Fálase de que as persoas debemos controlar (eufemismo de reprimir) non somente os instintos; se non tamén determinadas emocións. Sobre todo publicamente, seica non se debe amosar a reacción máis íntima do ser humán a través de linguaxe corporal e/ou expresivo diante de circunstancias e acontecementos que nos afectan.
Non quero entrar en valoracións de xénero, pero como exemplo ilustrativo pode valer aquelo de que "os homes non choran". Pois vaia carallada!.
Negar ese magnífico recurso de dar fluidez a emisión de sensacións emocionais mediante as bágoas é tanto como negar a natureza do ser en sí mesmo.
Ata os toxos, que no xaneiro ocultan as suas punzantes espiñas co intenso marelear da chorima, cando lles peta choran; como non vou bagoar eu que son tremendamente máis doce que un toxo!
Non quero entrar en valoracións de xénero, pero como exemplo ilustrativo pode valer aquelo de que "os homes non choran". Pois vaia carallada!.
Negar ese magnífico recurso de dar fluidez a emisión de sensacións emocionais mediante as bágoas é tanto como negar a natureza do ser en sí mesmo.
Ata os toxos, que no xaneiro ocultan as suas punzantes espiñas co intenso marelear da chorima, cando lles peta choran; como non vou bagoar eu que son tremendamente máis doce que un toxo!
Foto: Entre Vilapoupre en Antas, pola carretera de Alvidrón.
26 comentarios:
Tes razón ao reclamar ese dereito. E a min pareceume hai uns días que efectivamente eras menos espiñento ca os toxos. Só che quero engadir que cando teñas que chorar sexa por un motivo de felicidade ou de emoción.
Os homes claro que choramos, anque socialmente existan prexuízos ao respecto.
Unha aperta.
Co que me gusta a min chorar a gusto nas pelis, ou mesmo chorar de ledicia, que ten unhas connotacións ben diferentes que as de chorar de tristura. Ou sexa que hai bágoas para os diferentes xeitos de chorar. Ademáis é bo para a alma, se os homen non choran, pior para eles que non serán quen de liberarse deses sentimentos e ficaranlle dentro mancándoos ainda máis.
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my site, it is about the CresceNet, I hope you enjoy. The address is http://www.provedorcrescenet.com . A hug.
Pois xa ves, a Hillary Clinton as bágoas estanlle a salvar a candidatura. (Parece que ten que ver con que os que están no poder deben aparentar ser persoas humanas)
Pessoalmente eu acho uma espidez, essa coisa de que os homens não choram. Se a natureza lhes deu os sacos lacrimais não foi para enfeite.
Depois nada nem ninguém deve reprimir as suas mágoas e as suas emoções.
Um abraço
Miña nai sempre decía:namórate dun home que chore,se non chora non é un home..........
saúdos e que foto tan bonita!
A mi me encanta chorar. é bo para a alma, para a canditatura y para la piel.
Creo que es el post que más he comprendido =)
y me gustó. un beso.
Temos a creencia de que chorar amosa as nosas debilidades
Gustaríame deshidratarme de tanto chorar de alegría.
Tremendamente mais doce que un toxo?? Tiñas que por o listón un pouquiño máis alto....
bonita posta en escea da chorima co feito de chorar.
ers moi habilidoso coa fala eh
un bikiño
chorona me chamaba miña nai cando era nena, e certamente sego a chorar por moitas cousas... por cousas que me gustan e por outras que me disgustan, pero cando choro, as veces, decatome de que estou viva
Mágoa dos homes que non choran xamais.
Non sei quen dicía que unha persoa que non chora é como un deserto non que non cae unha gota de auga, só crea serpes.
Un bico con sabor a doce de leita para Chousa de Alcandra.
Con la sensibilidad que muestras en este blog es coherente que defiendas el derecho a llorar.
Este pais es muy machista y siempre se dieron por sentadas cosas que no son realidad.Llorar es bueno para los seres humanos (y tambien para los "toxos").
Saludos y perdon por no escribir en gallego.
Javi
Gracias pola túa explicación,agora estou traballando pero faréino si son quen este fin de semana.
déboche unha............
Nos intres en que choramos sexa por ben ou por menos ben, estamos a sentir, a condición de humanos e a capacidade de sentir non ven dada polo noso xénero, ata haí podíamos chegar.O de que os homes non choran de seguro que saiu da boca dun deses cromagnóns que todavía existen. Un bico.
A sociedade machista onde vivemos é prejudicial para as mulheres, mas também para os homens!Bom fim de semana!
Reprimir sentimentos e emoções é anti-natura. Eu não sou capaz.
Bom fim de semana
Um abraço
A capacidade de chorar é un don, non quero nin pensar qué sería de nós sin as bágoas (nin qué sería de Hillary).
Un saúdo (a foto coma sempre, fermosa).
Tes moita razón, índa, que hay xente que non expresa a dor chorando. Teñen outros canais. Eu que son chorona, non o entendía. O meu marido non chora nunca, pero non por ser home, nin porque se aguante, él canaliza a dor doutras maneiras. Tamén e respeitabel, ser así. Agora, as imposicións por sexo, o culturais, abaixo con elas. Cada un que faga o que lle saia de dentro. Vamos, o que lle pida o corpo. E ó que non lle guste, que non mire.
Biquiños.
temos que rir cando apeteza...
temos que chorar cando o vexamos necesario....
o contrario e enganarnos a nos mesmos i enganar a quen temos fronte a nos....
hipocresia ou mentira...
voume chorando mentres rio....¿ou rio mentres choro?...
unha aperta.
TAMBIÉN ESTAMOS LAS QUE NOS PASAMOS... a ver, yo es que no me reprimo ... si me dan ganas de llorar lloro, pero cdo me da por reír... hasta me echan de los sitios, me dan unos ataques de esos que se contagian y no paro y no paro... ala, a soltar emociones!!
non me digas que os montes están tinguidos do amarillo das floriñas dos toxos!!! i eu aqui, no medio do cemento sin enterarme! teño que ir mergullarme no medio do monte ou perdereime toda isa beleza!
Das bagoas non falo, debe ser tan duro ter reprimido tanto dentro ata chegar a secar esas pequenas fontes por onde se derreten as emocions...
Lembráchesme aquela canción de Miguel Bosé... "los chicos no lloran, tienen que pelear..."
A min os homes sempre me gustaron sensibles, artistas... e que sepan botar unha lagrimiña se cómpre facelo. As lágrimas fanche máis forte (eso tamén o canta alguén por ahí...jajajaja, eu sempre co cancioneiro nos sesos...jeje)
Bicos amigo Chousa, tí que es sensible e sabes chorar...
Bicos.
Es máis doce que un toxo? Pois dou fe de que hai moitos homes e mulleres que son bastante máis espiñosos que o toxo, que o toxo alomenos ten flor. Co cal, ser máis doce que un toxo é unha característica moi a ter en conta.
Publicar un comentario