicos (castos) tamén.

Carlos Sousa: Pois agora andiven mirando ás presas e xa non sae; pero vino nun resumo semanal das cousas que recolleran do blogomillo. Se o atopo de novo xa che enviarei o link. Apertas novamente.

Cris: Sin duda unha atinada expresión a que recollía Hadex. Poda que sexa unha venda nos ollos o que nos queren poñer, ainda que por outro lado tamén é comprensible que haxa que ser cautelosos e precavidos. A tarefa de quen manda non sempre é doada.

Artabria: Con moderación, que un xa vai tendo os seus anos e tampouco hai que pasarse....jajajaja

Susanamoo: O de "ferver o grelo" é unha excelente expresión. Lembro que miña avoa a utilizaba con asiduidade. Incluso dicía tamén "darlle ó grelo", para referirse a cando se criticaba á xente.
E xa me mola tamén que me sintas vivo (de cintura para arriba incluso!! jajaja; que supoño que tamén ten que ter o seu mérito).
Alédame que che gustase a foto do fento ullán, sin cus de fondo, pero moi verderolo él...

Caracol: Tus comentarios en A Chousa siempre son bienvenidos, y lo sabes; pero en esta ocasión con mucha más relevancia.
Estais en el ojo del huracán de este tema y si a este lado del mundo se habla de forma contínua y reiterada del asunto, me imagino que en tu país las informaciones (y las intoxicaciones informativas) serán de todos los colores.
Me alegra que donde tu estás percibais esa calma que tu comentario denota y confío en que las consecuencias de este asunto -tanto sanitarias como económicas- sean lo más leves posible; cuestión que por otra parte así parece que va a ser, a tenor de como van evolucionando los acontecimientos.
Muchos besos (no todos los días una se puede sentir besada por un reprimido...) desde este lado del charco, en el que os sentimos siempre muy cerca.

vermella dixo...

Anda ca globalidade,crise mundial, virus mutantes e viaxeiros, medios de comunicación que alarman e gobernos que encargan antídotos....
Case estou por pensar que así nós distraen de pensar en outros problemiñas.
estiven enfermiña e non "navegueí" nada pero xa vexo que segues a non deixar indeferencia..........
E co "funcionario" no problem que decía miña nai: si te critican que te critiquen eu protexote...
bico sen represión.

Markesa Merteuil dixo...

Vermella...non repartas profilaxe que de seguro que todos (ou alomenos eu) pensamos no único.

Xa de postos... como vou de cabreo en cabreo porque marcan coa advertencia de contido a bloggers amigos... pois non sei se marcar tamén ó da Alcandra, que con tanto cú...

Na próxima visita á Lucus, poso de costas... :D

Paz Zeltia dixo...

E que o que non nos pasa a nos -falo de occidente- non pasa, non existe.
e nós< xa non estamos a salvo, estamos metidos na aldea global, queirámolo ou non, vivimos acojonados por turbantes sospeitosos, gases nos subterráneos, compostos radiactivos, elementos químicos mortíferos e indetectables polos detectoires dos perigros, avións suicidas, virus mutantes... corremos tantos riscos, nós, os bos...

busto.agolada dixo...

Tanta información, xa en exceso trae consigue a magnificación das cousas cotiáns e mesmo as irrelevantes. E padecemos o mal de andar envoltos na lingua e nas palabras que tanto encumbran como tollen. É o sino dos tempos e temos que apandar coas consecuencias, vivimos anticipadamente os acontecementos e incluso vivimos acontecementos que nunca alcanzarán a categoría de tal. É como se lles ensinásemos a ler aos non nacidos.
Basta xa de divagacións. Apertas e moitos saúdos.

Chousa da Alcandra dixo...

Vermella: Semella que esta primaveira ben cargadiña de virus para todos (influenciados polos cambios de temperatura, máis que nada). Dou por entendido que xa melloraches da tua doenza. Eu tamén ando tentando aclarar a voz a base de mucosan.
E, ainda que sexa de terra adentro, sei valorar os abrigos e proteccións dos portos amigos...

Bico sen viriase

Markesa Merteuil: Pois se me catalogan que sexa por algo, raio!. Xa preparo o obxectivo especial da miña cámara e pásome por Lvcvs axiña para coller esa pose.
Despois, unha vez metidos en sesión (fotográfica), tampouco imos desperdiciar outras; que agora co da dixitalización...todo sae moito mellor en costes.
Bicos mentras tanto.

Zeltia: Éche ben certo o que dis. Case todo quisque é sospeitoso de -polo menos- pensar facer algo malo, que atente contra os resabiados e resabidos occidentais que somos.
É o custe da dominación (suposta) e da altanería que nos gastamos cara un mundo cheiño de necesidades perentoriamente clamorosas.
Un día aprenderemos. Digo eu.
Non me quedas ti sin bico tampouco.

Busgo Agolada: Unha das estratexias para escarallar a un suposto contrincante nun xogo imaxinario é darlle información excesiva, abundantísima e innecesaria. Volverase tolo no medio dela e perderá un tempo magnífico, mentras nós (os malos) avanzamos cos peóns no taboleiro...
A ti douche unha aperta!

matrioska_verde dixo...

home, non sei, a verdade, ó final parece que a alarma foi excesiva pero mais vale prevenir que laiarse despois por non ter ben feito as cousas...

biquiños,

Cuspedepita dixo...

Do que din os medios só se pode crer o 25 %. Agora todo parece un circo.
Non penso que esta "pandemia" sexa peor que calquera gripe normal. Dame que había outros intereses detrás desta historia.
Informar e manipular van xuntos, para a nosa desgracia, e non sempre recoñecemos onde está a fronteira.

Chuchos

A Conxurada dixo...

Canta verdade en tan poucas liñas.

Un bico libre de bacterias e virus.

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Levas ben razón nas tuas palabras. Sempre é mellor prevenir que laiarse despois. Pero eu penso que tampouco é cousa de matar formigas a cañonazos.
Ti non tes a sensación de que ás veces resultan excesivamente esaxerados nas informacións?

Cuspedepita: Ti mercaras accións dos laboratorios eses do "tiramiflu"?. Eu xa che dixen que ía ser un pelotazo, pero ti non me fas caso e despois...a seguir "traballando"!.
Efectivamente os medios pretenten ir tanto por diante das cousas que ás veces penso que lles vai sair no plano o seu propio cu (como os pille o "Funcionario"...vailles meter caña tamén)

A Conxurada: Ás veces non logro a brevedade que desexo, Conxurada. Sempre tento sintetizar as miñas mensaxes, pero...non sempre acado esa capacidade.
En todo caso alédame que ti valorases ese intento meu.
Bicos tamén para ti.

mariano santiso dixo...

Gracias por tu visita. Me pasaré más despacio para leer tu blog, aunque lo que he leido me gusta.
No hay que olvidar que soy hijo de gallego,mi padre de monforte de Lemos)y por tanto soy gallego aunque no lo fale por haber nacido en Asturias, pero me gusta escuchar y leer el gallego.
Saludos

Chousa da Alcandra dixo...

Mariano Santiso: Todo un honor tenerte por a Chousa.
E xa que tes raices galegas (o teu apelido deume unha pista nese senso), falareiche tamén en galego. Disfrutei moito co pouquiño que probei na miña visita á tua bitácora, de xeito que espero que ti tamén atopes acougo agradábel na miña.

Unha aperta e benvido!

~pi dixo...

não vejo televisão

poucas notícias me interessam

( sou um bicho de conta

venho aqui

) gosto muito

como quem vai à horta! :)





beijo






~

Chousa da Alcandra dixo...

~pi: Como me gusta ese piropo!!.
Mágoa que non se poidan percibir os sabores a través do blog; senón engadiría uns tomatiños con leituga para facervos unha ensalada.
Moi intelixente non atender moito á caixa boba; que dende fai tempo xa, non di máis que parvadas!
Beijos fresquiños

Raposo dixo...

Si, a vida segue e nós attchííííss (perdón) con ela.
E, por certo, a min tamén me gustan os cús femeninos,e incluso algúns masculinos aínda que menos.
apertas sexuais.

Kim Basinguer dixo...

Morren mais mulleres maltratadas que persoas coa porca gripe quero dicir porcina.
Uns morren de fame e outros matan aos animais que lles salvaria a vida aos que pasan fame. Cousas de tolos.