Comparar case sempre comporta odiosos resultados. A reivindicación do único e do diferente resulta faciliño de defender e de sentencia doadamente favorable.
Unicamente as licencias poéticas permiten alegatos de confrontación semántica con un mínimo de posibilidade exitosa. Por elo hoxe revélome coa osadía necesaria para poñerlle imaxe a un día da semán.
Que prodixiosa resulta a natureza, que ainda con folgas, crises, desaceleracións e dificultades de abastecemento, é capaz de agasallarnos os sentidos con tanta voluptuosidade, colorido e suma beleza!.
Que prodixiosa resulta a natureza, que ainda con folgas, crises, desaceleracións e dificultades de abastecemento, é capaz de agasallarnos os sentidos con tanta voluptuosidade, colorido e suma beleza!.
Foto: Venres en Antas. (Que ben escoltado está o capullo)
29 comentarios:
si, por desgraza hai moito capullo moi ben escoltado ou acompoñado.
ironías da vida, está claro...
a foto preciosa realmente.
Volveches a tua vena poetico-floral, Chousa.
A min gústanme mais os sabados, pero boeno vou aceptar esa imaxe para o venres á tarde.
A foto efectivamente resulta ben intensa. Tes bo ollo para captar a natureza
todos os capullos teñen moita sorte
Fermoso venres de rosas.
Beijos mil
Gostei do post e a flor é bela.
Feliz fim de semana.
Encántanme os vernes, o segundo millor día da semana. Feliz finde. Unha aperta.
Sí, e que á naturaleza, as nosas estupideces importanlle un carallo.
Se estamos a furar na terra para extraer en 150 anos o que lle custou a ela millons facer... e agora que se acaba...
lará lará llegó el comandante y mandó a parar"
non temos mais que o que nos buscamos, neste caso non se lle pode botar a culpa a mal fado ningún!
Viña comentar algo pero adiantouseme Zeltia. En resumo quería dicir que a natureza sófrenos como pode, pero pasa moito de nós e das nosas teimas, por fortuna.
Boa comparación entre o recendo da roseira e a esperanza de dous días felices por diante que nos trae o venres.
Chuchiños
Ojalá todos los capullos se transformaran en bellas flores, pero tantos se pudren antes de abrirse... pero a igualdad de condiciones: el tiempo pasado, la cantidad de agua y luz recibidos, unos nos abrimos y otros quedamos cerrados siendo proyectos de lo que pudimos ser.
¿qué le falta a este capullo para ser flor? Quizá espera al sábado... al domingo... será flor de miércoles?
Besos de fin de semana!
Animádevos a presentar as vosas fotografías (ou videos) ao Concurso que organiza Vieiros "Unha imaxe para o galego".
Debaixo do reloxo que indica "a hora en Antas" déixovos un link de acceso directo ás bases.
Pois vouno mirar, eso do concurso..
Boa foto. Sempre ben abastecidos os nosos ollos.
Ai, agora que no mercado non hai moita leituga.. Teremos que plantar na leira. Teño que falar coa miña nai para ver se entre as dúas facemos algo pola vida, que esto estase a por moi raro...
Un camión de bicos... ui, non, mellor mándoche un voador, non vaia ser que non te cheguen.
Eu non son de fotos, pero seguirei o camiño que marcas no link.
Mentres teñan auga e terra, xa poden parar os camions, que as plantas seguen medrando... e non van co carriño o hiper para amasar grandes cantidades de viveres por si hai desabastecemento, provocando con iso... ¿desabastecemento?...
Contrariedades.
Apertas domingueiras.
Ás veces un bota de menos adicarse ao de cada un sin preocuparse polo que fan, dicen, omiten, etc, os demais.
Iso é o que fai a natureza en xeral, e a flor da foto en particular.
Todos decimos que a natureza é sabia. ¡Por algo será!.
Saudos Chousa.
A foto é preciosa, coma todas as que nos tes acostumados a ver por aquí :)
Xa nos contarás cando por fin se abra o capullo, a ver que pasa con el jejeje
Apertas!
Pois hoxe xa é luns e non vexo que lle poñas foto. Seguramente un toxo viría ben para este día.
Saú2
Non hai día malo en toda a semana. Se tivésemos a posibilidade de suprimir un día sa semana ¡que sería o ousado que desprezaría dese xeito a sétima parte da súa vida! Todos os días son bos. Eu teño os venres moi agradables e máis se consigo saír na bici ou enredar noutras arelas que me distraen. Entendo aos que teñen que traballar dez ou doce horas e non dispoñen de tempo libre. Pero dese xeito é insufrible calquera outro día.
O venres é a antesala da fin de semana, esa porta de liberdade que moitos saben abrir con coidado.
Amigo Chousa sei que se cho piden es capaz de poñer unha flor para cada día da semana. Para que a vida teña un recendo natural e as cores se presenten co encanto dun veludo vexetal fesco e suave.
A ver se despois desta semana ando con algo máis de tempo para deixar comentarios nesta túa Chousa.
A ver Chousa, xogas con ventaxe e facendo trampas.....
Craro o venres a rosa. ¡Non che jode¡, e ¿o Luns, que poñes,,,un crisantemo?. Porque eu os luns ...sintoo pero non estou para ninguen, nin festas, nin farrapos de gaitas....
VEña unha aperta,
boas fotos. supoño q seras vexetariano
Pois, sin dicir aquelo de que "como de todo" (ainda teño certos remilgos); penso que estou máis perto dos omnívoros.
Finalmente a foto tamén campeou, como xa houbo quen dixo, o luns e o martes; por non engadir que foi bandeira do domingo e mailo sábado...
e logo como foi que non lle adicaches un post a foto dos "sete estalos"?
Reincidente
Viña eu decirche que me encantou a foto e o títtulo dos sete estalos, xa que agora están os camiños todos (polo que podo ver cando escapo do asfalto) cheíños de digitales, e o outro día estiven a recordar a vella técnica (que pensaba esquecida, pero non!) de facelos estalar.
(Estou contrariada porque non consigo lembrar coma lle chamaba eu de pequena)
ah e gracias polo aviso do concurso, a ver se teño tempo de ir fisgar.
polo de agora a natureza non se pon en folga pero todo se andará.....
as roseiras nestas datas están preciosas,esta túa arrecende dende tan lonxe.
bico.
Pois eu coido que a hoxe mercores hai que darlle un sentido de "corte". Cortamo-la seman laboral polo medio chegando xa ao fin de seman.
E o dia ideal, como non, para cortar a herba do xardin e suar un chisquiño.
A foto para o mercores pona ti Chousa.... se che parece.
Saudos
Moi boa foto.
Polo que vexo Chousa, es un omnívoro romántico ;-)
A min tamén me gustan moito as flores.
Zeltia, pode ser que as flores que facías estalar eran "os chopos"?
Saúdos.
Antón.
Absolutamente, Antón. Din que hai que come ensaladas de pétalos. Eu penso que me gustan tanto que non os vou dar comido...
(Alédame ver que oficializaches o do "sangue azul"...)
Chousa, o do "sangue azul" foi moito para min... qué queres dicir?
Só teño algunha sospeita ;-)
Unha aperta.
Antón.
antón de muros, preguntei na miña aldea, que é na comarca do deza, e dixeronme que lle chamaban croques, pero os que eran rapaces canda min chamabamoslle "dedales".
Gracias polo compartir (no meu e aquí nesta chousa :D )
Aquí (cerquiña do Deza, no berce do Ulla, chamámoslles tamén dedales; ainda que preferentemente "estalos". Non sabía que Zeltia fose tan veciña miña...
Co de sangue azul, Antón, estábame a referir ao feito de que o teu nome xa sae en azul cando comentas. ;-)
Ahhhhhhh!
Gracias pola explicación, Chousa :-)
Por certo, que o pasedes moi ben no Folk-Antas ;-)
Unha aperta.
Antón.
Publicar un comentario