Os sociólogos non chegan a un acordo para dilucidar os motivos que, de xeito maioritario, inducen a este "pasotismo" democrático.
Hai quen di que ten que ver coa orografía, coa idiosincrasia particular dos habitantes desta terra ou incluso opinan que se debe a unha escasa cultura democrática.
Eu diría, sobre todo a éstes últimos, que tamén pode ser que os cidadáns deste país empezamos a estar fartos de escoitar e ver sempre as mesmas landainas, mudando unicamente a tonalidade de quen as di ou de quen as executa.Hai quen di que ten que ver coa orografía, coa idiosincrasia particular dos habitantes desta terra ou incluso opinan que se debe a unha escasa cultura democrática.
Foto: A Toura -en dúas patas-, pedíndolle o voto á Gallarda
48 comentarios:
Pois si, neniño, si, eu son dese parecer.
Hoxe fun a un mitin e saín cabreada porque semella que os únicos planes que teñen é o acoso e derribo do contrario. Para nós nada. Nesas condicións a xente plantéxase se paga a pena poñer o traxe novo para saír da casa e votarlles.
Máis cando votación tras votación non se ve que as cousas cambien máis que para peor (falo do rural, e Galicia ten moito rural).
Ahhh, contoche unha anécdota:
Para rematar o mitin, pediusenos que non votemos a Feijoo "ata que os bois dean leite " jajaja.
Como imaxinarás houbo comentarios de todas as cores pola zona onde andaba eu. Alí estabamosche os mellores de cada casa, como imaxinarás ;-);-))e saimos rindo a escachar do salón de actos.
Houbo ata quen dixo que algo de leite ata daba el ("pouco, pro...")
Aí lle doe, Cuspe!!!
(E se me volves chamar neniño son capaz de escribir o post outras setenta veces, raio. Que me gustou moito!)
Certamente que non tiveron un momento moi afortunado co do leite do boi. Mellor que dixeran "ata que se poidan muxir as pitas!!!
Es que hoy en día no se te puede salir de casa, ni tan siquera a un parzamique. Fíjate tu que en ellos se habla de la leche de los bois y todo
Chuchos de Antas, con reministencias fonsagradois ainda...
Ha ha ha ha, ainda se pedisen o voto con eses arghumentos...
Non sei como fas para estar sempre no sitio adecuado no momento xusto. Digoo pola foto. Parabéns
Avelainha
Algunhas veces non é mala a abstención ;-)
Unha aperta.
Antón.
Pobre vaquita desubicada... acá a veces uno está más ubicado al abstenerse, sobre todo cuando piensas en dar tu voto al "menos peor". Pero bueno, creo que si no se vota, tampoco se tiene mucho derecho a exigir, no?
p.d. entendí bien? MANDA CARALLO!
unha aperta y ... biquiños!
Pues no se, pero creo que es tan sencillo como en la foto, acostumbrados a que se nos intenten subir a la chepa, nosotros ya ni nos inmutamos, ya que cansarán y se caerán por su propio peso. Nosotros mientras seguimos nuestra rutina de espantar moscas con el rabo.
Bicofletes ganadores!
Coma sempre, felicidades por esa foto...sempre estás no momento oportuno!!! O da clase política non ten xa calificativos....eu cada vez estou mais encabronada, pero hai que ir votar, desde logo. O das vacas e os bois...non sei, é que parece todo unha comedia bufa orquestrda por eles mesmos....
Biquiños!!!
P.D. : Por fin onte tiven o pracer de coñecer persoalmente á Markesa!!!
I en que circunstancias, Hadex, en que circunstancias. A cariña de susto que che quedou... :P
Estamos fartos de dicir que chove cando mexan por nós, e a abstención ten que ver con eso. No rural moitos maiores non teñen demasiados medios para achegarse ós colexios electorais, e total pra que, se nada cambia; e a mocidade está farta de que lle menten a crise como novidade cando a leva vivindo dende que se incorpou ó mercado laboral.
Avisa á Gallarda de que... o parto doe... case case como ver algunha actuación dalgún político ó que lle confiamos o voto.
Eu aparte de traballar en todas as eleccións, tamén voto, SEMPRE. Da igual, se o pensas ben, se votas ou non, porque unha vez no poder, todos os políticos son iguais, pero por intentalo que non quede.
Por certo, se te pareces ao anxeliño de Caracol, pasareis por Antas en canto poida para sacarche unha boa foto.
Siempre es mejor votar que no hacerlo, yo creo que eso puede significar que da igual que exista democracia o no...¿saludos democráticos?
Se eu fora socióloga, aforraría os cartos dun estudo coma ese. Basta con botarlle unha ollada á "clase" de "políticos" que temos.
O resto é a consecuencia.
Pois eu non creo que en Galiza se dea unha abstención mais alta que no resto de España. Por exemplo, en Sober nas últimas eleccións houbo unha participacion de 78%. E eso que está algo inflado o censo!
O que fai a Toura a min paréceme acoso. Eso pode rematar no xulgado!
Brrr... o tema dos políticos é algo que me fai sentir mal. Mal, de verdade. Non sei nin por donde empezar pero tentarei retomar o meu blog para dicir o que penso. Por certo, a abstención paréceme moi respetable aínda que se todos os que queremos abstenernos votásemos en branco quizais poderíamos conseguir que se falase do tema nos medios de comunicación.
bueno, pois eu voto; pero desta volta non teño ganas, algo terá que ver o cambio non visto... así que non compre andar lonxe dos cargos, dos nomes e das siglas para atopar algúns motivos de abstención.
mais votarei, inda que só sexa por agradecimento ás persoas que coñezo que se esforzan todo o ano, e tamén porque me invitaron a festa do bloque do sábado dia que o pasei moi ben.
:)
Hai que votar. Si ou si. Polo menos para honrar ós que loitaron por conseguilo (que xa é moita razón).
Bicos.
Penso que votar deberíamos votar todos, logo teríamos motivos para queixarnos. Un que non exerce ó seu dereito ó voto, non debería nin abrir a boca.
Pero hai outra solución moi difícil de conseguir, sería unha abstención maioritaria, co cal anulasen as eleccións. Así todolos políticos daríanse conta que algo (ou moito) fan mal.
O de que se acusen uns a outros nos mitines, ata un punto é normal, o que fastidia máis é cando o fan nos parlamentos. Están máis preocupados de ridiculizar ó contario que de arranxar algo.
Unha mágoa, pero é así.
Os galleguiños sois unos pasotas?, pues si es así, me encantas los pasotas, pero tal vez tengas razón, ya termina uno harto de hacerles el juego, al final siempre te la meten, en el peor sentido, con perdón.
Biquiños, Chousita.
Con independencia das accións dos gobernos, a min moléstanme as obviedades e sandeces que se escoitan nos mitins e na publicidade electoral. Ramatamos cansos de escoitar parvadas e de medir as enormes distancias que van dos ditos aos feitos. Por iso non vou aos mitins nin escoito debates. Enfastíanme.
Pero votar, sempre polo menos malo. Alguén ten que gobernar.
Apertas.
Bem falado. Pero finalmente verémonos no colexio electoral coma sempre!
Agora que o da foto ten o seu puntazo he.
Eu nom sei se que lles pasa as vacas de Antas, pero mesmo semelha que che se ponhen todas diante de ti facendo devanadas.
Saúdos e saúde companheiro
Carlosm
Jejeje mui boa la foto, como sempre. E moi oketal para o caso xa que os politicos o que queren e montarse encima de nos e despois que os carrexemos durante 4 anos.
Moitos saludos de un fillo de Antas de Ulla na emigración na Catalunya que te sigue con asiduidad ainda que non diga nada.
C.
Tamén podemos votar en Branco.
Os galegos sómosche así. A resignación e a falta de protesta é unha parte importante da nosa idiosincrasia. E o silencio, salvo aquel rum rum da miña avoa rifando coas galiñas cada mañán..., como se fosen as únicas que lle facían caso. E a falta de iniciativa...
Pero temos outras cousas que son moi boas para compensar ¿non sí?
jajaja mirade que ben bota a toura recorcio
Lee o meu blog.
(despois de leelo, digoche: un menos).
(menos outros os que non voto nin que me arrinquen a man e leven o voto prendido)
(menos outros que secuestran ancians pa levalos a Portugal, paran polo camiño e lle soltan a parrafada)
(ostias!, que me quedo sin ninguen a quen votar!)
(Estou vivo.... creo).
Apertas.
bela e singular ilustração
fotográfica
da classe supra-citada :)
[ pessoalmente não consigo
ouvi-los nem lê-los,
aos políticos,
em nenhum tom,
~
quizá a soluzom é entrar lá para poder mudar todo... com as propostas de vivenda que pusses-te no blogue e de mudanzas sociais o meu voto já o tinhas seguro...
beijos
As vacas de Antas ándanche de un salido de moito carallo! Terra quente, si señor.
Aos nosos políticos pedímoslles que fagan moito máis e de xeito distinto... e en 4 anos só demos pasado do negro ao gris. A ver se a este fin de inverno conseguimos poñerlle algunha cor, e que esa cor nos aporte o que tanto desexamos.
Votar debemos votar. Aínda que se mollaron pouco e non sempre ben, vaiche boa a diferenza entre uns e os outros. Se algún ten dúbidas, que lea a Voz de Galicia unha semaniña enteira e verá claramente algunhas cousas positivas que si fixeron e canto lles doe. Creo que é un bo indicador para nós: posto a parir pola Voz = traballo ben feito. As excepcións a esta regra son poucas, aínda que doian de carallo.
Eu non penso ficar na casa...teño medo de que volte a Longa noite de pedra.
Eu sempre voteí,sempre escollín un entre os demáis,sempre collía a miña papeleta con orgullo,sempre o día das eleccións era un motivo de alegría pero o domingo fareime eco daquel eslogan "salta,non votes".
xa non teño gañas de que me pidan o voto como á gallarda.
estou decepcionada.
bicos.
A foto e o teu comentario sobre ela dino todo. Para min a abstención non denota pasotismo, denota máis ben todo o contrario.
en fin...vermos que ocorre...bicos.
O desengaño e a frustración da xente é a causa maior. O perfil do político está queimando moitas ilusións e xente nova que aporte novos bríos cara a un maior compromiso non hai. A maioría dos políticos xa chegan á política coa intención alevosa de aproveitarse e pouco máis.
Un aperta e cañá ao mono.
A min gústanme longas e de pedra, pero somentes na troula, por iso hai que votar!!
Eu estou dacordo en que as landainas, como dis ti, son unha das principais causas da baixa participación, pero creo que non é a única.
O da pouca cultura democrática tamén me parece importante, é coma se tivesemos medo de votar outra cousa que non sexan os tres de sempre: BNG, PSOE e PP. Decateime estas eleccións, cando tiven que decidirme polo voto útil (por correo, xa sabes) porque se non o meu voto de cabeza iría a parar a ningures: non serviría absolutamente para nada porque non nos atrevemos a votar o que queremos. E eu desta vez caín no xogo...
Xa no derradeiro día de campaña electoral, para non ter que decilo en xornada de reflexión, quero dicir e digo (manda carallo!), que a pesar de todos os pesares e sen desdecir nadiña; o domingo Chousa -coma sempre- irá votar. Como non podía ser doutro xeito.
Non veu a Toura pedirme o voto; pero...irei igualmente!
A min non me gustan ningún dos tres. Inda así, conciencia democrática teño e achegareime ás urnas. Un saúdo.
xenial, as seis estaremos a escoitar a radio entón. Esa é a hora a que de bemos facer tamén nos ó sorteo?
Bicos
Senda, será un pracer que esteñades atentos á radio; pero o sorteo...cada quén faino como lle peta. Así que ti elixe o teu xeito de facelo; eso sí: se podes facer chanchullo, e as volandeiras veñen para Antas...caralludo!!!
Ups, que me din que en xornada de reflexión non se pode facer campaña!. Tócalle os testos...
Despois de 19 minutos, por fin oimos a voz de Chousa.........
Que ben soas, non aparentas nervios nin nada.
Si señor, dame sorte.
dalle co do centro xeográfico de galicia!!!!!
A saber cantas veces o dixeches home.
jaja
GAÑEIIIIIIIIIIIIIIII!!!!!!!!!!!!!!1
Gracias, gracias, gracias.........ainda encima en directo e na radio.......calquera ha de pensar que che paguei ou que che sobornei, jajaja
Como que han pensar que me sobornaches? E logo xa non te lembras ou qué???? jajajaja.
Noraboa!!!
Noraboa para Artabria! (dijo eu que podia ir comer a tortilla o día que che chegue o queixo e o pan de antas! -seino, son unha envidiosa, quero todo para min-)
Chousa, ó final non puiden escoitar a radio, tiven que saír, deixei a páxina aberta, todo preparado, pero cheguei de volta e xa rematara, i eu coa língua fora :(
seguro que saiu todo ben, ainda que co pequeno fallo de que non fun eu a agraciada (pero non me podo queixar! xa me tocou a tortilla de betanzos no blog de artabria!)
Pois o que te perdiches, Zeltia!!!. Ata cantei unha xota e todo...Así que se mañán chove, xa sabes ;-)
(Supoño que un día destes colgarán o arquivo do programa no blog de Semprengalicia).
Carlos Sousa Vou ver o teu sorteo a ver se me tocou a min o teu, que o meu...xa ves que se foi para A Coruña.
Carallo. Vaia poder de conviccion que ten o xato.
Saudos
Publicar un comentario