sábado, 5 de xaneiro de 2008

Pasarelas

O grao de sofisticación que acadou a nosa sociedade abrangue tantos ámbitos como actividades desenvolvemos. Semella que xa temos suficientemente cubertas tantas necesidades que adicámonos a rizar rizos coma quén cardaba no liño.
Pero nun dos "artes" que máis despuntamos -ó meu xuizo chegando a límites do absurdo que nin a Ionesco se lle ocurrirían- é no denominado mundo da pasarela. Famosísimas persoas que responden a uns canons da beleza enlatados e fabricados polos gurús da moda, pasean unhas creacións absolutamente ridículas e das que todos nos preguntamos; "e quen raio poñerá iso?".
E amósano en Paris, en Milán ou en Madrid diante do seu anonadado público coa mesma gallardía que fai o galo da foto na palleira de Vilasión diante das pitas do seu harem.
Manda carallo!

33 comentarios:

Son Unha Xoaniña dixo...

O do mundo da moda e as modelos, millor non falar, quén poñerá iso non so polo estrambótico das vestimentas senón pola minitalla que é imposible.
Pero a min gústame o teu galo, debe ser un pracer velo desfilar entre as pitas do seu poleiro.
Unha aperta.

Unknown dixo...

Eu opino o mesmo que Rifo I. As tallas de merda que te atopas nos comercios son a leche. E xa non digamos o do SUBmundo da pasarela, en que aínda sobreviven os cánones imposibles dos campos de exterminio. Se as mulleres "temos" que ser así, prefiro me trague o mar. E me cuspa cando só sexa ósos brillantes.
Así cumprirei as normas dos diseñadores sexualmente reprimidos que nunca poderán ter uns peitos turxentes como os meus, nin unhas cadeiras estupendas para a preñez como as miñas, nin nada do que a feminidade significa.

Creo que queda todo bastante claro. :)

busto.agolada dixo...

O mundo da pasarela é a máxima expresión da banalidade e do insubstancial das moitas facetas que nos toca padecer nesta época. Eu dese mundo das pasarelas prefiro engadirlle un D e así quedaría en PASAR-D-ELAS.
O galo luciría nun desfile de moda tanto como algún dos modelos que aparecen.
Algo que me sorprende enormemente é que os telexornais da televisión recollan estes actos como algo noticiable.
Apertas.

Markesa Merteuil dixo...

O noticiable é, dende logo, o feito de que as vítimas da pasarela pasan fame pola fama, e non me refiro unicamente ás modelos, que as pobres non deben gañar un peso, porque nin pra comer teñen; refírome ás pobres vítimas da sociedade que pensan que é máis importante a delgadez extrema que unha educación na igualdade e que unha cultura mínima para poder moverse polo mundo con tolerancia cara o alleo que tanto nos inqueda de cando en vez.
É obsceno ver modelos famélicas coa de famentos que hai polo mundo. Dentro de pouco morrer coa fame vai convertirse en virtude.
En canto o galo... está de bon ver... sin un gramo de graxa. Será que ten ben atendidas ás pitas.

Evinchi dixo...

Vexo que a túa modelo, sigue os canons. O é unha poliña moi xoven, ou non ten o índice de masa corporal axeitado para unha galiña poñedora. ;)))))

Bicos.

Druid dixo...

Quedome con galo e cas galiñas
polo menos ten donde incarlle o dente... co que desfila nas pasarelas igual acabas cun oso atrancado na gorxa.

Paz Zeltia dixo...

Pois eu vin unha reportaxe que falaban precisamente de "quen pon esa roupa" E parece ser que non a pon ninguén! Son creaciòns que fai o artista-deseñador para lucirse na pasarela. Ali van famosos -que casi nunca compran- e menos famosas-os que van con invitación rigurosa, persoas que puseen as maiores fortunas do mundo. Elas -case sempre elas- miran toman nota, imaxinan, ise modelo gústame con isto mais longo eaquilo mais curto, e sen ese escote e con outra caida, etc. etc. falan cara a cara por horas co "artista" que lle manda os seus modistos e modistas a casa da rica, donde en interminabeis sesións proban fan e desfán, ponse un taller enteiro a funcionar e sae...¡unha peza única, ningún igual ca outro! eses vestidos ou traxes poden valr dende 6.000 euros a moitisimos mais miles. Alguns gardanse en armarios-caixas fortes, e utilizanse únicamente unha vez. Quedei abraida. Casi ninguén coñece a esas mulleres, casi todas con certa edade, que se moven en circulos mois reducidos e elitistas que quedan fora da imaxinación de nos, os humans.

Mararía dixo...

¡Menudo galo! ¡Qué gallardo! Jajjajaj.

Secundo lo de Zeltia, yo también escuché alguna vez algo de eso que cuenta.

El resto nos vemos todos los domingos en Zara. Jajjaja.

Quoyan Hayel dixo...

O problema está en separar a beleza e o arte de crear moda do público destinado a tal fin, e peor aínda, querer facelo.
Semella que a muller a partir da talla 38 deixa de ser fermosa e feminina e os homes sen vai ti saber cantos abdominais non son atractivos, Xesús, co que nos gusta presumir de seres racionais...
En fin, o problema non é só dos catro animais que abogan pola anorexia como prototipo de fermosura (que manda carallo) senon dos que se empecinan en facerlles caso.

En fin,apertas fora de talle :D

Angel Utrera dixo...

A estupidez humana non ten limites.
Tratase de batir e acadar un novo record, sempre mais ala da intelixencia. Como fai o galo, para perdurarse no tempo unha nova camada de pitos.
Os das paserelas, o que pretenden é vivir de nos......

Evinchi dixo...

¿antas de ulla?, iso por donde cae¿¿¿

E que a miña aldea por parte de pai, é cerquiña da Estrada.

marisa dixo...

Me gustaría un día ver un pase de modelos con ropa de la que me pongo para trabajr o para slir y poder decir:uy, eso me lo pillo.. pero neng, esos sombreros...esos tacones... esas caras tapadas.. pa meterse una ostia a la entrada de la Plataforma..

Pau dixo...

Pero esto xa ven de fai moitos anos, ou non vos acordades dos anos 80 e as fantasticas creacions de Aghata Ruiz de la Prada e as suas farolas na cachola

Anónimo dixo...

Yo a las modelos no las critico. Yo misma si hubiera tenido la oportunidad, desfilaría. Les pagan un montón por hacer en mi opinión poco (ya que no podemos entrar en el fútbol profesional o la F1...). Eso sí, no veo bien que desfilen niñas y programas como supermodelo me dan pena.
Lo que no entiendo es lo que pretenden los diseñadores.

pitima dixo...

Como modelos eu prefiro os kikos... pequenos pero moitísimo máis xeitosos. Sempre recordarei aquela parella que tiña a miña nai.. que guapos eran.. jajaja, e aquel kikiño, pequeno pero máis chulo, enchido de sí mesmo, peito en diante, mentras a kika presumía orgullosa de parella... jes. E inda por riba criaban como coellos.. unha maravilla.
As pasarelas son un pouco como exposición de arte, de expresión artística, pero non se pode tomar como modelos a seguir pola xente "normal". Penso que hai que velo coma un cuadro...
Eu as tendencias encóntroas noutros sitios: nos escaparates, nas rúas, nas xentes... como a maioría.

Markesa Merteuil dixo...

Evinchi, como vexo que Chousa aínda non se conectou, contéstoche eu. Está na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo, moi preto de Melide, na estrada que une Lugo con Santiago. E ten, dende lugares tan poéticos coma Castro de Amarante, co seu pazo, ata petroglifos alí nun monte, moi cerquiña da capitalidade do municipio.

Na comarca da Ulloa tamén merecen unha visita Monterroso (que presume de mercados) e Palas de Rei (onde está o castelo e o balneario de Pambre, e Vilar de Donas, unha impresionante igrexa que no medievo estivo ligada ós cabaleiros de Santiago e ós hospitaleiros que atendían ós peregrinos. Que me corrixa Chousa, en todo caso, que coñece mellor a zona que eu).

A comarca da Ulloa, amais, é ben coñecida polos seus queixos, pertencentes á denonimación de orixe protexida Arzúa-Ulloa. Podes atopalos no Corte Inglés, creo.

Un biquiño, wapa. E... Chousa... perdoe a miña desconsideración de non esperar a que fose vostede quen contestara, e máis tendo en conta que nin son da zona nin a coñezo o que me gostaría.

Evinchi dixo...

Moitas gracias, marquesiña (que non marquesita, esas son as de biscoito). Non tiña nin idea, inda que fixen algunha vez ise recorrido, cando vivía en santiago para ir ó san froilán.

Respecto os queixos.....morro polos queixos, e os galegos son o súmum. ¿ o corte inglés????. Os de súpermercado non teñen nin sabor, son todo cera de fábrica, eu gosto dos queixos de colmado ou mercado, que venden as señoriñas con pañoleta. Teño un na neveira. Mmmmmmmmmmm. Cato uns catro o ano, pero como saben....

;) bicos as dúas.

Suso Lista dixo...

O ser diferente é o que ten, que se enseña un pra que o vexan; pero no mar os que son así, duran pouco. No mar pra sobrevivir hai que pasar uiinadvertido ou ser igual ca millóns de conxéneres todos xuntiños

Odele Souza dixo...

Você tem razão. As modelos usam umas roupas tão ridículas que nós comuns mortais, jamais teríamos coragem de sair às ruas usando aquilo (risas).

Te deixo um abraço e o desejo de um excelente 2008.

BK dixo...

Pois si que parecen galiñas certas modelos, sobre todo porque as súas lindas patiñas son tan esqueleticas coma as do animal.

vermella dixo...

A dictadura da moda ten os seus adeptos que non deixan de ser persoas vacías e plaxios esperpénticos dos modelos.
Para cando unha pasarela con "galiñas de Mos",no seu peso,con muslos pretos e peitugas bondadosas..........

Lapis-vermello dixo...

Si agora é todo unha modernidade. Unhas ensínan o cú, outras.... bueno para especificar moitas cousas que noon deberían ensinar. A min cando hai unha de esas pola tele, ala cambio de canle, aínda que sexa para as noticias. Moitos saúdos

Anónimo dixo...

Non me gustan as galiñas, téñolles pavor desde pequena. Tampouco as mulleres que comen coma elas, uns poucos grans ao día, para poder lucir os ósos polas pasarelas.
Un saúdo, Chousa!!

caracol dixo...

... y que significa "Manda carallo"?

Anónimo dixo...

ja, ja, ja ... explica chousa, que quero rir un rato!

Unknown dixo...

a moda inventouse pra que os que non teñen criterio propio, se asemellen aos outros, logo evolucionou y ainda que non queiras ir a moda, telo complicado,non hay moito onde elixir e agora impoñen canones de beleza por medio de campañas onde a xente identifica cousas como o glamour ou o tipiño ou a delgadez en obxectivos a imitar, cando pasara con xente que realmente merezca a pena ser imitada, non envexada....
bicos frescos de pirncipio de ano e apertas das de sempre

Chousa da Alcandra dixo...

Pois antes de nada, respostarlle a Caracol, para que se ria o anónimo:
La expresión "manda carallo", típica de la lengua galega, alude a la manifestación de sorpresa y/o incredulidad ante situaciones o hechos que pueden resultarnos ridículos, asombrosos o magníficos. Con este recurso lingüístico le damos más énfasis y expresividad a esa situación o hecho del que hablaba.
Ojito con usarlas por separado; ya que truecan completamente su sifnificado. "Manda" sería la 3ª persona del verbo mandar y "carallo"...tiene un amplísimo espectro de acepciones, siendo una de ellas la referente al órgano sexual masculino.

Pode valer ou?

Chousa da Alcandra dixo...

E ademáis de agradecervos os comentarios e dar a benvida a quenes se manifestaron por vez primeira na Chousa; tamén teño que agradecer á Markesa Merteuil a sua perfecta resposta á pregunta sobre Antas de Ulla.
Non se lle pode correxir nin unha letriña; pero eu -como "antullano" enfervorizado- engado, por ubicar un chisquiño máis o municipio, que estamos no Centro Xeográfico de Galiza e, por acompañar os nosos magníficos queixos da Ulloa, manifesto tamén a extraordinaria sona que ten o Pan de Antas.

teresa g. dixo...

Arte?! :)

Sobre a última expressão: A Galiza é mesmo parecida com o norte de Portugal! No norte usam-se com muito mais facilidade esses termos, na minha zona já não tanto, e rimo-nos com a facilidade com que os usam no norte! E agora achei piada! :)

Bom ano!

Ángeles Mallo dixo...

Creo que todas esas creacións para o único que serven e para alimentalo enorme ego dos seus creadores. Eu quédome có galo. U bico

Paz Zeltia dixo...

Me parece recordar que ós galos que teñen o pescozo pelado se lle da un nome... galo nonseiqué. Non o saberás tí.?

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: pois non sei se teñen un nome específico. Aquí, que somos moi descriptivos, chamámoslles "pitas/galos do pescozo pelado". Así e todo despertaches a miña curiosidade. Hei preguntar...

Paz Zeltia dixo...

Pois se te enteras dimo!
pode ser que non fose "galo non sei qué"
se non "pito non sei qué"
¿pito serodio? jajaja